Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta nacionalismo

Marx, Castelao, Beiras, ... traidores!

Imagem
‘Queimádeme, que maña, onde prendades a fogueira, levantará a historia unha estatua para mín. Eu sei que me condena a vosa demencia suma, ¿por qué? ... Porque as luces busquei da verdade, non na vosa falsa ciencia que o pensamento atafega con dogmas e mitos roubados a outra idade, senón no libro eterno do Universo mundo, que encerra entre os seus folios de inmensa duración; os xermes benditos dun porvir fecundo, baseado na xustiza, fundado na razón.’ A xeito de epitafio, 1600. Giordano Bruno Xoán Hermida Un xa viña acostumado a ver como xente de esquerdas era vilipendiada durante a súa vida pola única traizón de ser cidadán e non súbdito, de ter un pensamento propio e pensar diferente ao que decidían os que mandan. Existe en Galicia, e tamén nas comarcas, notarias que expenden o certificado de nacionalistas e de esquerdistas. Para a súa obtención o funcionario oportuno, ao igual que facía a policía do antigo réxime, pídeche un certificado de penais que obtés no departamento de formació...

O espírito do 29 de xaneiro

Imagem
Xoán Hermida Non tiven ocasión de vivir o proceso de Riazor’82. Un ano antes xa marchara -en realidade convidaranme a saír- daquel club privado chamado ERGA. Decidín deixar de ser súbdito e adquirir a condición de cidadá a sabendas que a franxa de pensamento autónomo xera algún que outro inconvinte e mesmo, en xente pasional coma min, máis de unha metedura de zoca que a xente de ben te perdoa e a outra anota na folla de penais. Así que non estou disposto, por nada do mundo, a perderme este novo proceso constituinte da alternativa galega’12. O pasado 12 de febreiro tiven a ocasión e a honra de asistir a asemblea aberta do Encontro Irmandiño. Non podo dicir coma Henrique Tello que da gusto estar nun sitio onde se saúda todo o mundo pero é comprensible, despois de moitos anos o cancro do sectarismo tamén ten as súas pequenas metástases que teremos que ir curando, e como dicía o propio Tello sen facer moito caso dos comentarios das novas electrónicas. Ao fin e ao cabo un acaba asumindo qu...

Tres encontros co Beiras

Imagem
"Marx sementou xigantes e, pola contra, colleitou pulgas" (a propósito dos marxistas) F. Engels Xoán Hermida Ao calor do 40 aniversario da publicación de “O atraso económico de Galicia” vaise a celebrar en Compostela unha homenaxe popular ao seu autor, Xosé Manuel Beiras . Como ocorre cos grandes autores a súa obra é un marco de referencia esencial para comprender o seu momento histórico e arroxar luces sobre sombras ou incertidumes, pero ao igual que lle pasou aos mesmos sempre aparecen seguidores ‘escolásticos’ que utilizan a obra como catecismo e elaboran unha ‘teoría’ doutrinaria que nada ten que ver coas ideas do autor. Este aniversario ademais veu a coincidir cun momento de encrucillada do nacionalismo galego. Estamos, seguramente, diante do nacemento da terceira xeración do galeguismo. A primeira estivo marcada pola reivindicación do caracter nacional de Galicia nun momento de cambio - da loita agrarias á II república - onde se estaban poñendo os piares dunha nova c...

Universalismo: desde Galicia para o mundo

Imagem
Xoán Hermida Veño de ler un artigo dun dos lideres do sindicalismo nacionalista que ten como elemento vertebrador do mesmo algo así como 'non se nos perde nada en Madrid' a propósito da estratexia sindical a seguir no conflito do ensino. O articulista en cuestión di que non se basea nunha cuestión de ‘ideoloxicismo’ senón noutras consideracións, para continuar dicindo ‘aínda que a algúns poida sorprenderlles o sindicalismo galego sabe andar polo mundo’. Non vou a entrar a considerar a cuestión de si se nos perde ou non algo en Madrid xa que non son ensinante e o sindicalismo o deixei o día que a UPG entrou a sangre e lume no espazo democrático, aberto, plural e innovador que representou a CXTG. Ademais sei moi ben como funciona iso das unidades sindicais cando e como conveñen e estamos a menos dun mes dunha cita electoral clave para o futuro dalgúns que levan corenta anos, os mesmos que Francisco Franco , ao fronte do partido. O que me interesa é o artigo en si, a súa hermenéut...

