REVISIONISMO HISTORICO
Conmemorase o 70 aniversario da entrada das tropas nazis en Polonia que en termos militares supón a “casus belli” do inicio da chamada II Guerra Mundial. Unha vez mais, e xa ben sendo insultante, o revisionismo histórico e os medios de comunicación da globalización pretendennos convencer da igual responsabilidade de nazis e comunistas, alemáns e soviéticos do inicio da contenda. O pacto Ribbentrop-Molotov, perigosamente tacticista, ou o caracter dictatorial do réxime stalinista non pode servir de cortina de fume para ocultar a traizón dos gobernos occidentais á república española, a permisividade na absorción de Austria en marzo de 1936, a anexión dos Sudetes en setembro de 1936, aprobada en Múnich, e a posterior entrada en Praha en marzo de 1939. Tampouco poden silenciar o papel clave da cidadanía da Unión Soviética na victoria dos aliados, que cun maior número de baixas civís, foron os auténticos heroes que segundo Churchill: “destriparon as entrañas do aparato militar nazi”. Cabe re...