Que é iso de "refundar" a esquerda ?
Xoán Hermida Así que o pasado sábado 5 de xuño en Compostela iniciouse o proceso de “refundación” da esquerda galega sen a presenza da maioría das mulleres e homes de esquerda deste país. Fun convidado persoalmente a ese acto de “refundación” ao que non asistín porque o interpretei máis como un acto electoral dun partido en horas baixas que como unha aposta real pola unidade e renovación da esquerda. Tamén quero aclarar antes de nada, e para evitar malos entendidos, que me parece ben que se celebren eses actos e que calquera iniciativa en favor da unidade, aínda que desde o meu punto de vista parta de premisas erradas, é positiva. Dito isto, algunhas reflexións e apostas. Tras máis dunha década eliminando “críticos” e “traidores” a actual dirección de IU debería facer unha seria reflexión autocrítica sobre o proceso vivido desde a década dos noventa ata hoxe, se realmente quere ter a autoridade política para iniciar un proceso destas características. Non se pode falar de liberdades nac...