Mensagens

A mostrar mensagens de junho, 2011

Os abaixo asinantes

Imagem
Xoán Hermida Como ben sendo habitual, tras unhas eleccións onde a derrota da esquerda é máis que evidente, póñense en marcha manifestos dos ‘abaixo asinantes’ que no mellor dos casos fan unha diagnose clara sobre o que esta a acontecer ou advirten dos perigos, varios e múltiples, que nos asexan aos cidadáns e as cidadás no caso de que o rumbo non se enderece por parte dos patróns ao mando das embarcacións da esquerda ‘oficial’. Tamén soe pasar, que co tempo as augas volven a normalidade, e os aparatos dos partidos se fan co mando ata un novo naufraxio e na espera de que o seguinte non sexa o último. Eu mesmo veño de asinar xunto con outro grupo de cidadáns e cidadás do que poidamos chamar ‘esquerda sufridora’ un novo chamamento e avalar unha nova iniciativa. BenComún , que así se chama, nace no medio dun naufraxio particular, pois o vendaval esta vez non ven provocado pola dereita senón por unha cidadanía disposta a que esta situación non sexa unha máis. E así debe ser, pois de seguro...

O que fai falta

Imagem
Xoán Hermida Cústanos a todas e todos, cidadanía, medios de comunicación, organización sociais, e sobre todo aos partidos políticos entender o que esta a ocorrer. Algúns aínda están preguntándose os porqués desta rebelión cívica dos mozos e mozas iniciada o 15M. Algúns aínda están buscando aos conspiradores. Pois, voulles a dicir a verdade, si houbo conspiración. Lévanse reunindo ano tras ano en Dávos, nos cumios do G-8, nas executivas do FMI e do Banco Mundial, nos reservados das reunións da Organización Mundial do Comercio. Conspiran contra a democracia, baleirándoa de contido e decidindo as entidades financeiras e as grandes corporacións a gobernanza do mundo, os destinos de todos e todas. Conspiran contra a humanidade e contra o planeta. Estamos nunha nova etapa e cumpre afrontala cunha nova mentalidade, caracterizada pola apertura, a xenerosidade e a actitude de indagar, crear e innovar. Os cidadáns e as cidadás da esquerda política e social, ata agor...

O espírito de Kruschev

Imagem
Xoán Hermida Pasaron seis meses desde o inicio das revolucións democráticas árabes e algúns aínda están buscando a orixe da conspiración. Un mes despois de que as rúas se encheran de xente reclamando democracia real, os departamentos de control dos partidos de esquerda (e tamén por suposto da dereita) aínda non acaban de entender o que esta a pasar. Tras uns primeiros momentos de confusión, e visto que as campañas de descrédito non facían o efecto desexado, acharon a solución: deixar que a onda pase e que baixe a marea da indignación. Esta non é unha táctica nova pero eu aconsellaríalles non apostaran tódalas súas bazas á mesma porque poden levarse algunha nova sorpresa. Primeiro, en clave global, porque estamos a vivir a segunda onda de cambios tralo inicio da globalización e estes que se están a producir no mundo árabe, a diferenza da primeira onda que se iniciou hai unha década en América Latina , dáse nun contexto de crise sistémica e de fartazgo que posibilitan que se estenda sen ...

Iniciativa BenComún

Imagem
DESDE A INDIGNACIÓN PREPARANDO O FUTURO NECESITANSE NOVOS ENFOQUES PARA NOVOS HORIZONTES O movemento cidadán 15-M e os resultados das pasadas eleccións municipais do 22-M puxeron de manifesto unha enorme desafección polas actuais fórmulas de participación política dun sector cada vez máis amplo da poboación. Unha desafección que prexudica unicamente a esquerda, que leva sen renovar practicas políticas, discursos, actitudes e estruturas os últimos vinte anos. O xurdimento do movemento 15-M, alén do seu alcance concreto, é o síntoma de que algo non vai ben e de que o sector da poboación máis dinámico percibe que a armazón político-representativa e a cultura política xurdidas da transición están esgotadas: precísase de novos espazos de participación e de novos interlocutores para a mediación. Desde hai anos a indignación medra entre as persoas de esquerda que, formando ou non parte da súa base asociativa, somos parte da súa base sociolóxica e electoral. As últimas eleccións demostraron qu...