Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta Crise

Non valen escusas

Imagem
Xoán Hermida Non foi nin unha casualidade nin tampouco unha conspiración. Algúns viñamos observando, de certo que non pasivamente, como existía unha corrente de fondo, en maior medida no BNG pero tamén no PSdG, que esixía cambios para re-conectarse cunha sociedade cada vez máis alonxada dos partidos. O movemento d@s indignad@s, ao marxe das súas propostas concretas máis ou menos certeiras, veu a situar enriba da mesa unha desafección clara e rotunda da cidadanía cara aos partidos tradicionais e as formas que estes teñen de entender a política. Tratábase maioritariamente de xente nova que nin tan sequera entrara a formar parte dos mesmos, por que algo lle cheiraba mal nas súas dinámicas internas. Unha sensación que por outro lado tiñamos vivido aqueles que noutro tempo participamos das estruturas partidarias. Hai uns meses tiven ocasión de asistir a un debate sobre os vintecinco anos do parlamento galego. Nesa mesa redonda, e a pesar de que nela participaban algúns dos analistas máis si...

Entrevista sobre EcoGaleguistas

Imagem
O pasado sábado tivemos o encontro fundacional do proceso EcoGaleguistas. O regreso á política partidaria sempre da un pouco de vertigo pero a amabilidade, intelixencia e o animo da xente é un bo remedio contra a ansiedade. Vivimos tempos de crise-transición-esperanza e hai miles de homes e mulleres dispostos a traballar por unha Galicia máis xusta nun mundo máis habitable. Despois do encontro, presidido de xeito integrador por Manuel Dios , e na que estivemos xuntos camaradas de ideas e irmáns de nación fixéronme para Galicia Confidencial a seguinte entrevista que creo achega o espírito co que queremos actuar e partillar con outros e outras.

Marx, Castelao, Beiras, ... traidores!

Imagem
‘Queimádeme, que maña, onde prendades a fogueira, levantará a historia unha estatua para mín. Eu sei que me condena a vosa demencia suma, ¿por qué? ... Porque as luces busquei da verdade, non na vosa falsa ciencia que o pensamento atafega con dogmas e mitos roubados a outra idade, senón no libro eterno do Universo mundo, que encerra entre os seus folios de inmensa duración; os xermes benditos dun porvir fecundo, baseado na xustiza, fundado na razón.’ A xeito de epitafio, 1600. Giordano Bruno Xoán Hermida Un xa viña acostumado a ver como xente de esquerdas era vilipendiada durante a súa vida pola única traizón de ser cidadán e non súbdito, de ter un pensamento propio e pensar diferente ao que decidían os que mandan. Existe en Galicia, e tamén nas comarcas, notarias que expenden o certificado de nacionalistas e de esquerdistas. Para a súa obtención o funcionario oportuno, ao igual que facía a policía do antigo réxime, pídeche un certificado de penais que obtés no departamento de formació...

O espírito do 29 de xaneiro

Imagem
Xoán Hermida Non tiven ocasión de vivir o proceso de Riazor’82. Un ano antes xa marchara -en realidade convidaranme a saír- daquel club privado chamado ERGA. Decidín deixar de ser súbdito e adquirir a condición de cidadá a sabendas que a franxa de pensamento autónomo xera algún que outro inconvinte e mesmo, en xente pasional coma min, máis de unha metedura de zoca que a xente de ben te perdoa e a outra anota na folla de penais. Así que non estou disposto, por nada do mundo, a perderme este novo proceso constituinte da alternativa galega’12. O pasado 12 de febreiro tiven a ocasión e a honra de asistir a asemblea aberta do Encontro Irmandiño. Non podo dicir coma Henrique Tello que da gusto estar nun sitio onde se saúda todo o mundo pero é comprensible, despois de moitos anos o cancro do sectarismo tamén ten as súas pequenas metástases que teremos que ir curando, e como dicía o propio Tello sen facer moito caso dos comentarios das novas electrónicas. Ao fin e ao cabo un acaba asumindo qu...

Regreso ao futuro: tempo de silencio (e 2)

Imagem
tempo de reflexión tempo de construción tempo de …. un novo tempo !

Regreso ao futuro: #goodbyefraguismo (1)

Imagem
Xoán Hermida A raíz dos últimos acontecementos nos que Galicia está inmersa poderiamos afirmar que ao noso país parece que lle mirou un torto. Mesmo poderiamos aplicar dúas frases feitas para a ocasión: “ Non hai peor cego que o que non quere ver” e “no pais dos cegos o torto é o rei” . Con ser certo en parte estas sentencias non deberiamos deixarnos levar por unha realidade adversa ou pola melancolía. Fraga liquidou as posibilidades de construír unha esquerda nacional hexemónica por medio dun dobre xogo: favorecer o localismo de corte españolista do vazquismo no PSdeG e fomentar unha vertebración nacionalista dominada por un partido fundamentalista. Con esa combinación a dereita sabe que terá ocupada a Xunta de Galicia a maior parte do tempo e so cando se dean unha condicións extraordinarias coma as que se deron a mediados da década pasada, axudados por unha situación de emerxencia coma a do Prestige, poden ceder temporalmente o seu domino. Parece que o fraguismo se resiste a...

