Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta Esquerda

Non valen escusas

Imagem
Xoán Hermida Non foi nin unha casualidade nin tampouco unha conspiración. Algúns viñamos observando, de certo que non pasivamente, como existía unha corrente de fondo, en maior medida no BNG pero tamén no PSdG, que esixía cambios para re-conectarse cunha sociedade cada vez máis alonxada dos partidos. O movemento d@s indignad@s, ao marxe das súas propostas concretas máis ou menos certeiras, veu a situar enriba da mesa unha desafección clara e rotunda da cidadanía cara aos partidos tradicionais e as formas que estes teñen de entender a política. Tratábase maioritariamente de xente nova que nin tan sequera entrara a formar parte dos mesmos, por que algo lle cheiraba mal nas súas dinámicas internas. Unha sensación que por outro lado tiñamos vivido aqueles que noutro tempo participamos das estruturas partidarias. Hai uns meses tiven ocasión de asistir a un debate sobre os vintecinco anos do parlamento galego. Nesa mesa redonda, e a pesar de que nela participaban algúns dos analistas máis si...

Entrevista sobre EcoGaleguistas

Imagem
O pasado sábado tivemos o encontro fundacional do proceso EcoGaleguistas. O regreso á política partidaria sempre da un pouco de vertigo pero a amabilidade, intelixencia e o animo da xente é un bo remedio contra a ansiedade. Vivimos tempos de crise-transición-esperanza e hai miles de homes e mulleres dispostos a traballar por unha Galicia máis xusta nun mundo máis habitable. Despois do encontro, presidido de xeito integrador por Manuel Dios , e na que estivemos xuntos camaradas de ideas e irmáns de nación fixéronme para Galicia Confidencial a seguinte entrevista que creo achega o espírito co que queremos actuar e partillar con outros e outras.

Marx, Castelao, Beiras, ... traidores!

Imagem
‘Queimádeme, que maña, onde prendades a fogueira, levantará a historia unha estatua para mín. Eu sei que me condena a vosa demencia suma, ¿por qué? ... Porque as luces busquei da verdade, non na vosa falsa ciencia que o pensamento atafega con dogmas e mitos roubados a outra idade, senón no libro eterno do Universo mundo, que encerra entre os seus folios de inmensa duración; os xermes benditos dun porvir fecundo, baseado na xustiza, fundado na razón.’ A xeito de epitafio, 1600. Giordano Bruno Xoán Hermida Un xa viña acostumado a ver como xente de esquerdas era vilipendiada durante a súa vida pola única traizón de ser cidadán e non súbdito, de ter un pensamento propio e pensar diferente ao que decidían os que mandan. Existe en Galicia, e tamén nas comarcas, notarias que expenden o certificado de nacionalistas e de esquerdistas. Para a súa obtención o funcionario oportuno, ao igual que facía a policía do antigo réxime, pídeche un certificado de penais que obtés no departamento de formació...

O espírito do 29 de xaneiro

Imagem
Xoán Hermida Non tiven ocasión de vivir o proceso de Riazor’82. Un ano antes xa marchara -en realidade convidaranme a saír- daquel club privado chamado ERGA. Decidín deixar de ser súbdito e adquirir a condición de cidadá a sabendas que a franxa de pensamento autónomo xera algún que outro inconvinte e mesmo, en xente pasional coma min, máis de unha metedura de zoca que a xente de ben te perdoa e a outra anota na folla de penais. Así que non estou disposto, por nada do mundo, a perderme este novo proceso constituinte da alternativa galega’12. O pasado 12 de febreiro tiven a ocasión e a honra de asistir a asemblea aberta do Encontro Irmandiño. Non podo dicir coma Henrique Tello que da gusto estar nun sitio onde se saúda todo o mundo pero é comprensible, despois de moitos anos o cancro do sectarismo tamén ten as súas pequenas metástases que teremos que ir curando, e como dicía o propio Tello sen facer moito caso dos comentarios das novas electrónicas. Ao fin e ao cabo un acaba asumindo qu...

