Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta primavera árabe

Solidariedade co pobo sirio

Imagem
Desde Marrocos a Bahréin a reivindicación é a mesma: un cambio pacífico e radical que instaure unha democracia que ampare os dereitos sociais e económicos da maioría Hai meses que amplos sectores da sociedade siria uníronse á esperanzadora onda cívica que percorre o Magreb e o Machreq baixo a denominación de “primavera árabe”. Con todo, a primavera siria tornouse nun terrible baño de sangue. Milleiros de manifestantes pacíficos foron asasinados as forzas de seguridade do réxime de Bachar Al-Asad , que non dubidou en recorrer ao bombardeo de cidades e pobos. Un número aínda máis elevado de persoas foron detidas e sistematicamente torturadas. Os dereitos humanos básicos, desde o dereito á vida ao de expresión, están a ser masivamente violados polas autoridades sirias nun país pechado á información independente. Quen subscribimos esta declaración queremos expresar a nosa condena por estes feitos: non hai xustificación posible para esta guerra aberta que o réxime sirio libra impunement...