O bipartidismo morreu, viva o bipartidismo!

Xoán Hermida
O bipartidismo é algo máis cunha representación deformada da vontade popular que se expresa na preponderancia da bipolaridade en detrimento da pluralidade existente. É unha cultura política, unha forma de entender o debate social, un modelo democrático anoréxico. Mesmo máis ala forma parte do modelo dualista na que se move o pensamento occidental desde hai séculos.
Pero non nos (auto) enganemos. O bipartidismo existe porque vivimos nunha cultura da bipolaridade, do branco e o negro, onde as tonalidades e a análise ‘dos matices’ desaparecen. Onde o pensar é unha actuación de librepensadores perigosos e a maioría dos intelectuais son ‘orgánicos’, indistintamente do órgano en cuestión. Unha cultura política onde a percepción diferente se converte en disidencia. A cultura da trincheira que hai anos explicaba con moita retranca o amigo Manolo Crisanto , hoxe irremplazable en Sada e en Galicia.
Pero ademais disto, que xa é complicado de superar, o bipartidismo necesit...