8 de junho de 2010

O tema non é se hai motivos para unha folga xeral

Xoán Hermida

As folgas xerais, a diferenza das folgas de sector ou de empresa, teñen un claro contido político que a ninguén se lle escapa. Nin tan siquera as centrais sindicais que non revisan a súa misión desde os inicios do século XX.

O goberno de Felipe González tivo que soportar un par de elas de alta intensidade, cando as centrais sindicais aínda eran instrumentos de mobilización e representantes do conxunto de clase e non meras xerencias de xestión de servizos ou no mellor dos casos representantes dun sector concreto de clase, fundamentalmente persoal das administracións e traballadores de grandes empresas.

A única folga xeral que soportou o goberno de Jose María Aznar xa foi unha folga máis light, con menor impacto social e sobre todo con contidos políticos moito máis rebaixados.

En plena crise sistémica, e cunhas centrais sindicais insertas no sistema, a resposta das mesmas ten sido totalmente ridícula ata o momento e a partir de agora, cando estamos na fase non das causas (etapa na que os gobernos refinanciaron a economía dos poderosos e “refundaron” o capitalismo) senón das consecuencias (recortes de dereitos laborais e sociais) todo apunta a que a resposta vai ser unicamente para cubrir o expediente.

Por suposto que hai motivos para unha e mesmo para varias folgas xerais. Pero esa non é a cuestión.

Inseridos como estamos nunha crise global a resposta da esquerda en xeral e das centrais sindicais en particular non pode cinguirse a unha xornada de paro con contidos políticos minguados e no que os únicos obxectivos reais a alcanzar sexan: perder o salario do día por parte dos participantes na mesma e facilitar aínda máis o retorno da dereita tralas próximas eleccións coa mesma política neoliberal do actual goberno pero elevado ao cubo.

A proba desta desgana é a baixísima participación do funcionariado na folga sectorial do 8 de xuño, xa que a falla de obxectivos nítidos vense a sumar ao desarme político da esquerda entre a sociedade.

Unha folga xeral unicamente adquire pleno sentido no marco dunha estratexia antisistemica clara, isto é que poña en cuestión as causas máis que as consecuencias da crise.

Unha folga xeral unicamente adquire pleno sentido se ten un marco global europeo onde se está a dar o actual escenario de loita política.

Unha folga xeral unicamente adquire pleno sentido se mais aló das consignas de sempre (“a crise a pague o capital”) existen obxectivos políticos e económicos a conseguir trala mobilización (rectificación da política fiscal e de inversións, eliminación de paraísos fiscais, taxas as transaccións,... ).

Se isto non é así, a frustración posterior virase a sumar ao escepticismo xa reinante entre amplos sectores sociais..

Namentres como se dixo no seu día en Argentina o único programa político serio é: “que se larguen todos”.

5 comentários:

  1. Ola Xan:

    Estou totalmente de acordo contigo. Hai que parar aos organismos neoliberai mundiais e europeos, que ademais non teñen ningunha lexitimidade democrática, pois son eles os que nos están a impoñer este recorte de dereiros sociais.
    Que a crise a paguen os ricos

    ResponderEliminar
  2. o q pasa, xan, é q só temos dúas posibilidades: ou unirnos á folga xeral -para a q, dende logo, nos sobran os motivos- por moita náusea q nos dean os sindicatos e o seu plantexamento, ou dar a impresión de q acatamos sumisamente as medidas adoptadas polo partido no goberno

    aclarar tamén q moita da xente q non foi á folga fíxoo aducindo q "é un momento no q debemos amosar solidariedade cos parados"; como se a baixada do soldo fose para solucionar os problemas do paro e conservar o estado de bienestar, e non para acalar a voracidade infinita da banca...

    saúdos

    ResponderEliminar
  3. Por suposto nela que hai motivos e debese participar nunha hipotertica folga xeral pero sen estratexia antisistemica, sendo as causas que provocan esta situación claramente sistemicas, a folga esta abocada ao fracaso político.

    Unha cousa máis: a prerrogativa de facer mobilizacións non a teñen os sindicatos. Isto é algo sobre o que debe reflexionar os movementos sociais fundamentalmente cos dous sectores máis agredidos polo sistema en termos sociais: paradas e migrantes.

    Saudos para ti tamén

    ResponderEliminar
  4. pois para solidarios os que fomos á folga, que "doamos" un día do noso soldo ás "axfisiadas" arcas do estado para seguir alimentando o monstro bancario :-(

    ResponderEliminar
  5. A moir arte dos funcionarios teñen familia (cónsuxe, fillos, irmáns,...) no paro. Alguén imaxina a esas persoas protestando porque lle quiten un 5%. Eu non.

    Non é momento para folgas. O momento para a folga xeral era fai dous anos, pouco antes de que ZP se sacara os 40 coellos da chisteira. Dende entón os sindicatos non teñen -si é que lle quedaba- credibilidade algunha.

    Representar aos traballadores implica represetar tamén aos non traballadores, aos potenciais traballadores, iso é algo que dende o sindicicalismo nunca se entendeu,... porque non cotizan.

    Outra cousa que matou aos síndicatos é a tremenda estruturacón interna, sectorial e xeográfica, para poder optar a distintas axudas e subvencións que de existir unha estrutura única se superpuñan. Que ocorre agora? Que si os do naval van a folga os da construción pasan de todo, que si os de seguridae piden melloras laborais aos de ensino tanto lle ten, que si aos traballadores lles conxelan os soldos aos parados importalles un "pemento" porque eles non ten soldo.

    Lembrades a estrela vermella? Que significa? Traballadores do mundo unidos! Hai décadas que están fragmentados e o sector empresarial sábeo moi ben e tenlle sacado boa tallada.

    Son pesimista porque non vexo que iso vaia mudar no curto prazo.

    ResponderEliminar