‘Queimádeme, que maña, onde prendades a fogueira, levantará a historia unha estatua para mín. Eu sei que me condena a vosa demencia suma, ¿por qué? ... Porque as luces busquei da verdade, non na vosa falsa ciencia que o pensamento atafega con dogmas e mitos roubados a outra idade, senón no libro eterno do Universo mundo, que encerra entre os seus folios de inmensa duración; os xermes benditos dun porvir fecundo, baseado na xustiza, fundado na razón.’ A xeito de epitafio, 1600. Giordano Bruno Xoán Hermida Un xa viña acostumado a ver como xente de esquerdas era vilipendiada durante a súa vida pola única traizón de ser cidadán e non súbdito, de ter un pensamento propio e pensar diferente ao que decidían os que mandan. Existe en Galicia, e tamén nas comarcas, notarias que expenden o certificado de nacionalistas e de esquerdistas. Para a súa obtención o funcionario oportuno, ao igual que facía a policía do antigo réxime, pídeche un certificado de penais que obtés no departamento de formació...