Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta democracia

Do bipartidismo asimétrico ao monopartidismo imperfecto

Imagem
Xoán Hermida Eran moitas as interrogantes postas nas eleccións do 20-N. A menor de todas era sobre que ía gañar as eleccións xa que isto estaba claro hai bastantes meses. As dubidas viñan fundamentalmente sobre como ían a resituarse as esquerdas diante da nova etapa política e como o movemento 15-M podía condicionar o voto no marco da propia esquerda. O resultado electoral das pasadas eleccións xerais teñen unha lectura maior e outras menores. A maior creo que parece evidente: fortalecese a hexemonía política e social da dereita. Un proceso que se ben tivo o seu paréntese durante a etapa do goberno Zapatero impulsado fundamentalmente polo descontento social coa xestión do Prestige e coa política militarista do goberno de Jose Maria Aznar , tratase dun proceso estrutural que vai dándose desde a década dos oitenta en consonancia coa hexemonía planetaria dos neocom e cos gobernos neoliberais de Ronald Reagan e Margaret Thatcher que marcaron a pauta e puxeron en evidencia a crise do mo...

Solidariedade co pobo sirio

Imagem
Desde Marrocos a Bahréin a reivindicación é a mesma: un cambio pacífico e radical que instaure unha democracia que ampare os dereitos sociais e económicos da maioría Hai meses que amplos sectores da sociedade siria uníronse á esperanzadora onda cívica que percorre o Magreb e o Machreq baixo a denominación de “primavera árabe”. Con todo, a primavera siria tornouse nun terrible baño de sangue. Milleiros de manifestantes pacíficos foron asasinados as forzas de seguridade do réxime de Bachar Al-Asad , que non dubidou en recorrer ao bombardeo de cidades e pobos. Un número aínda máis elevado de persoas foron detidas e sistematicamente torturadas. Os dereitos humanos básicos, desde o dereito á vida ao de expresión, están a ser masivamente violados polas autoridades sirias nun país pechado á información independente. Quen subscribimos esta declaración queremos expresar a nosa condena por estes feitos: non hai xustificación posible para esta guerra aberta que o réxime sirio libra impunement...

O ano da morte de Bin Laden

Imagem
Xoán Hermida Bin Laden non morreu, como poida pensar a opinión pública, o 1 de maio de 2011. Ese día so se produciu a súa execución seguindo os pasos da ‘cultura’ norteamericana forxada no ‘lonxano oeste’ onde o sherif borracho aforcaba ao pistoleiro sen que mediara esas cousas tan engorrosas do dereito como tribunais, xurado, defensa e xuízo xusto. Pero Osama xa morrera varios meses antes. Fora vítima das revolucións democráticas árabes, morrera o 17 de decembro de 2010, data de inicio das mobilizacións cidadáns da ‘Revolución dos Xasmíns’ tunesina e foi rematado no comezo da ‘Revolución Branca’ o 25 de xaneiro de 2011 na Praza Tahrir de Exipto. Resulta ‘curioso’ que tras dez anos dos atentados das torres xemelas, incluida a invasión de dous países e a guerra sucia noutros, se carguen a Bin Laden cando xa estaba amortizado para os intereses americanos. O inicio das revolucións árabes, que como xa teño comentado noutros artigos pillou a contrapé aos servizos de intelixencia israelí e...

A imparable marcha da liberdade

Imagem
Xoàn Hermida Recoñezámolo. estabamos nos biosbardos! Dez anos de constante intoxicación conseguiron que mesmo aqueles que pensabamos que 'outro mundo é posible’ aceptaramos como interpretación do que estaba a ocorrer nos países árabes a versión interesada impulsada polos poderes políticos e económicos acompañado polos grandes ‘mass media’ e por unha pléiade de articulistas, comentaristas, tertulianos,... Pois non!. Non era o islamismo radical, nin tan sequera era o islam, o ‘ construtor ’ dunha nova sociedade para aqueles cidadáns fartos de ver como a súa dignidade e liberdade vese asoballada por sátrapas interpostos polos poderes do norte. Falamos de choque de civilizacións, pero no fundo estabamos a pensar en choques de relixións. E aínda que é evidente que hoxe tócalle ao mundo musulmán pasar a súa peculiar idade media que a Europa lle tocou padecer ata hai cinco séculos, a verdade é que a relixión islámica nunca tivo as contradicións que o cristianismo tivo coa ciencia. Outra c...

Non é abril de 1974, é febreiro de 2011

Imagem
Xoán Hermida Aínda polo que puidera parecer os cravos non son da revolución portuguesa senón da revolución exipcia. Con case trinta e oito anos de diferenza e a case dous centos vintedous anos da revolución francesa os anceios das revolucións da cidadanía seguen a ser os mesmos a pesar das diferenzas de épocas e das distancias xeográficas. ‘Liberté, Egalité, Fraternité’ en 1789, ‘Земли, мира и ПАН‘ en 1917, ‘الحرية والكرامة, برامج العمل الوطنية’ en 2011. Porque máis de 200 anos despois as consignas da revolución francesa seguen a ser tan actuais?. Será que en realidade as ‘liñas forte’ da revolución francesa van máis aló do propio carácter de clase de dita revolución. As demandas da revolución republicana e liberal non eran so as demandas da burguesía en ascenso, senón da cidadanía no seu conxunto. As súas demandas seguen a estar pendentes para a maioría da poboación do planeta. Haberá que esperar as revolucións democráticas de 1848 para que a corrente democrática percorrera Europa eme...