Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta movementos sociais

O tempo da mimosa esta por chegar

Imagem
En memoria de Miguelito e Loli, Os rostros amables da xeración mimosa Xoán Hermida O pasado venres 18 de marzo celebrouse un acto de recordo a Miguel Munín ‘Miguelito’ na Facultade de Económicas e Empresariais que tivo a ‘maxia’ de facernos retroceder as asembleas estudantís dos anos oitenta. No acto interveu o que fora o primeiro reitor nacionalista, Ramón Villares , que recordou que a loita estudantil contra a carestía da vivenda dos oitenta fora moi superior en intensidade das revoltas do 68 na Universidade de Santiago de Compostela e que os CAF supuxeran o verdadeiro cambio xeracional da esquerda desde a guerra. Tiven ocasión hai un ano, con motivo dunha xuntanza onde nos viramos varios compañeiros daquela época, de escribir un artigo titulado ‘Xeración Mimosa’ que transitaba como sigue: “Hai algún tempo alguén falou da xeración CAF para lembrar a toda aquela xente que na década dos oitenta tivemos a ocasión e participar naquel proxecto tan interesante como contraditorio que se ch...

Dous xeitos curiosos de enfocar os ‘problemas sindicais’

Imagem
De todos é sabido como o emporio INDITEX é un autentico fortín para as demandas sindicais e laborais, fundamentalmente na súa produción deslocalizada no Sur, pero tamén aquí. A pesar diso hai pouco a CGT foi quen de incorporarse á representación sindical en ‘Zara Logistica’. Dato este inicialmente positivo. Curiosamente o pasado 20 de decembro a CGT de Galicia subía a súa web dúas novas aparentemente diferentes tanto na súa dimensión como no seu contido. Pode ser casualidade pero o estilo agresivo nun caso e condescendente noutro non deixa de ser máis que chamativo cando o que se trata é de ser agresivo coa organización AMARANTE Setem que leva tempo sendo molesta para os intereses dos negocios do señor Amancio Ortega. Non é motivo deste breve Post clarificar as falsidades que xa AMARANTE Setem ten desmentido en diversos comunicados sobre os datos que desde a CGT (e máis da CUT) se verten sobre ela. En todo caso resulta cando menos pouco estético subir a web no mesmo día dúas novas: unh...

Sindicalismo galego sen ataduras

Imagem
Xoán Hermida Hai pouco cumpríase o 25 aniversario do nacemento da CXTG e como se de un pantasma se tratara faise case imposible atopar en internet noticias ou imaxes do seu curto pero intenso vagar. A experiencia do “sindicalismo galego sen ataduras” apenas durou 9 anos pero seguramente sexan os máis intensos do movemento obreiro galego organizado e máis aló da autoorganización asociativa deste pais. Tiven a grande fortuna de poder participar durante algúns anos nesa experiencia e teño no meu haber, sempre desde o meu punto de vistas moi suxeitivo, de ter sido o único membro do consello confederal da CXTG de ter votado en contra da súa acta de defunción para ser absorbido pola INTG no que os estrategos da UPG chamaron CIG. O meu voto en contra, daquela entendido como unha expresión de sectarismo incomprensible nos que me coñecían, adquire unha nova perspectiva tras varios anos nos que se foi asentando un sindicalismo arcaico, corporativista, funcionarial e de mecanismos de loita máis p...