Mensagens

A mostrar mensagens de agosto, 2009

E POLANCO REENCARNOUSE

Imagem
Hoxe La Voz de Galicia publica un artigo de Santiago Rey Fernández-Latorre que máis que un editorial ( que sempre estivo ausente no rotativo coruñes ) poderiase considerar un manifesto. Parece incrible a relación de intencións de dito artigo, pois cabe recordar que é o mesmo rotativo que se xactaba de derrubar un goberno democrático en marzo pasado e fai un días recibiu máis de un millón de euros da "nova" administración autonómica. En fin. Xa temos un novo Polanco que salve a nosa democracia e o noso autogoberno. O señor Rey Fernandez-Latorre dixit: "Mañana cumpliré 71 años. Llevo cincuenta años en la nómina de La Voz de Galicia. He contribuido, en la medida de mis fuerzas, a la restitución de las libertades y la democracia, en cuya defensa me encontrarán siempre. Mano a mano con el mejor galleguismo de nuestra historia he trabajado para que Galicia viese reconocidos sus derechos. Esas nobles causas me arrostraron multas, incomprensión, presiones inenarrables. Pero g...

NON ESQUECER HONDURAS

Imagem
CASE DOUS MESES DESPOIS O GOLPE DE ESTADO EN HONDURAS, MICHELETTI SEGUE NO PODER, A COMUNIDADE INTERNACIONAL “LASSER FAIRE” ... E AS ONGDs SEGUEN DESAPARECIDAS A volta dos militares ao poder nun país de América Latina faise en condicións e circunstancias moi diferentes as que caracterizaron esta rexión na década dos 70 e 80. O impulso do modelo neoliberal a partir da década dos 90 serviu para crear as condicións para unha democratización da zona e construír un novo modelo político onde nos venderon que os militares xa eran parte do pasado. En realidade era así porque non existían alternativas antisistemicas na zona que puxeran en perigo a hexemonía do capitalismo ou do dominio norteamericano. A extensión de movementos socio-políticos acompañados de trunfos electorais en Venezuela, Bolivia, Ecuador,… teñen cambiado esta situación e volven a activar os mecanismos de intervención de USA na zona (non debemos esquecer que antes deste golpe houbera intentonas en Venezuela e Bolivia). Por ou...

A HISTORIA DAS COUSAS

Annie Leonard

MEDIOS DE COMUNICACIÓN E/OU AXENTES DE INFORMACIÓN

Imagem
Xoán Hermida Cando naceu o meu fillo unha amiga agasallounos cunha maleta onde meteu todos os medios escritos daquela data coa intención de que co tempo recordara cales eran as novas que estaban de actualidade durante aquela xornada tan importante para el. Obviamente as noticias que aparecían nos xornais daquel día estaban manipuladas ou mutiladas, e non todas aparecían en toda a súa dimensión e importancia, mesmo as había que non aparecían. Á fin e ao cabo xa sabiamos que as crónicas as determinan os poderes políticos ou económicos/mediáticos dominantes. Co tempo volvín reler aqueles xornais e, aínda que xa pasaron máis de seis anos, a situación de transparencia informativa non ten mellorado moito, máis ben o contrario. E digo isto porque os de xullo de 2003 non eran precisamente bos tempos para a lírica. A globalización xa impuxera a súa cerrazón informativa, intensificada pola guerra global contra o terrorismo internacional acabada de iniciar, onde soamente medios coma Al Yasira esc...

HAI FOLLA DE RUTA ?

Imagem
Xoán Hermida Nun artigo publicado en Vieiros tra-las eleccións autonómicas do pasado mes de marzo afirmaba que a derrota do BNG abre un proceso de incertidume, pero tamén apaixonante para a esquerda. E comentaba en dito artigo: “Pero equivocariámonos se a solución fose volver recrear o BNG (pre-Quintanista) sen sacar as conclusións dos erros do pasado e sen ter en conta as novas dinámicas existentes na Galiza de hoxe, moi diferentes ás de 1982. Seguramente, o proxecto resultante ten que ter un peso clave das persoas que hoxe, cunha actitude crítica, militan no BNG, pero sería un erro de dimensións históricas reducir a nova forza resultante a unha mera escisión que pelexe polo espazo electoral co BNG. O proceso de refundación da esquerda galega ten a súa masa crítica na esquerda social hoxe non afiliada ao BNG nin ao PSOE. Debera ser unha forza plural pero claramente antisistémica, e polo tanto, que constrúa unha táctica electoral ao servizo dun proxecto estratéxico de cambio. Nese sens...

HUMANIDADE, SOCIEDADE E ECOLOGIA: O AQUECIMENTO GLOBAL E A ALTERNATIVA ECO-SOCIALISTA

Imagem
Daniel Tanuro Este é um enorme desafio ao socialismo, mas uma revisão completa é desnecessária. Existe um conceito nos escritos de Marx que nos pode ajudar: o conceito de gestão racional do metabolismo social, das trocas materiais entre a humanidade e a natureza. De facto, as alterações do clima são precisamente o resultado da gestão irracional do metabolismo social: a economia mundial emite cerca de 10 gigatoneladas de carbono por ano para a atmosfera, o dobro da capacidade de absorção das florestas e dos oceanos.Construir uma alternativa não só socialmente racional mas também ecologicamente racional para este sistema irracional terá consequências vastas para o projecto socialista. O socialismo apenas faz sentido se o novo poder de produtores associados – outra definição clássica de socialismo – continuamente mas radicalmente substituir o sistema produtivo capitalista por um totalmente diferente, baseado num sistema energético diferente. Isto significa diferentes sistemas baseados em...

UNIDADE, A NECESARIA ... CONVIVENCIA, SEMPRE

Imagem
Xoan Carlos Carreira Por outra banda, a unidade, tal e como é entendida na maioría dos casos, é a resposta a unha necesidade conxuntural, un bo instrumento que axuda ás organizacións e institucións a conseguir obxectivos moi definidos e/ou a afrontar ameazas internas e, sobre todo, externas. Sen embargo a unidade parece un instrumento menos útil para as situacións de normalidade ou a consecución obxectivos matizábeis e variados.A unidade ou é libremente aceptada ou acaba rachando. Manter a unidade mediante a imposición é inxusto e insostible a longo prazo. Unha organización formada por persoas que se odian non está capacitada para construír nada e nela, a unidade é un sarcasmo inútil. Só unha organización onde exista compañeirismo e fraternidade pode contribuír a construír unha sociedade máis xusta e humana. Ver tudo o artigo en: http://www.vieiros.com/columnas/opinion/924/unidade-a-necesaria-convivencia-sempre