Mensagens

A mostrar mensagens de 2010

De novo as labregas

Imagem
Coa Sala Mozart do Auditorio de Galicia literalmente desbordada presentouse o libro de Tareixa Ledo “Lidia Senra Rodriguez. Historia de un liderazgo entrañable” , onde se fai un repaso do salto que para a conciencia feminista e labrega supuxo a etapa no que Lidia Senra estivo ao fronte da secretaria xeral do SLG e máis aló no papel que as mulleres labregas están a xogar na defensa da terra e da dignidade do país, cun equipo actual do sindicalismo agrario marcadamente feminino encabezado por Carme Freire . O acto de presentación do libro da editorial Laiovento converteuse nun acto de reivindicación do papel da muller labrega e moitas delas presentes durante o mesmo aportaron cos seus relatos unha forza e tenrura que aínda nos sorprende e emociona no mundo da loita política e social. Hoxe existen amplos sectores sociais enfrontados coa globalización capitalista, tanto nos seus aspectos sociais coma na defensa de diversas soberanías: ambientais, alimentarias, produtivas, lingüísticas... ...

A proposito da visita de Ratzinger ou sobre o activismo e o pensar

Imagem
“Non podes resolver un problema coa mesma clase de pensamento que o produciu”. Albert Einstein Xoán Hermida A visita de Benedicto XVI ten posto de releve a existencia dunha sociedade plural, laica e moderna allea á mesma, que nin se mobiliza en masa para escoitar ao sucesor de San Pedro e aínda menos o fai na súa contra. Isto que non deixa de ser descritivo, pode servir para que reflexionemos uns e outros, cristiáns e ateos ( inclúo neste apartado aos agnósticos aínda que non sei moi ben porque ) sobre o papel de cada quen na sociedade contemporánea. Resulta obvio que hai motivos suficientes para ser críticos coa evolución do cristianismo desde que deixou de ser a mensaxe teolóxica de Xesús de Nazaret para pasar a converterse noutra proposta. Non me refiro soamente as desviacións do mensaxe orixinario de Cristo senón en termos filosóficos do materialismo dialéctico ( que profeso e que a estas alturas non sei se é convinte confesalo ) do papel que as filosof...

Vitória ! E agora ?

Imagem
Brasil de Fato. Editorial 03/11/2010 Não há motivos para duvidar que a mulher que derrotou o tucano José Serra não medirá esforços para dar continuidade à política econômica do atual governo O que os movimentos sociais podem esperar do governo de Dilma Rousseff, que inicia em janeiro de 2011? Nada além daquilo que foi o próprio mote da sua campanha eleitoral: a continuidade do governo Lula. Não há motivos para duvidar que a mulher que derrotou o tucano José Serra nestas eleições não medirá esforços para dar continuidade à política econômica do atual governo, tentando promover crescimento econômico com distribuição de renda. Até onde isso será possível, sem atingir os interesses das grandes fortunas, que também foram beneficiadas por essa política econômica, e sem promover as reformas estruturais na economia e na política, essenciais para impulsionar a distribuição da riqueza e consolidar uma democracia em nosso país? Ir além das políticas assistenciais, um imperativo neste momento, sig...

Manifesto das 10 razóns para pechar as térmicas de carbón tamén aqui e agora

Imagem
As organizacións e persoas asinantes opómonos ao decreto estatal que favorece a queima de carbón español nas centrais térmicas, mais non porque prexudique as centrais de Meirama (GAS NATURAL FENOSA) e As Pontes (ENDESA), que usan só carbón importado desde 2008. Rexeitámolo porque o carbón é o combustible fósil máis contaminante, o primeiro que habería que substituír. Por iso, non queremos en ningún lugar centrais térmicas que xeren electricidade sucia a partir de carbón. En Galicia tampouco. Eis dez boas razóns para pechar canto antes as centrais térmicas de carbón das Pontes e de Meirama: 1. Son enormes fábricas de cambio climático. Con moita diferenza, son as centrais eléctricas máis intensivas en emisións de dióxido de carbono (CO2), o principal gas causante da mudanza climática, o problema socioambiental global máis preocupante, do que Galicia tampouco se libra. Durante 2009 emitiron 0,9 toneladas de CO2 por MWh de electricidade xerado, dúas veces e media máis que as centrais de c...

Con motivos pero desmotivados

Imagem
Xoán Hermida Ao igual que nas eleccións onde todos gañan o mesmo pasou coa folga xeral. As centrais sindicais promotoras porque salvaron os mobles. O PP porque desgastou algo máis o goberno. O goberno porque a folga fracasou no seu xusto punto, o suficiente como para non deixar tocados os seus nichos electorais ( CC.OO e UGT ). E sobre todo a dereita económica porque cunha esquerda que non sae dos esquemas do século XIX seguirá avanzando na demolición do estado do benestar e das conquistas sociais. Máis a pregunta que cabería hoxe facerse é: porque habendo motivos máis que xustificados para unha folga xeral esta ten tido menos impacto e forza que as anteriormente realizadas? E verdade que, e isto xa é un clamor, a folga chega tarde. Eu mesmo comentaba nun artigo coincidindo coa folga do funcionariado que “en plena crise sistémica, e cunhas centrais sindicais inseridas no sistema, a resposta das mesmas ten sido totalmente ridícula ata o momento e a partir de agora, cando estamos na fas...

