Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta Altermundismo

O grande erro da esquerda

Imagem
Xoán Hermida Hai uns días o profesor Vicenç Navarro publicaba un artigo co titulo ‘O grande erro da socialdemocracia’ . Sen querer puntualizar nin o máis mínimo o correcto argumentario de dito artigo onde se analizan as dúas visións na socialdemocracia alemá e por extensión a europea, creo non obstante que o erro da socialdemocracia, e da esquerda en xeral, hai que buscalo máis aló daqueles puntuais que esta teña cometido na última década. A esquerda en xeral, socialdemócrata ou radical, leva varias décadas en crise ao non ter construído unha alternativa crible e aceptable pola maioría, situándoa non máis aló da mera xestión progresiva do capitalismo. Tras a caída do muro de Berlín, co colapso económico e social do modelo burocrático e totalitario staliniano, era cuestión de anos que o modelo socialdemócrata tamén entrara en crise. O modelo de Bretton Woods , deseñado nas postrimerías da 2ª Guerra Mundial, atopábase con dúas eivas para poder globalizarse: unha de cuestión política, a ...

Notas críticas sobre a esquerda e Libia (recunquemos logo!)

Imagem
Xoán Hermida O conflito Libio non so ten posicionado de xeito diferente as esquerdas políticas europeas entre as partidarias da intervención internacional ( BdE, ERC, ICV, parte do Die Linke, Europe Ecologie,,.. ) e os contrarios ( PCP, BNG, e a outra parte do Die Linke ), senón tamén aos pensadores da esquerda en xeral e aos altermundistas en particular. Nestas semanas teñen proliferado artigos con posicionamentos e matices, a ter en conta. Particularmente atractivos intelectualmente son os escritos que nos teñen deixado Immanuel Wallerstein, Sami Naïr, Noam Chomsky, Tarik Ali, Grégoire Lalieu a Jean Bricmont, Eugene Robinson, Daniel Iriarte, Ignacio Ramonet, Juan Cole, Jordi Calvo ou aquí no noso país a sempre contundente visión de Xose Manuel Beiras , a netamente pacifista de Lupe Ces ou a fresca e documentada mirada de Antom Fente . De seguro que a medida que o conflito Libio se enquiste e as revolucións árabes avancen ou afoguen iranse producindo novas miradas e matizando algunh...

É posible un ecosocialismo galego

Imagem
a Loli Mariño que nos ensinou o valor da ecoloxía nun tempo en que as pequenas cousas aínda nos soaban excéntricas Xoán Hermida Tiven a ousadía no ano 1997 de publicar un artigo en 'El Correo Gallego' onde se mencionaba por primeira vez en Galicia o termo ecosocialismo. En realidade aínda faltaban tres anos para que Joel Kovel e Michael Löwy publicaran o manifesto ecosocialista, pero iso non quere dicir que eu estivera a inventar algo novo, pois xa algunhas forzas políticas de Europa e social de Latinoamérica xa comezaban a utilizar esa denominación. Así que a ousadía se debía máis a que sendo eu o primeiro en utilizar esa terminoloxía sabia que ía a atoparme con dúas cuestións que no debate político se dan moito na nosa terra. A primeira é algo que se podería expresar na conceptualización 'iso é moi moderno, non ten nada que ver con nos’. A segunda, ligada á primeira, exprésase en algo así como ' Galicia é diferente, esa formulación pode valer para Catalunya ou Euska...

Intervención na Xunta de Accionistas do BBVA 2011 “Campaña BBVA sen armas”

Imagem
Jordi Calvo Bos días señores e señoras accionistas do BBVA, o meu nome é Jordi Calvo Rufanges e fálolles como membro do Centro Delàs de estudos pola paz en representación de diversos accionistas e da ‘Campaña BBVA sen armas’ integrada polas organizacións, Xustiza e Pau de Barcelona, o Observatorio da Débeda na Globalización e a Federación SETEM. A miña intervención é para mostrarlles que o BBVA é o banco español que máis inviste en armamento controvertido: armas nucleares, bombas de acio e armas de uranio empobrecido. O BBVA di ter unha normativa interna para limitar as operacións coa industria armamentística. É certo, pero de acordo coas nosas investigacións, sabemos que os fondos de investimento xestionados polo BBVA inclúen accións e bonos de 16 empresas que fabrican armas controvertidas, que o BBVA concedeu préstamos a 8 destas compañías desde 2006 e deu apoio a 4 delas na emisión de bonos e accións. Isto mostra que a súa normativa interna de financiamento do sector defensa non só ...

A imparable marcha da liberdade

Imagem
Xoàn Hermida Recoñezámolo. estabamos nos biosbardos! Dez anos de constante intoxicación conseguiron que mesmo aqueles que pensabamos que 'outro mundo é posible’ aceptaramos como interpretación do que estaba a ocorrer nos países árabes a versión interesada impulsada polos poderes políticos e económicos acompañado polos grandes ‘mass media’ e por unha pléiade de articulistas, comentaristas, tertulianos,... Pois non!. Non era o islamismo radical, nin tan sequera era o islam, o ‘ construtor ’ dunha nova sociedade para aqueles cidadáns fartos de ver como a súa dignidade e liberdade vese asoballada por sátrapas interpostos polos poderes do norte. Falamos de choque de civilizacións, pero no fundo estabamos a pensar en choques de relixións. E aínda que é evidente que hoxe tócalle ao mundo musulmán pasar a súa peculiar idade media que a Europa lle tocou padecer ata hai cinco séculos, a verdade é que a relixión islámica nunca tivo as contradicións que o cristianismo tivo coa ciencia. Outra c...

De novo as labregas

Imagem
Coa Sala Mozart do Auditorio de Galicia literalmente desbordada presentouse o libro de Tareixa Ledo “Lidia Senra Rodriguez. Historia de un liderazgo entrañable” , onde se fai un repaso do salto que para a conciencia feminista e labrega supuxo a etapa no que Lidia Senra estivo ao fronte da secretaria xeral do SLG e máis aló no papel que as mulleres labregas están a xogar na defensa da terra e da dignidade do país, cun equipo actual do sindicalismo agrario marcadamente feminino encabezado por Carme Freire . O acto de presentación do libro da editorial Laiovento converteuse nun acto de reivindicación do papel da muller labrega e moitas delas presentes durante o mesmo aportaron cos seus relatos unha forza e tenrura que aínda nos sorprende e emociona no mundo da loita política e social. Hoxe existen amplos sectores sociais enfrontados coa globalización capitalista, tanto nos seus aspectos sociais coma na defensa de diversas soberanías: ambientais, alimentarias, produtivas, lingüísticas... ...

Vitória ! E agora ?

Imagem
Brasil de Fato. Editorial 03/11/2010 Não há motivos para duvidar que a mulher que derrotou o tucano José Serra não medirá esforços para dar continuidade à política econômica do atual governo O que os movimentos sociais podem esperar do governo de Dilma Rousseff, que inicia em janeiro de 2011? Nada além daquilo que foi o próprio mote da sua campanha eleitoral: a continuidade do governo Lula. Não há motivos para duvidar que a mulher que derrotou o tucano José Serra nestas eleições não medirá esforços para dar continuidade à política econômica do atual governo, tentando promover crescimento econômico com distribuição de renda. Até onde isso será possível, sem atingir os interesses das grandes fortunas, que também foram beneficiadas por essa política econômica, e sem promover as reformas estruturais na economia e na política, essenciais para impulsionar a distribuição da riqueza e consolidar uma democracia em nosso país? Ir além das políticas assistenciais, um imperativo neste momento, sig...