Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta cidadanía

O ano da morte de Bin Laden

Imagem
Xoán Hermida Bin Laden non morreu, como poida pensar a opinión pública, o 1 de maio de 2011. Ese día so se produciu a súa execución seguindo os pasos da ‘cultura’ norteamericana forxada no ‘lonxano oeste’ onde o sherif borracho aforcaba ao pistoleiro sen que mediara esas cousas tan engorrosas do dereito como tribunais, xurado, defensa e xuízo xusto. Pero Osama xa morrera varios meses antes. Fora vítima das revolucións democráticas árabes, morrera o 17 de decembro de 2010, data de inicio das mobilizacións cidadáns da ‘Revolución dos Xasmíns’ tunesina e foi rematado no comezo da ‘Revolución Branca’ o 25 de xaneiro de 2011 na Praza Tahrir de Exipto. Resulta ‘curioso’ que tras dez anos dos atentados das torres xemelas, incluida a invasión de dous países e a guerra sucia noutros, se carguen a Bin Laden cando xa estaba amortizado para os intereses americanos. O inicio das revolucións árabes, que como xa teño comentado noutros artigos pillou a contrapé aos servizos de intelixencia israelí e...

Nacionalismo cívico versus nacionalismo popular

Imagem
Xoán Hermida Cunha separación de menos de 24 horas téñense dado no territorio do que hoxe configura o estado español dúas mobilizacións importantes de nacionalismo. O primeiro, que poderiamos denominar nacionalismo cívico, producíase o sábado 10 de xullo polas rúas de Barcelona, onde máis de un millón de cataláns saian en manifestación para amosar o seu rexeitamento á sentenza sobre o “estatut” e a reivindicarse como nación. Entre as declaracións que máis me chamaron a atención desa xornada non foron a dos portavoces políticos senón algunha de cidadáns que a titulo persoal respondían ás preguntas dos xornalistas. En concreto unha pareceume moi significativa e dicía algo mais ou menos literal como isto: “nos apostabamos polo federalismo, pero os españois non nos queren. Non queren a nosa cultura nin a noso xeito de ser así que non nos queda outra que a independencia”. Algo máis de 24 horas despois de que esta marea humana percorrera as rúas de Barcelona, unha marea “vermella” ( non pola...