Mensagens

A mostrar mensagens de fevereiro, 2011

Non é abril de 1974, é febreiro de 2011

Imagem
Xoán Hermida Aínda polo que puidera parecer os cravos non son da revolución portuguesa senón da revolución exipcia. Con case trinta e oito anos de diferenza e a case dous centos vintedous anos da revolución francesa os anceios das revolucións da cidadanía seguen a ser os mesmos a pesar das diferenzas de épocas e das distancias xeográficas. ‘Liberté, Egalité, Fraternité’ en 1789, ‘Земли, мира и ПАН‘ en 1917, ‘الحرية والكرامة, برامج العمل الوطنية’ en 2011. Porque máis de 200 anos despois as consignas da revolución francesa seguen a ser tan actuais?. Será que en realidade as ‘liñas forte’ da revolución francesa van máis aló do propio carácter de clase de dita revolución. As demandas da revolución republicana e liberal non eran so as demandas da burguesía en ascenso, senón da cidadanía no seu conxunto. As súas demandas seguen a estar pendentes para a maioría da poboación do planeta. Haberá que esperar as revolucións democráticas de 1848 para que a corrente democrática percorrera Europa eme...