Mensagens

A mostrar mensagens de junho, 2010

E quen organiza aos desencantados dos desencantados?

Izquierda Unida acaba de iniciar o seu proceso de refundación sen a participación da súa organización territorial de Asturias ( farta do control do PCE ) e co seu socio catalán, Iniciativa per Catalunya Verds - en pleno proceso de creación dunha “cooperativa” da esquerda federalista e verde onde participan a Chunta Aragonesista , Nueva Canarias , Iniciativa d'Esquerres de Baleares, Iniciativa del Poble Valencià (IdPV), además da plataforma andaluza Paralelo 36 que lidera a anterior portavoz de IU no parlamento andaluz, Concha Caballero-. ( ver El Público do 20/06/2010 http://www.publico.es/espana/322011/icv/iu/alternativa/foro/espacio-plural ). Sen contar co espazo cada vez máis presente de Izquierda Anticapitalista . Por outra banda o proceso de refundación non acaba de caracterizarse pola súa imaxinación. Ao igual que na década dos oitenta, o PCE volve a aspirar a recoller “aos desencantados do PSOE e aos ecoloxistas”. Non aclara por outra banda canto tempo os vai a aturar...

Crise do sistema ou crise da esquerda

Imagem
Xoán Hermida Co título “A esquerda diante da crise” a publicación TEMPOS Novos organizou un debate con membros da chamada esquerda social. A transcrición do debate poderase ler con detemento nas páxinas do próximo número desta revista mensual de pensamento, pero de momento achego algúns apuntamentos sobre o mesmo. Asistimos a unha crise global e sistémica, unha crise poliédrica que conten moitas crises á vez, crise financeira, social, alimentaria, enerxética, medioambiental,…. Trátase sen dúbida da primeira crise da globalización. Agora ben, nesta crise, que no fondo amosa que existen condicións obxectivas para un proceso de superación do actual sistema capitalista, é a crise da esquerda á que ten aflorado na súa máxima expresión ata o punto de que asistimos a unha esquerda ( fundamentalmente partidaria ) que se atopa nos seus momentos máis baixos: intelectualmente anoréxica, politicamente insulsa e organizativamente desfeita. O curioso, e aquí a primeira contradición, é que despois ...

Esquerda e crise

Imagem
TEMPOS Novos organiza o debate "A esquerda ante a crise", onde distintas persoas vinculadas aos movementos sociais debaterán sobre a actual situación dos movementos de esquerda e as súas estratexias no actual contexto económico e social. Moderados por Marcos Pérez Pena , intervirán Alexandre Carrodeguas (Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol), Alfredo Iglesias (Altermundo), Alberto Lema (Redes Escarlata), Lidia Senra (Vía Campesina) e Xoán Hermida (Amarante). O encontro será posteriormente publicado no número de xullo da revista TEMPOS Novos. O debate terá lugar na sala circular do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, ás 19h do xoves, día 24 de xuño.

Pasar das palabras aos feitos

Imagem
Xoán Hermida Xa se ten escrito demasiado sobre a situación da esquerda e posiblemente aínda que se pode escribir moitísimo máis en sisudos artigos e reflexións seguramente non se aportara nada novidoso. Así que en poucos caracteres e a grandes rasgos, durante os últimos anos a situación da esquerda é descritivamente a seguinte: Partidos políticos institucionalizados ( PSOE / BNG ) que nos defraudan continuamente e cando gobernan xeran unha forte frustración pois non cumpren nin tan sequera cos seus programas de mínimos. Partidos na marxinalidade ( e aquí hai unha chea deles ) e que ademais na súa maioría reproducen as peores formulas, tanto políticas coma organizativas, dos anteriormente descritos. Esquerda social feble e fragmentada ata o absurdo e que salvo raras excepcións non teñen capacidade de incidencia política nin de influencia social. Cando se vertebran en redes a propia debilidade da maioría fai que os procesos naufraguen rapidamente por incapacidade da maioría ou porque as ...

Punto e aparte

“Triste é o cantar que cantamos, Mais ¿que facer se outro mellor non hai ?” Rosalia de Castro Fai xustamente un ano iniciou a súa andaina Galizia Ecosocialista como blog desde onde aportar algunha idea na reconstrución e actualización (que non refundación) necesaria da esquerda galega. A idea era construír arredor do mesmo un colectivo de persoas criticas que asumiran a tarefa de fomentar o debate, a reflexión e a busqueda de estratexias ( de folla de ruta ). Tras o fracaso de diversas redes sociais ( caso paradigmático foi o da Rede Anticapitalista ) e cunha esquerda partidaria sen amosar sinais de vida intelixente, todo parecía indicar que serian persoas saídas da esquerda social as que lle tocaba xogar ese papel. Lamentablemente, e espero equivocarme, tampouco de ai vai vir a solución polo de agora. Ninguén podía imaxinar na década dos noventa cando se iniciou a crítica ao sistema partidario e a xente dinámica do país púñase a construír tecido social, que toda esa forza remataría vi...

Que é iso de "refundar" a esquerda ?

Imagem
Xoán Hermida Así que o pasado sábado 5 de xuño en Compostela iniciouse o proceso de “refundación” da esquerda galega sen a presenza da maioría das mulleres e homes de esquerda deste país. Fun convidado persoalmente a ese acto de “refundación” ao que non asistín porque o interpretei máis como un acto electoral dun partido en horas baixas que como unha aposta real pola unidade e renovación da esquerda. Tamén quero aclarar antes de nada, e para evitar malos entendidos, que me parece ben que se celebren eses actos e que calquera iniciativa en favor da unidade, aínda que desde o meu punto de vista parta de premisas erradas, é positiva. Dito isto, algunhas reflexións e apostas. Tras máis dunha década eliminando “críticos” e “traidores” a actual dirección de IU debería facer unha seria reflexión autocrítica sobre o proceso vivido desde a década dos noventa ata hoxe, se realmente quere ter a autoridade política para iniciar un proceso destas características. Non se pode falar de liberdades nac...

O tema non é se hai motivos para unha folga xeral

Imagem
Xoán Hermida As folgas xerais, a diferenza das folgas de sector ou de empresa, teñen un claro contido político que a ninguén se lle escapa. Nin tan siquera as centrais sindicais que non revisan a súa misión desde os inicios do século XX. O goberno de Felipe González tivo que soportar un par de elas de alta intensidade, cando as centrais sindicais aínda eran instrumentos de mobilización e representantes do conxunto de clase e non meras xerencias de xestión de servizos ou no mellor dos casos representantes dun sector concreto de clase, fundamentalmente persoal das administracións e traballadores de grandes empresas. A única folga xeral que soportou o goberno de Jose María Aznar xa foi unha folga máis light, con menor impacto social e sobre todo con contidos políticos moito máis rebaixados. En plena crise sistémica, e cunhas centrais sindicais insertas no sistema, a resposta das mesmas ten sido totalmente ridícula ata o momento e a partir de agora, cando estamos na fase non das causas (et...