Día do Comercio Xusto: dúas ideas, dúas filosofías, dúas concepcións
Parece ser que por terceiro ano Amarante, Verdegaia e Sindicato Labrego Galego, xunto con cooperativas de consumo responsable, van facer do día do comercio xusto un acto de reivindicación en favor da soberanía alimentar e neste ano contra o abuso das grandes superficies. Por outra banda algunhas ongds, baixo o paraugas da CGONGDs, prefiren ocultar as diferenzas e celebrar o comercio xusto sen maior análise crítico diante da sociedade, nun momento en que o propio comercio xusto esta a ser cuestionado como elemento de alternativa ao sistema e moitas empresas, coa colaboración dalgunhas ongds, están a lavar a súa imaxe con puro marqueting social. http://www.galiciasolidaria.org/novas/dia-do-comercio-xusto--unha-xornada-para-celebrar--todo-o-ano-para-actuar.html http://www.amarantesetem.org/index.php/component/content/article/60-comercio-xusto/186-o-8-de-maio-celebramos-o-dia-do-comercio-xusto