O grande erro da esquerda

Imagem
Xoán Hermida Hai uns días o profesor Vicenç Navarro publicaba un artigo co titulo ‘O grande erro da socialdemocracia’ . Sen querer puntualizar nin o máis mínimo o correcto argumentario de dito artigo onde se analizan as dúas visións na socialdemocracia alemá e por extensión a europea, creo non obstante que o erro da socialdemocracia, e da esquerda en xeral, hai que buscalo máis aló daqueles puntuais que esta teña cometido na última década. A esquerda en xeral, socialdemócrata ou radical, leva varias décadas en crise ao non ter construído unha alternativa crible e aceptable pola maioría, situándoa non máis aló da mera xestión progresiva do capitalismo. Tras a caída do muro de Berlín, co colapso económico e social do modelo burocrático e totalitario staliniano, era cuestión de anos que o modelo socialdemócrata tamén entrara en crise. O modelo de Bretton Woods , deseñado nas postrimerías da 2ª Guerra Mundial, atopábase con dúas eivas para poder globalizarse: unha de cuestión política, a ...

Tres encontros co Beiras

Imagem
"Marx sementou xigantes e, pola contra, colleitou pulgas" (a propósito dos marxistas) F. Engels Xoán Hermida Ao calor do 40 aniversario da publicación de “O atraso económico de Galicia” vaise a celebrar en Compostela unha homenaxe popular ao seu autor, Xosé Manuel Beiras . Como ocorre cos grandes autores a súa obra é un marco de referencia esencial para comprender o seu momento histórico e arroxar luces sobre sombras ou incertidumes, pero ao igual que lle pasou aos mesmos sempre aparecen seguidores ‘escolásticos’ que utilizan a obra como catecismo e elaboran unha ‘teoría’ doutrinaria que nada ten que ver coas ideas do autor. Este aniversario ademais veu a coincidir cun momento de encrucillada do nacionalismo galego. Estamos, seguramente, diante do nacemento da terceira xeración do galeguismo. A primeira estivo marcada pola reivindicación do caracter nacional de Galicia nun momento de cambio - da loita agrarias á II república - onde se estaban poñendo os piares dunha nova c...

Do bipartidismo asimétrico ao monopartidismo imperfecto

Imagem
Xoán Hermida Eran moitas as interrogantes postas nas eleccións do 20-N. A menor de todas era sobre que ía gañar as eleccións xa que isto estaba claro hai bastantes meses. As dubidas viñan fundamentalmente sobre como ían a resituarse as esquerdas diante da nova etapa política e como o movemento 15-M podía condicionar o voto no marco da propia esquerda. O resultado electoral das pasadas eleccións xerais teñen unha lectura maior e outras menores. A maior creo que parece evidente: fortalecese a hexemonía política e social da dereita. Un proceso que se ben tivo o seu paréntese durante a etapa do goberno Zapatero impulsado fundamentalmente polo descontento social coa xestión do Prestige e coa política militarista do goberno de Jose Maria Aznar , tratase dun proceso estrutural que vai dándose desde a década dos oitenta en consonancia coa hexemonía planetaria dos neocom e cos gobernos neoliberais de Ronald Reagan e Margaret Thatcher que marcaron a pauta e puxeron en evidencia a crise do mo...

Os 'mercados' entran en campaña

Imagem

O conto da galeguidade de NCG chega ao seu fin

Imagem
Xoán Hermida Hai dous anos Galicia tiña dúas caixas, dous Bens Comúns, unha no Sur e outra no Norte,. Esta última contaminada polos activos tóxicos que durante anos a dirección da entidade, con Jose Luis Mendez á cabeza, foran introducindo. Daquela, e sabendo que o culebrón aínda non acabara, escribín o seguinte: “Sabedora dos problemas financeiros de Caixa Galicia e aproveitando a reestruturación bancaria a nivel estatal o Grupo Voz iniciou a campaña da galeguización das caixas. Necesitaban un verniz de ‘pseudogaleguismo’ e ocultar ao verdadeiro interese: desmantelar o modelo caixas tal como o coñecemos ata o momento e deixar en mans do lobby coruñes o control financeiro do pais. Diante das resistencias de Caixa Nova, representante nítido do sector empresarial produtivo fronte ao especulativo da caixa do norte, houbo que poñer en marcha a artillería patriótica e utilizar ao equipo dirixente dun BNG necesitado de trunfos como aval ideolóxico da operación. Así nun tramit...

