Good bye, Fraga!
Xoán Hermida O fraguismo so se desmantelará en Galicia cando se de-construían un a un tódolos mecanismos, estruturas e ferramentas creadas durante esa etapa. Tanto se estiveron ao seu servizo como se foron contrarios ao mesmo forman parte dun modelo político-institucional pasado que, lamentablemente, aínda sigue vixente. A Galicia de hoxe é froito de múltiples factores antropolóxicos, económicos, sociais, culturais e políticos que de xeito transversal nos teñen convertido en algo diferente e poliédrico. A Galicia político-institucional de hoxe, pola contra, é froito do esquema dun ‘conducator’, Don Manuel, con dous obxectivos claros e complementarios: construír un modelo político limitado e reducionista seguindo a súa teoría da maioría natural e do sistema de partidos bipartidista británico e de paso construír un neo-rexionalismo que destruíra a nación na que ás veces Galicia parecería querer converterse. Moito se ten falado sobre o porque da obsesión de Fraga coa barreira electoral do...