O Sorriso de Feijóo

Imagem
Xoán Hermida En Amio e en Sevilla, e cunha semana polo medio, Feijoo ven de asegurarse a reelección en outubro. Rematados os procesos congresuais do BNG e do PSOE, e toda vez que o que pase no PSdG é xa irrelevante, a única esperanza para o cambio en San Caetano so pode vir da man do nacemento dunha nova forza na esquerda galega. As citas destas organizacións de esquerda e doutras amosan unha vez máis a incapacidade dos aparatos dos partidos políticos para asomarse ao século XXI con naturalidade. O 15-M puxo de evidencia a desafección da cidadanía cos partidos políticos en xeral e cos da esquerda en particular. Nunha situación de normalidade todo indicaría que as forzas políticas tomarían nota e mudarían de rumbo, pero moi polo contrario parece que apostan polo suicidio colectivo. E verdade, tal como afirma o sociólogo catalán Antoni Gutiérrez que os partidos perderon a exclusividade da acción política pero máis aló cabería esperar que non descoidara o seu imprescindible papel de inte...

Regreso ao futuro: tempo de silencio (e 2)

Imagem
tempo de reflexión tempo de construción tempo de …. un novo tempo !

Regreso ao futuro: #goodbyefraguismo (1)

Imagem
Xoán Hermida A raíz dos últimos acontecementos nos que Galicia está inmersa poderiamos afirmar que ao noso país parece que lle mirou un torto. Mesmo poderiamos aplicar dúas frases feitas para a ocasión: “ Non hai peor cego que o que non quere ver” e “no pais dos cegos o torto é o rei” . Con ser certo en parte estas sentencias non deberiamos deixarnos levar por unha realidade adversa ou pola melancolía. Fraga liquidou as posibilidades de construír unha esquerda nacional hexemónica por medio dun dobre xogo: favorecer o localismo de corte españolista do vazquismo no PSdeG e fomentar unha vertebración nacionalista dominada por un partido fundamentalista. Con esa combinación a dereita sabe que terá ocupada a Xunta de Galicia a maior parte do tempo e so cando se dean unha condicións extraordinarias coma as que se deron a mediados da década pasada, axudados por unha situación de emerxencia coma a do Prestige, poden ceder temporalmente o seu domino. Parece que o fraguismo se resiste a...

O grande erro da esquerda

Imagem
Xoán Hermida Hai uns días o profesor Vicenç Navarro publicaba un artigo co titulo ‘O grande erro da socialdemocracia’ . Sen querer puntualizar nin o máis mínimo o correcto argumentario de dito artigo onde se analizan as dúas visións na socialdemocracia alemá e por extensión a europea, creo non obstante que o erro da socialdemocracia, e da esquerda en xeral, hai que buscalo máis aló daqueles puntuais que esta teña cometido na última década. A esquerda en xeral, socialdemócrata ou radical, leva varias décadas en crise ao non ter construído unha alternativa crible e aceptable pola maioría, situándoa non máis aló da mera xestión progresiva do capitalismo. Tras a caída do muro de Berlín, co colapso económico e social do modelo burocrático e totalitario staliniano, era cuestión de anos que o modelo socialdemócrata tamén entrara en crise. O modelo de Bretton Woods , deseñado nas postrimerías da 2ª Guerra Mundial, atopábase con dúas eivas para poder globalizarse: unha de cuestión política, a ...

Tres encontros co Beiras

Imagem
"Marx sementou xigantes e, pola contra, colleitou pulgas" (a propósito dos marxistas) F. Engels Xoán Hermida Ao calor do 40 aniversario da publicación de “O atraso económico de Galicia” vaise a celebrar en Compostela unha homenaxe popular ao seu autor, Xosé Manuel Beiras . Como ocorre cos grandes autores a súa obra é un marco de referencia esencial para comprender o seu momento histórico e arroxar luces sobre sombras ou incertidumes, pero ao igual que lle pasou aos mesmos sempre aparecen seguidores ‘escolásticos’ que utilizan a obra como catecismo e elaboran unha ‘teoría’ doutrinaria que nada ten que ver coas ideas do autor. Este aniversario ademais veu a coincidir cun momento de encrucillada do nacionalismo galego. Estamos, seguramente, diante do nacemento da terceira xeración do galeguismo. A primeira estivo marcada pola reivindicación do caracter nacional de Galicia nun momento de cambio - da loita agrarias á II república - onde se estaban poñendo os piares dunha nova c...