Novos e vellos camiños da esquerda

Imagem
Xoán Hermida Tiven ocasión de asistir ás xornadas “novos camiños para a esquerda galega” onde compartían mesa de debate Camilo Nogueira e Xosé Manuel Beiras , historia ( eu diría tamén presente e como a cousa siga así: futuro ) da esquerda do noso pais no último cuarto do século XX. A esquerda galega tense configurado na última metade do século XX como prolongación da evolución do movemento galeguista, nas súas diferentes etapas ata chegar ao nacionalismo como fase que quizás sexa xa necesario superar, conectando cunha liña de innovación filosófica e reflexión global onde sempre estivo ubicado o galeguismo político. Nogueira e Beiras representan a priori as dúas formas de entender a vertebración filosófica, política e organizativa da esquerda na Galicia contemporánea e do nacionalismo despois da “longa noite de pedra”, sendo os lideres do galeguismo político trala desaparición traumática de Bóveda e Castelao. E digo a priori, porque se ben é certo que os planeamentos da extinta EG e...

Ata sempre Labordeta

http://www.youtube.com/watch?v=i15eFc_BCu4

Confesións dun sicario

De similitudes e diferenzas

Imagem
Xoán Hermida Sempre me neguei a pensar que o elemento distorsionador da UPG na esquerda galega fora o seu carácter comunista. Quizais porque non podo facerme a idea de que os dirixentes de dito partido teñan nada que ver intelectualmente con pensadores e lideres políticos da talla de Lenin , Gramsci , Althusser ou Lukács . Quizais porque como lembraba recentemente Jorge Semprum os comunistas son fundamentalmente boas persoas. Sexa como sexa, faise necesario separar o grao da palla xa que os que se din seguidores dunha corrente filosófica ou teolóxica na maioría das veces nada teñen que ver co corpo teórico elaborado polo seu fundador e/ou non necesariamente os seus planeamentos concordan co mesmo. Isto é facilmente comprensible se comparamos o “Sermón da montaña” pronunciado por Xesús de Nazaret coas encíclicas dos sucesores de Pedro, en especial as de Karol Wojtyla e Joseph Ratzinger . Pero igualmente é facil de observar a supostos marxistas defender postulados que asombrarían ao ...

A Contratempo: O desasosego da esquerda social

Imagem
Revista: Tempos Novos Debate: O desasosego da esquerda social Texto e moderación: Marcos Pérez Pena. Participaron no debate: Alexandre Carrodeguas, membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e de Galiza non se Vende; Alberte Lema, membro de Redes Escarlata e da CUT; Alfredo Iglesias, do consello de redaccion de Altermundo; Xoán Hermida, membro de Amarante; e Lidia Senra, secretaria de organización do Sindicato Labrego Galego e membra do comité de coordinación da Coordinadora europea de Vía Campesina. http://www.temposdixital.com/?p=3399

Sindicalismo galego sen ataduras

Imagem
Xoán Hermida Hai pouco cumpríase o 25 aniversario do nacemento da CXTG e como se de un pantasma se tratara faise case imposible atopar en internet noticias ou imaxes do seu curto pero intenso vagar. A experiencia do “sindicalismo galego sen ataduras” apenas durou 9 anos pero seguramente sexan os máis intensos do movemento obreiro galego organizado e máis aló da autoorganización asociativa deste pais. Tiven a grande fortuna de poder participar durante algúns anos nesa experiencia e teño no meu haber, sempre desde o meu punto de vistas moi suxeitivo, de ter sido o único membro do consello confederal da CXTG de ter votado en contra da súa acta de defunción para ser absorbido pola INTG no que os estrategos da UPG chamaron CIG. O meu voto en contra, daquela entendido como unha expresión de sectarismo incomprensible nos que me coñecían, adquire unha nova perspectiva tras varios anos nos que se foi asentando un sindicalismo arcaico, corporativista, funcionarial e de mecanismos de loita máis p...

Como en Catalunya

Imagem
Xoán Hermida España é o problema, Europa á solución. A frase pronunciada fai case un século por Ortega y Gasset esta moi de actualidade a raíz de diversos acontecementos vividos na escena política. Hoxe o Parlament de Catalunya ven de aprobar unha proposición de lei, a raíz dunha iniciativa lexislativa popular que mobilizou a 180.000 cataláns, pola que se modifica a lei contra o maltrato animal e se prohibe a celebración de corridas de touros desde xaneiro de 2012. Hai quen atribuirá o feito ao alto nivel de conciencia da sociedade catala ao respecto da defensa dos seres vivos e haberá quen verá na decisión unha iniciativa identitaria e un paso máis na diferenciación de Catalunya con España. Ou seguramente ambas á vez. Pero en todo caso, e por iso o de “Europa é a solución”, Catalunya avanza nunha lexislación que a achega aos países máis avanzados de Europa en políticas medioambientais e de protección dos seres vivos. Antes de existir a Europa neoliberal e das multinacionais, xa existí...

