Mensagens

A mostrar mensagens de março, 2012

Non valen escusas

Imagem
Xoán Hermida Non foi nin unha casualidade nin tampouco unha conspiración. Algúns viñamos observando, de certo que non pasivamente, como existía unha corrente de fondo, en maior medida no BNG pero tamén no PSdG, que esixía cambios para re-conectarse cunha sociedade cada vez máis alonxada dos partidos. O movemento d@s indignad@s, ao marxe das súas propostas concretas máis ou menos certeiras, veu a situar enriba da mesa unha desafección clara e rotunda da cidadanía cara aos partidos tradicionais e as formas que estes teñen de entender a política. Tratábase maioritariamente de xente nova que nin tan sequera entrara a formar parte dos mesmos, por que algo lle cheiraba mal nas súas dinámicas internas. Unha sensación que por outro lado tiñamos vivido aqueles que noutro tempo participamos das estruturas partidarias. Hai uns meses tiven ocasión de asistir a un debate sobre os vintecinco anos do parlamento galego. Nesa mesa redonda, e a pesar de que nela participaban algúns dos analistas máis si...

Empatía, responsabilidade ética e tolerancia

Imagem
Xogo Ruín Aquel neno pincháballe os ollos ós paxaros; e gustáballe ver saír esa gotiña de aire e de luz, ese rocío limpo de mañanciñas frescas. Logo botábaos a voar e ríase de velos topar contra o valado da súa casa, con un ruído moi triste. Creceu e foi de aqueles. Luís Pimentel Xoán Hermida Pódese imaxinar alguén máis inocente que un cativo ou unha cativa. Difícil ! Este poema impacta, non deixa indiferente. Seguramente pensemos cando di ‘foi de aqueles’ na persoa exacta. Viranos á cabeza aqueles que trafican cos soños dos demais e humillan, torturan e asasinan a outros seres humanos. Pero ben poderían facelo, e de seguro que o fan, con outros seres non humanos. Porque o mecanismo de vileza é o mesmo. Recordo ter lido, non lembro onde, que durante a guerra ‘civil’ o famoso toureiro ‘Manolete’ distraia aos seareiros toureando presos políticos. Que estampa máis terrible! Seguramente corearían ‘Olé!’ coa mesma intensidade que a outra tarde ás cinco no tendido de sol coreaban ‘Olé!’ ca...