Tres encontros co Beiras
"Marx sementou xigantes e, pola contra, colleitou pulgas" (a propósito dos marxistas) F. Engels Xoán Hermida Ao calor do 40 aniversario da publicación de “O atraso económico de Galicia” vaise a celebrar en Compostela unha homenaxe popular ao seu autor, Xosé Manuel Beiras . Como ocorre cos grandes autores a súa obra é un marco de referencia esencial para comprender o seu momento histórico e arroxar luces sobre sombras ou incertidumes, pero ao igual que lle pasou aos mesmos sempre aparecen seguidores ‘escolásticos’ que utilizan a obra como catecismo e elaboran unha ‘teoría’ doutrinaria que nada ten que ver coas ideas do autor. Este aniversario ademais veu a coincidir cun momento de encrucillada do nacionalismo galego. Estamos, seguramente, diante do nacemento da terceira xeración do galeguismo. A primeira estivo marcada pola reivindicación do caracter nacional de Galicia nun momento de cambio - da loita agrarias á II república - onde se estaban poñendo os piares dunha nova c...