Os abaixo asinantes

Imagem
Xoán Hermida Como ben sendo habitual, tras unhas eleccións onde a derrota da esquerda é máis que evidente, póñense en marcha manifestos dos ‘abaixo asinantes’ que no mellor dos casos fan unha diagnose clara sobre o que esta a acontecer ou advirten dos perigos, varios e múltiples, que nos asexan aos cidadáns e as cidadás no caso de que o rumbo non se enderece por parte dos patróns ao mando das embarcacións da esquerda ‘oficial’. Tamén soe pasar, que co tempo as augas volven a normalidade, e os aparatos dos partidos se fan co mando ata un novo naufraxio e na espera de que o seguinte non sexa o último. Eu mesmo veño de asinar xunto con outro grupo de cidadáns e cidadás do que poidamos chamar ‘esquerda sufridora’ un novo chamamento e avalar unha nova iniciativa. BenComún , que así se chama, nace no medio dun naufraxio particular, pois o vendaval esta vez non ven provocado pola dereita senón por unha cidadanía disposta a que esta situación non sexa unha máis. E así debe ser, pois de seguro...

O que fai falta

Imagem
Xoán Hermida Cústanos a todas e todos, cidadanía, medios de comunicación, organización sociais, e sobre todo aos partidos políticos entender o que esta a ocorrer. Algúns aínda están preguntándose os porqués desta rebelión cívica dos mozos e mozas iniciada o 15M. Algúns aínda están buscando aos conspiradores. Pois, voulles a dicir a verdade, si houbo conspiración. Lévanse reunindo ano tras ano en Dávos, nos cumios do G-8, nas executivas do FMI e do Banco Mundial, nos reservados das reunións da Organización Mundial do Comercio. Conspiran contra a democracia, baleirándoa de contido e decidindo as entidades financeiras e as grandes corporacións a gobernanza do mundo, os destinos de todos e todas. Conspiran contra a humanidade e contra o planeta. Estamos nunha nova etapa e cumpre afrontala cunha nova mentalidade, caracterizada pola apertura, a xenerosidade e a actitude de indagar, crear e innovar. Os cidadáns e as cidadás da esquerda política e social, ata agor...

O espírito de Kruschev

Imagem
Xoán Hermida Pasaron seis meses desde o inicio das revolucións democráticas árabes e algúns aínda están buscando a orixe da conspiración. Un mes despois de que as rúas se encheran de xente reclamando democracia real, os departamentos de control dos partidos de esquerda (e tamén por suposto da dereita) aínda non acaban de entender o que esta a pasar. Tras uns primeiros momentos de confusión, e visto que as campañas de descrédito non facían o efecto desexado, acharon a solución: deixar que a onda pase e que baixe a marea da indignación. Esta non é unha táctica nova pero eu aconsellaríalles non apostaran tódalas súas bazas á mesma porque poden levarse algunha nova sorpresa. Primeiro, en clave global, porque estamos a vivir a segunda onda de cambios tralo inicio da globalización e estes que se están a producir no mundo árabe, a diferenza da primeira onda que se iniciou hai unha década en América Latina , dáse nun contexto de crise sistémica e de fartazgo que posibilitan que se estenda sen ...

