Mensagens

A mostrar mensagens de março, 2010

Marqueting empresarial e moita cara !

Imagem
Xoán Hermida Ao igual que pasou no seu día co movemento hippie que o sistema ten unha capacidade de asimilación ilimitada é algo que xa intuíamos, pero nos últimos tempos a desfachatez dalgunhas empresas e gobernos por limpar a súa imaxe, non ten parangón. Agora ben, para que unha empresa ou institución poida lavar a cara normalmente se teñen que dar dúas premisas imprescindibles. En primeiro lugar, a existencia de propostas facilmente asimilables polo propio sistema. Isto é, non superadoras do mesmo senón fundamentalmente elementos de mellora racional que despois dun tempo dando froitos relativos estean maduras como para poder ser asimiladas polo mesmo. En segundo lugar, algunha iniciativa global ou ONG que estea disposto a montar unha campaña –publicitaria- na que teñan cabida as empresas ou institucións como elemento central da mesma. A fortaleza dos departamentos de comunicación das empresas e gobernos teñen alcanzado tal grado de perfección que a manipulación mediatica totalitaria...

Anticapitalismo e xustiza climática

Imagem
Esther Vivas O cambio climático é, a día de hoxe, unha realidade innegable. O eco político, social e mediático do cumio de Copenhague, en decembro 2009, foi boa proba diso. Un cumio que mostrou a incapacidade do propio sistema capitalista de dar unha resposta crible a unha crise que el mesmo creou. O capitalismo verde apúntase á carreira do cambio climático, achegando unha serie de solucións tecnolóxicas (enerxía nuclear, captación de carbono da atmosfera para o seu almacenamento, agrocombustibles, etc.) que xerarán maiores impactos sociais e ambientais. Trátase de solucións falsas ao cambio climático que tentan esconder as causas estruturais que nos conduciron á situación actual de crise e que buscan facer negocio coa mesma, á vez que expoñen a contradición entre o cálculo curtoplacista do capital e os ritmos longos do equilibrio ecolóxico. Neste contexto, é urxente un movemento capaz de desafiar o discurso dominante do capitalismo verde, sinalar o impacto e a responsabilidade do actu...