21 de junho de 2010

Esquerda e crise

TEMPOS Novos organiza o debate "A esquerda ante a crise", onde distintas persoas vinculadas aos movementos sociais debaterán sobre a actual situación dos movementos de esquerda e as súas estratexias no actual contexto económico e social. Moderados por Marcos Pérez Pena, intervirán Alexandre Carrodeguas (Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol), Alfredo Iglesias (Altermundo), Alberto Lema (Redes Escarlata), Lidia Senra (Vía Campesina) e Xoán Hermida (Amarante). O encontro será posteriormente publicado no número de xullo da revista TEMPOS Novos.
O debate terá lugar na sala circular do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, ás 19h do xoves, día 24 de xuño.

2 comentários:

  1. A esquerda non ten alternativa ante a crise... pero a dereita tampouco. Hoxe, no encontro de emprendedores Eudardo Barreiros preguntei ao Director financeiro de Blu:sens, Ignacio Urdiales, logo da intervención de Emilio Fernández, Profesor de Ecoloxía da Universidade de Vigo, como se podería ser competitivos no mercado actual respectando o medio ambiente e os dereitos laborais.

    A súa resposta foi que se respectan tódalas normas CE, que se cumpre a normativa respecto ao medio ambiente e aos dereitos dos traballadores... e incluso prantaron unhas arbores diante da súa sede en Santiago de Compostela.

    Dixen que me parecía moi ben, pero insistín, e preguntei si cando se refire aos dereitos dos traballadores se refería exclusivamente aos que traballan en Galiza ou a todolos trabaladores que directa ou indirectamente producen para Blu:sens; si cando se refire ao respecto de normas medioambientais se refire aos espazos onde existen esas normas que, en China, por exemplo, non son as mesmas; ... pois si só se refería as normas de aquí, logo cumpre gransgredir fora normas que aquí se respectan "para poder ser compentitivos".

    Home, para iso non cumpre ser un xenio das finanzas. Non?

    ResponderEliminar
  2. Alguén me pode explicar que interese pode ter que fale Alberto Lema? Ademais non é membro das Redes Escarlata ou canto menos non fai efectiva a cota correspondente. O caché dos intelectuais de bar de Compostela.

    Alberto Lema nin é dirixente político, nin social, nin sindical nin tan sequera cultural. Por que se lle convida?

    A única explicación é a amizade que o xunta a Marcos Pérez Pena.

    Así vai Galicia, unha rede de amiguismos. E estes queren mudar o mundo?

    ResponderEliminar