Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta Ecosocialismo

O grande erro da esquerda

Imagem
Xoán Hermida Hai uns días o profesor Vicenç Navarro publicaba un artigo co titulo ‘O grande erro da socialdemocracia’ . Sen querer puntualizar nin o máis mínimo o correcto argumentario de dito artigo onde se analizan as dúas visións na socialdemocracia alemá e por extensión a europea, creo non obstante que o erro da socialdemocracia, e da esquerda en xeral, hai que buscalo máis aló daqueles puntuais que esta teña cometido na última década. A esquerda en xeral, socialdemócrata ou radical, leva varias décadas en crise ao non ter construído unha alternativa crible e aceptable pola maioría, situándoa non máis aló da mera xestión progresiva do capitalismo. Tras a caída do muro de Berlín, co colapso económico e social do modelo burocrático e totalitario staliniano, era cuestión de anos que o modelo socialdemócrata tamén entrara en crise. O modelo de Bretton Woods , deseñado nas postrimerías da 2ª Guerra Mundial, atopábase con dúas eivas para poder globalizarse: unha de cuestión política, a ...

Desde a orfandade o meu apoio o 20-N para EQUO

Imagem
“Non somos un partido en busca de persoas, somos persoas en busca dun partido” Juan López de Uralde Xoán Hermida Son un dos moitos e moitas que levamos máis dunha década votando ‘en contra de’ e lugar de ‘a favor de’ . En realidade poida que no meu caso sexa máis tempo pois nos últimos anos da militancia partidaria eran elementos de descarte os que primaban nas miñas opcións. Sempre defendín a necesidade de proxectos nacionais vertebrados política e organizativamente sobre a diferente realidade económica e social, territorial e política de Galicia. Nunca defendín proxectos do ‘nacionalismo ideolóxico’ pero si a necesidade da vertebración do que poderiamos chamar ‘nacionalismo cívico’ . Desde hai anos levo plantexando a necesidade da renovación da esquerda fronte a esquemas corporativistas, industrialistas, etnocentristas e antropocentristas da esquerda de finais do século XIX e a practica totalidade do século XX. Socialdemocracia e comunismo como dúas caras da mesma moeda en versió...

É posible un ecosocialismo galego

Imagem
a Loli Mariño que nos ensinou o valor da ecoloxía nun tempo en que as pequenas cousas aínda nos soaban excéntricas Xoán Hermida Tiven a ousadía no ano 1997 de publicar un artigo en 'El Correo Gallego' onde se mencionaba por primeira vez en Galicia o termo ecosocialismo. En realidade aínda faltaban tres anos para que Joel Kovel e Michael Löwy publicaran o manifesto ecosocialista, pero iso non quere dicir que eu estivera a inventar algo novo, pois xa algunhas forzas políticas de Europa e social de Latinoamérica xa comezaban a utilizar esa denominación. Así que a ousadía se debía máis a que sendo eu o primeiro en utilizar esa terminoloxía sabia que ía a atoparme con dúas cuestións que no debate político se dan moito na nosa terra. A primeira é algo que se podería expresar na conceptualización 'iso é moi moderno, non ten nada que ver con nos’. A segunda, ligada á primeira, exprésase en algo así como ' Galicia é diferente, esa formulación pode valer para Catalunya ou Euska...

Michael Löwy visitou Galicia

Imagem
Estivo en Pontevedra un dos redactores do Manifesto Ecosocialista e amosou a vixencia das ideas de Marx sempre que non estean contaminadas polo dogmatismo ao que a maioria dos grupos de seguidores nos teñen acostumados. Os xornalistas Susana Regueira e Alfonso González asinan en Faro de Vigo e La Voz de Galicia duas moi boas entrevistas que demostran que se pode facer xornalismo sen adicarse ás varietes locais que tanto gustan na "capital". http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2010/04/08/economistas-clase-dominante-leen-marx-ver-logran-entender-pasa/427096.html http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2010/04/08/0003_8402519.htm