Non é abril de 1974, é febreiro de 2011
Xoán Hermida
Aínda polo que puidera parecer os cravos non son da revolución portuguesa senón da revolución exipcia.
Con case trinta e oito anos de diferenza e a case dous centos vintedous anos da revolución francesa os anceios das revolucións da cidadanía seguen a ser os mesmos a pesar das diferenzas de épocas e das distancias xeográficas.
‘Liberté, Egalité, Fraternité’ en 1789, ‘Земли, мира и ПАН‘ en 1917, ‘الحرية والكرامة, برامج العمل الوطنية’ en 2011.
Porque máis de 200 anos despois as consignas da revolución francesa seguen a ser tan actuais?.
Será que en realidade as ‘liñas forte’ da revolución francesa van máis aló do propio carácter de clase de dita revolución. As demandas da revolución republicana e liberal non eran so as demandas da burguesía en ascenso, senón da cidadanía no seu conxunto.
As súas demandas seguen a estar pendentes para a maioría da poboación do planeta.
Haberá que esperar as revolucións democráticas de 1848 para que a corrente democrática percorrera Europa emendando o corte ‘liberal’ no que o bonapartismo encallara a revolución.
Hoxe nos países árabes se esta a dar o proceso que viviu Europa nos anos corenta do século XIX.
Resulta curioso ver esta revolución dos cidadáns e das cidadás despois que durante tantos anos estivéranos advertíndonos co perigo do ‘islamismo radical’.
A día de hoxe moitas son as interrogantes que sobre o futuras das revolucións de Tunicia, Exipto e seguintes -e tamén sobre o futuro da rexión- pero indistintamente dos seus desenlaces ninguén pode cuestionar o carácter cívico, republicano e profundamente democrático de este movemento.

Ridiculiza aos servizos secretos israelitas e norteamericanos -estes últimos reconvertidos ao parecer desde o fin da guerra fría en axencia de chismes e murmuracións - , que non foron capaces de captar un movemento de fondo dunha poboación cada vez máis formada culturalmente e con maior nivel de demandas sociais e vitais, non primordialmente económicas.
Descoloca aos sisudos analistas preocupados polo ‘avance’ do integrismo nuns países onde os procesos de empoderamento se están a dar de igual xeito que no resto dos países do Sur. As relixións tenden a pasar as súas etapas ‘medievais’ e de seguro que os países árabes están nese momento, pero non debemos esquecer que os procesos de ‘renacemento’ danse tras un período de contradicións no seu seo e non pola exportación de modelos de outras latitudes.
Non deberiamos deixar de reflexionar sobre a nosa superioridade ‘etnocentrista’ occidental tendo en conta que ata hai pouco dabamos recomendacións de cómo vivir a unhas sociedades que en masa se teñen arriscado nas rúas e prazas de Tunicia e Exipto namentres que a nosa sociedade, na súa maioría, presenciou por televisión a longa agonía, posterior morte natural e fastos funerarios do noso ditador, deixando intactos os aparellos do estado herdados do franquismo.
Tunicia e Exipto, ao igual que a España dos setenta, son sociedades onde se ten producido un importante crecemento das forzas produtivas do país, pero a diferenza parece que eles acaban de saber resolver a contradición entre estas e as súas relacións sociais pola vía da ruptura.
En todo caso, ao igual que hai tres décadas, os cravos volven a aparecer nas rúas e prazas e seguro que algún ‘Xeneral Spínola’ se intenta facer co control da situación e de seguro que as ilusións dos seus promotores veranse varias veces frustradas, pero a sinal para os outros pobos esta dada.
E todo iso ademais coincidindo co Fórum Social Mundial en Dakar.
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
ResponderEliminar