Nacionalismo cívico versus nacionalismo popular

Imagem
Xoán Hermida Cunha separación de menos de 24 horas téñense dado no territorio do que hoxe configura o estado español dúas mobilizacións importantes de nacionalismo. O primeiro, que poderiamos denominar nacionalismo cívico, producíase o sábado 10 de xullo polas rúas de Barcelona, onde máis de un millón de cataláns saian en manifestación para amosar o seu rexeitamento á sentenza sobre o “estatut” e a reivindicarse como nación. Entre as declaracións que máis me chamaron a atención desa xornada non foron a dos portavoces políticos senón algunha de cidadáns que a titulo persoal respondían ás preguntas dos xornalistas. En concreto unha pareceume moi significativa e dicía algo mais ou menos literal como isto: “nos apostabamos polo federalismo, pero os españois non nos queren. Non queren a nosa cultura nin a noso xeito de ser así que non nos queda outra que a independencia”. Algo máis de 24 horas despois de que esta marea humana percorrera as rúas de Barcelona, unha marea “vermella” ( non pola...

E quen organiza aos desencantados dos desencantados?

Izquierda Unida acaba de iniciar o seu proceso de refundación sen a participación da súa organización territorial de Asturias ( farta do control do PCE ) e co seu socio catalán, Iniciativa per Catalunya Verds - en pleno proceso de creación dunha “cooperativa” da esquerda federalista e verde onde participan a Chunta Aragonesista , Nueva Canarias , Iniciativa d'Esquerres de Baleares, Iniciativa del Poble Valencià (IdPV), además da plataforma andaluza Paralelo 36 que lidera a anterior portavoz de IU no parlamento andaluz, Concha Caballero-. ( ver El Público do 20/06/2010 http://www.publico.es/espana/322011/icv/iu/alternativa/foro/espacio-plural ). Sen contar co espazo cada vez máis presente de Izquierda Anticapitalista . Por outra banda o proceso de refundación non acaba de caracterizarse pola súa imaxinación. Ao igual que na década dos oitenta, o PCE volve a aspirar a recoller “aos desencantados do PSOE e aos ecoloxistas”. Non aclara por outra banda canto tempo os vai a aturar...

Crise do sistema ou crise da esquerda

Imagem
Xoán Hermida Co título “A esquerda diante da crise” a publicación TEMPOS Novos organizou un debate con membros da chamada esquerda social. A transcrición do debate poderase ler con detemento nas páxinas do próximo número desta revista mensual de pensamento, pero de momento achego algúns apuntamentos sobre o mesmo. Asistimos a unha crise global e sistémica, unha crise poliédrica que conten moitas crises á vez, crise financeira, social, alimentaria, enerxética, medioambiental,…. Trátase sen dúbida da primeira crise da globalización. Agora ben, nesta crise, que no fondo amosa que existen condicións obxectivas para un proceso de superación do actual sistema capitalista, é a crise da esquerda á que ten aflorado na súa máxima expresión ata o punto de que asistimos a unha esquerda ( fundamentalmente partidaria ) que se atopa nos seus momentos máis baixos: intelectualmente anoréxica, politicamente insulsa e organizativamente desfeita. O curioso, e aquí a primeira contradición, é que despois ...

Esquerda e crise

Imagem
TEMPOS Novos organiza o debate "A esquerda ante a crise", onde distintas persoas vinculadas aos movementos sociais debaterán sobre a actual situación dos movementos de esquerda e as súas estratexias no actual contexto económico e social. Moderados por Marcos Pérez Pena , intervirán Alexandre Carrodeguas (Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol), Alfredo Iglesias (Altermundo), Alberto Lema (Redes Escarlata), Lidia Senra (Vía Campesina) e Xoán Hermida (Amarante). O encontro será posteriormente publicado no número de xullo da revista TEMPOS Novos. O debate terá lugar na sala circular do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, ás 19h do xoves, día 24 de xuño.

Pasar das palabras aos feitos

Imagem
Xoán Hermida Xa se ten escrito demasiado sobre a situación da esquerda e posiblemente aínda que se pode escribir moitísimo máis en sisudos artigos e reflexións seguramente non se aportara nada novidoso. Así que en poucos caracteres e a grandes rasgos, durante os últimos anos a situación da esquerda é descritivamente a seguinte: Partidos políticos institucionalizados ( PSOE / BNG ) que nos defraudan continuamente e cando gobernan xeran unha forte frustración pois non cumpren nin tan sequera cos seus programas de mínimos. Partidos na marxinalidade ( e aquí hai unha chea deles ) e que ademais na súa maioría reproducen as peores formulas, tanto políticas coma organizativas, dos anteriormente descritos. Esquerda social feble e fragmentada ata o absurdo e que salvo raras excepcións non teñen capacidade de incidencia política nin de influencia social. Cando se vertebran en redes a propia debilidade da maioría fai que os procesos naufraguen rapidamente por incapacidade da maioría ou porque as ...