A conspiración segundo Marx ... Groucho, por suposto !
Desde que apareceu BenComún, hai agora dous meses, non pararon de aparecer especulacións sobre a nosa orixe. Hoxe esas especulacións acadaron un rango ‘institucional’ tanto en canto o MGS afirma na prensa que somos xunto cos alcaldes ‘críticos’ do BNG lobby´s ao servizo de +G.
En realidade isto amosa unha vez máis o grado de desnorte que algúns teñen co que esta a ocorrer: revolucións árabes, 15-M, cambio de ciclo político,... así que tampouco hai que tomalo moi en serio polo que fixen un relato de ficción que de seguro algún chegará a crer que é realidade.
A historia que ven a continuación é irreal, calquera parecido coa realidade é pura coincidencia. Pura coincidencia? En realidade soa máis crible que algunha reflexión que sobre o que esta a pasar elabora algún grupo e/ou facción. O lamentable é que mesmo a pesar de que algúns se profesan marxistas, o capitulo da dialéctica o deberon de saltar na ‘escola de formación’ do Partido porque soamente miran conspiracións por tod...