Notas críticas sobre a esquerda e Libia
Xoán Hermida Partidos da esquerda Europea como PCP, IU ou BNG teñen votado contra a intervención militar en Libia. Outros partidos de esquerda, algún mesmo de grande tradición pacifista, como ICV, ERC, Nafarroa Bai, Bloco de Esquerdas ou Die Linke teñen votado a favor. Isto indicaría, que máis aló da socialdemocracia oficial, a esquerda movese aínda entre o novo que tarda en nacer e o vello que se resiste a morrer. A cuestión está en saber diferenciar o importante do central. É o central e que por primeira vez desde 1848 hai un movemento de liberdade con globalidade nunha rexión e a esquerda non debería caer na trampa, unha vez máis, en defender ao 'noso antiimperialista’ de ocasión. Ese modelo bipolar, herdado da guerra fría, ten desarmado politicamente a unha esquerda que en lugar de crear un proxecto alternativo ten pasado o tempo elixindo entre o malo e o peor, máis preocupado en exercer de espectador ‘hooligan’ que en actor ‘transformador’. Eu non comparto, seguramente ninguén...