Iniciativa BenComún

Imagem
DESDE A INDIGNACIÓN PREPARANDO O FUTURO NECESITANSE NOVOS ENFOQUES PARA NOVOS HORIZONTES O movemento cidadán 15-M e os resultados das pasadas eleccións municipais do 22-M puxeron de manifesto unha enorme desafección polas actuais fórmulas de participación política dun sector cada vez máis amplo da poboación. Unha desafección que prexudica unicamente a esquerda, que leva sen renovar practicas políticas, discursos, actitudes e estruturas os últimos vinte anos. O xurdimento do movemento 15-M, alén do seu alcance concreto, é o síntoma de que algo non vai ben e de que o sector da poboación máis dinámico percibe que a armazón político-representativa e a cultura política xurdidas da transición están esgotadas: precísase de novos espazos de participación e de novos interlocutores para a mediación. Desde hai anos a indignación medra entre as persoas de esquerda que, formando ou non parte da súa base asociativa, somos parte da súa base sociolóxica e electoral. As últimas eleccións demostraron qu...

Que está a pensar un millón de persoas ?

Imagem
Xoán Hermida Un millón de persoas, entre as que non me atopo pero que ben podería ser o caso, decidiron achegarse as furnas onte a depositar un voto sen papeleta (en branco) ou con comentarios críticos (nulos), seguro que algúns merecedores dun libro de ‘haikus’ ou ‘microrelatos’. As forzas políticas da ‘esquerda’, unha vez máis, e xa van varias, adicanse agora a culpar a estes ‘inconscientes’ da derrota electoral, enrocándose en lugar de analizar a fondo unha derrota sen paliativos a pesar de escasas excepcións baseadas en situacións moi concretas como o populismo localista de Abel Caballero en Vigo, do medo á especulación ‘telmo-urbanistica’ en Pontevedra ou a honorable xestión de Martiño Noriega en Teo ou Félix Juncal en Bueu. Non creo que sexa necesario perder ni un minuto en argumentar porque nin a Rede GNSV foi a culpable da caída do bipartito nin o Movemento 15M o causante da estrepitosa derrota da esquerda nas eleccións municipais. E digo estrepitosa porque esta é en Galicia...

A esquerda moderna e a campá de Gauss

Imagem
‘Aquel que entenda ao babuíno contribuirá á metafísica máis que John Locke’ Charles Darwin, cuaderno D, agosto de 1838 Xoán Hermida Calquera que estude con algo de detemento a lóxica da dialéctica materialista, principal instrumento de análise e intervención política que teña construído a esquerda, e observe como se ten desenvolvido a física moderna desde o xurdimento da termodinámica, darase conta da incrible coincidencia entre a dialéctica empirista marxiana e a física da complexidade . Esta coincidencia non predispón, obviamente, a favor ou en contra do pensamento social de Marx e Engels pero si avala a súa metodoloxía ‘científica’ de interpretación e análise. A física non pode responder a tódolos enigmas da humanidade xa que elo nos levaría a un ‘cientifismo’ determinista e idealista, alonxado do seu razoamento materialista, ademais de poder ser cuestionado por posteriores averiguacións científicas. Non obstante, o que si nos sitúa a física da complexidade son os limites polos que...

Nacionalismo cívico versus nacionalismo popular

Imagem
Xoán Hermida Cunha separación de menos de 24 horas téñense dado no territorio do que hoxe configura o estado español dúas mobilizacións importantes de nacionalismo. O primeiro, que poderiamos denominar nacionalismo cívico, producíase o sábado 10 de xullo polas rúas de Barcelona, onde máis de un millón de cataláns saian en manifestación para amosar o seu rexeitamento á sentenza sobre o “estatut” e a reivindicarse como nación. Entre as declaracións que máis me chamaron a atención desa xornada non foron a dos portavoces políticos senón algunha de cidadáns que a titulo persoal respondían ás preguntas dos xornalistas. En concreto unha pareceume moi significativa e dicía algo mais ou menos literal como isto: “nos apostabamos polo federalismo, pero os españois non nos queren. Non queren a nosa cultura nin a noso xeito de ser así que non nos queda outra que a independencia”. Algo máis de 24 horas despois de que esta marea humana percorrera as rúas de Barcelona, unha marea “vermella” ( non pola...