Do bipartidismo asimétrico ao monopartidismo imperfecto

Imagem
Xoán Hermida Eran moitas as interrogantes postas nas eleccións do 20-N. A menor de todas era sobre que ía gañar as eleccións xa que isto estaba claro hai bastantes meses. As dubidas viñan fundamentalmente sobre como ían a resituarse as esquerdas diante da nova etapa política e como o movemento 15-M podía condicionar o voto no marco da propia esquerda. O resultado electoral das pasadas eleccións xerais teñen unha lectura maior e outras menores. A maior creo que parece evidente: fortalecese a hexemonía política e social da dereita. Un proceso que se ben tivo o seu paréntese durante a etapa do goberno Zapatero impulsado fundamentalmente polo descontento social coa xestión do Prestige e coa política militarista do goberno de Jose Maria Aznar , tratase dun proceso estrutural que vai dándose desde a década dos oitenta en consonancia coa hexemonía planetaria dos neocom e cos gobernos neoliberais de Ronald Reagan e Margaret Thatcher que marcaron a pauta e puxeron en evidencia a crise do mo...

Exemplos de dignidade ou como o eixo esquerda versus dereita existe e esta máis vivo que nunca

Imagem
Xoán Hermida Nun prazo de escasamente un mes soubemos de dúas novas inquietantes relacionadas co Concello de Pontevedra. A primeira era o anuncio do peche para finais deste ano do Plan de Inclusión Municipal contra a Pobreza. Un servizo que custa anualmente menos de 90.000 €, aínda que non se sabe moi ben porque os responsables municipais o elevan a 136.000 € (imaxino que estarán incluídas as dietas dos responsables políticos). A segunda era o anuncio de que o novo Estadio de Pasaron pasará a custar 21 millóns de euros en lugar dos 7,2 millóns orzamentados inicialmente (a pagar entre deputación e concello) e que as expropiacións feitas pola administración local e erroneamente taxadas pasan de 867.000 € a máis de 3 millóns de euros. (ver http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2011/10/11/0003_201110P11C19914.htm ) O curioso das dúas novas é no momento que se producen, en plena crise e cando máis que nunca seria necesario loitar contra a pobreza, e cun equipo de fútbol local propiedade d...

Desde a orfandade o meu apoio o 20-N para EQUO

Imagem
“Non somos un partido en busca de persoas, somos persoas en busca dun partido” Juan López de Uralde Xoán Hermida Son un dos moitos e moitas que levamos máis dunha década votando ‘en contra de’ e lugar de ‘a favor de’ . En realidade poida que no meu caso sexa máis tempo pois nos últimos anos da militancia partidaria eran elementos de descarte os que primaban nas miñas opcións. Sempre defendín a necesidade de proxectos nacionais vertebrados política e organizativamente sobre a diferente realidade económica e social, territorial e política de Galicia. Nunca defendín proxectos do ‘nacionalismo ideolóxico’ pero si a necesidade da vertebración do que poderiamos chamar ‘nacionalismo cívico’ . Desde hai anos levo plantexando a necesidade da renovación da esquerda fronte a esquemas corporativistas, industrialistas, etnocentristas e antropocentristas da esquerda de finais do século XIX e a practica totalidade do século XX. Socialdemocracia e comunismo como dúas caras da mesma moeda en versió...