Co facil que seria si se deixasen controlar

Imagem
“Que as arbores non nos impidan ver o bosque” Xoán Hermida Estou convencido que o 2011 será interpretado historicamente, ao igual que o foi 1848, como un período de revolucións e movementos democráticos a escala rexional (mediterránea) desde Tel Aviv e Rabat, desde Atenas a Lisboa. Cando todo parecía indicar que o movemento 15-M ía ter o seu máximo inimigo nos ‘mass media’ ao servizo do statu quo e xa se comezaba a campaña de desprestixio previa á campaña de represión e ao posterior pasamento, xurdiu a ‘esquerda de toda a vida’, os intelectuais orgánicos e os liberados sindicais para poñer as cousas no seu sitio. Contase que coincidindo coas mobilizacións masivas contra o pacto do euro, que en toda Europa convocaron as centrais sindicais e aquí o movemento de ‘indignad@s’, o actual secretario de CC.OO, Ignacio Fernández Tojo , comentou no seu entorno a necesidade de desactivar ao movemento 15-M porque puña en cuestión a hexemonía e a estratexia sindical. Algo parecido debeu pensar no ...

O bipartidismo morreu, viva o bipartidismo!

Imagem
Xoán Hermida O bipartidismo é algo máis cunha representación deformada da vontade popular que se expresa na preponderancia da bipolaridade en detrimento da pluralidade existente. É unha cultura política, unha forma de entender o debate social, un modelo democrático anoréxico. Mesmo máis ala forma parte do modelo dualista na que se move o pensamento occidental desde hai séculos. Pero non nos (auto) enganemos. O bipartidismo existe porque vivimos nunha cultura da bipolaridade, do branco e o negro, onde as tonalidades e a análise ‘dos matices’ desaparecen. Onde o pensar é unha actuación de librepensadores perigosos e a maioría dos intelectuais son ‘orgánicos’, indistintamente do órgano en cuestión. Unha cultura política onde a percepción diferente se converte en disidencia. A cultura da trincheira que hai anos explicaba con moita retranca o amigo Manolo Crisanto , hoxe irremplazable en Sada e en Galicia. Pero ademais disto, que xa é complicado de superar, o bipartidismo necesit...

Cruzar as liñas 'inimigas'

Imagem
Xoán Hermida Hai uns anos tiven ocasión de presenciar nunha cafetería un debate sobre terrorismo no parlamento español que coincidiu coa enésima tregua fracasada de ETA. Eran momentos de gran crispación social e acababa de saír da cadea Iñaki de Juana Chao . Durante o debate, retransmitido por TVE, e namentres interviña o presidente do goberno, un hooligan da dereita sociolóxica ía vociferando en alto contra Zapatero lindezas como ‘asasino’, ‘terrorista’, ‘vaite con eles’ e outras de maior nivel ‘intelectual’ namentres que o ambiente do local tornábase cada vez máis de apoio e de consenso arredor do ‘liderazgo’ de ese individuo. Nun momento determinado, e non sen moita reflexión pola miña parte, chameille a atención ao individuo en cuestión e ao propietario da cafetería polo que entendía era unha falla de respecto ás persoas que estabamos a seguir a retransmisión do debate. O tipo calou, os clientes deixaron de facer de acompañamento e o debate foi seguido con atención ...

Os abaixo asinantes

Imagem
Xoán Hermida Como ben sendo habitual, tras unhas eleccións onde a derrota da esquerda é máis que evidente, póñense en marcha manifestos dos ‘abaixo asinantes’ que no mellor dos casos fan unha diagnose clara sobre o que esta a acontecer ou advirten dos perigos, varios e múltiples, que nos asexan aos cidadáns e as cidadás no caso de que o rumbo non se enderece por parte dos patróns ao mando das embarcacións da esquerda ‘oficial’. Tamén soe pasar, que co tempo as augas volven a normalidade, e os aparatos dos partidos se fan co mando ata un novo naufraxio e na espera de que o seguinte non sexa o último. Eu mesmo veño de asinar xunto con outro grupo de cidadáns e cidadás do que poidamos chamar ‘esquerda sufridora’ un novo chamamento e avalar unha nova iniciativa. BenComún , que así se chama, nace no medio dun naufraxio particular, pois o vendaval esta vez non ven provocado pola dereita senón por unha cidadanía disposta a que esta situación non sexa unha máis. E así debe ser, pois de seguro...

O que fai falta

Imagem
Xoán Hermida Cústanos a todas e todos, cidadanía, medios de comunicación, organización sociais, e sobre todo aos partidos políticos entender o que esta a ocorrer. Algúns aínda están preguntándose os porqués desta rebelión cívica dos mozos e mozas iniciada o 15M. Algúns aínda están buscando aos conspiradores. Pois, voulles a dicir a verdade, si houbo conspiración. Lévanse reunindo ano tras ano en Dávos, nos cumios do G-8, nas executivas do FMI e do Banco Mundial, nos reservados das reunións da Organización Mundial do Comercio. Conspiran contra a democracia, baleirándoa de contido e decidindo as entidades financeiras e as grandes corporacións a gobernanza do mundo, os destinos de todos e todas. Conspiran contra a humanidade e contra o planeta. Estamos nunha nova etapa e cumpre afrontala cunha nova mentalidade, caracterizada pola apertura, a xenerosidade e a actitude de indagar, crear e innovar. Os cidadáns e as cidadás da esquerda política e social, ata agor...