Co facil que seria si se deixasen controlar

Imagem
“Que as arbores non nos impidan ver o bosque” Xoán Hermida Estou convencido que o 2011 será interpretado historicamente, ao igual que o foi 1848, como un período de revolucións e movementos democráticos a escala rexional (mediterránea) desde Tel Aviv e Rabat, desde Atenas a Lisboa. Cando todo parecía indicar que o movemento 15-M ía ter o seu máximo inimigo nos ‘mass media’ ao servizo do statu quo e xa se comezaba a campaña de desprestixio previa á campaña de represión e ao posterior pasamento, xurdiu a ‘esquerda de toda a vida’, os intelectuais orgánicos e os liberados sindicais para poñer as cousas no seu sitio. Contase que coincidindo coas mobilizacións masivas contra o pacto do euro, que en toda Europa convocaron as centrais sindicais e aquí o movemento de ‘indignad@s’, o actual secretario de CC.OO, Ignacio Fernández Tojo , comentou no seu entorno a necesidade de desactivar ao movemento 15-M porque puña en cuestión a hexemonía e a estratexia sindical. Algo parecido debeu pensar no ...

O bipartidismo morreu, viva o bipartidismo!

Imagem
Xoán Hermida O bipartidismo é algo máis cunha representación deformada da vontade popular que se expresa na preponderancia da bipolaridade en detrimento da pluralidade existente. É unha cultura política, unha forma de entender o debate social, un modelo democrático anoréxico. Mesmo máis ala forma parte do modelo dualista na que se move o pensamento occidental desde hai séculos. Pero non nos (auto) enganemos. O bipartidismo existe porque vivimos nunha cultura da bipolaridade, do branco e o negro, onde as tonalidades e a análise ‘dos matices’ desaparecen. Onde o pensar é unha actuación de librepensadores perigosos e a maioría dos intelectuais son ‘orgánicos’, indistintamente do órgano en cuestión. Unha cultura política onde a percepción diferente se converte en disidencia. A cultura da trincheira que hai anos explicaba con moita retranca o amigo Manolo Crisanto , hoxe irremplazable en Sada e en Galicia. Pero ademais disto, que xa é complicado de superar, o bipartidismo necesit...

A conspiración segundo Marx ... Groucho, por suposto !

Imagem
Desde que apareceu BenComún, hai agora dous meses, non pararon de aparecer especulacións sobre a nosa orixe. Hoxe esas especulacións acadaron un rango ‘institucional’ tanto en canto o MGS afirma na prensa que somos xunto cos alcaldes ‘críticos’ do BNG lobby´s ao servizo de +G. En realidade isto amosa unha vez máis o grado de desnorte que algúns teñen co que esta a ocorrer: revolucións árabes, 15-M, cambio de ciclo político,... así que tampouco hai que tomalo moi en serio polo que fixen un relato de ficción que de seguro algún chegará a crer que é realidade. A historia que ven a continuación é irreal, calquera parecido coa realidade é pura coincidencia. Pura coincidencia? En realidade soa máis crible que algunha reflexión que sobre o que esta a pasar elabora algún grupo e/ou facción. O lamentable é que mesmo a pesar de que algúns se profesan marxistas, o capitulo da dialéctica o deberon de saltar na ‘escola de formación’ do Partido porque soamente miran conspiracións por tod...

Hexemonía social e axenda política

Imagem
Xoán Hermida Hai seis meses en Libia comezou unha revolta cidadá como parte do proceso único e inseparable que se estaba a dar en todo o mundo árabe, iniciado en Tunicia e Exipto. A ‘resistencia’ de Gadaffi tivo dúas consecuencias directas. Permitir a Estados Unidos e os seus aliados introducirse nun conflito do que quedara fora de xogo namentres se adicaba a construír o mito do islamismo radical que eles mesmo chegaron a crerse. Conseguir que o efecto domino se atascara e as revoltas en Siria, Bareín, Marrocos, Iemen,… fracasaran polo do momento. Pero tivo, ademais, unha terceira consecuencia indirecta: situar en portada das axencias e dos medios de comunicación internacional a guerra en Libia e converter ao ditador asasino Gadaffi nun novo símbolo do antiimperialismo, avalado na esfera internacional por Hugo Chaves e Daniel Ortega. Seis meses despois, e nos días que se esta a librar a batalla final en Trípoli, a noticia está a ser desprazada pola visita do papa B...