Mensagens

A mostrar mensagens de janeiro, 2011

A esquerda moderna e a campá de Gauss

Imagem
‘Aquel que entenda ao babuíno contribuirá á metafísica máis que John Locke’ Charles Darwin, cuaderno D, agosto de 1838 Xoán Hermida Calquera que estude con algo de detemento a lóxica da dialéctica materialista, principal instrumento de análise e intervención política que teña construído a esquerda, e observe como se ten desenvolvido a física moderna desde o xurdimento da termodinámica, darase conta da incrible coincidencia entre a dialéctica empirista marxiana e a física da complexidade . Esta coincidencia non predispón, obviamente, a favor ou en contra do pensamento social de Marx e Engels pero si avala a súa metodoloxía ‘científica’ de interpretación e análise. A física non pode responder a tódolos enigmas da humanidade xa que elo nos levaría a un ‘cientifismo’ determinista e idealista, alonxado do seu razoamento materialista, ademais de poder ser cuestionado por posteriores averiguacións científicas. Non obstante, o que si nos sitúa a física da complexidade son os limites polos que...

Problemas reais, solucións erradas

Imagem
Xoán Hermida “Nos anos vinte, Korch, Gramsci e eu mesmo intentamos, cada un ao seu modo, enfrontarnos co problema da necesidade social e coa súa interpretación mecanicista, herdada da II internacional. Herdamos o problema pero ningún de nos – nin tan sequera Gramsci que era o mellor dotado dos tres – soubo resolvelo.” Georg Lukács A un ano da celebración da Rolda de Rebeldía, e como parte do proceso de apertura á sociedade, celebrase a III Asemblea do Encontro Irmandiño. Unha nova cita para a esperanza nunha situación cada día máis complicada para a esquerda galega. A esquerda galega despois dunha traxectoria difícil na transición (PSG/UPG - BNPG-PSG/UG/PCG - BNG/PSG-EG - BNG/EU-EG ) chegou a finais dos anos noventa a un alto grado de unidade e a unha importante capacidade de incidencia política e influencia institucional no sistema partidario galego. A unidade respondeu a factores internos pero tivo moito que ver con ‘esixencias’ externas ( o modelo de democracia ‘fraguiana’ necesitab...

Dous xeitos curiosos de enfocar os ‘problemas sindicais’

Imagem
De todos é sabido como o emporio INDITEX é un autentico fortín para as demandas sindicais e laborais, fundamentalmente na súa produción deslocalizada no Sur, pero tamén aquí. A pesar diso hai pouco a CGT foi quen de incorporarse á representación sindical en ‘Zara Logistica’. Dato este inicialmente positivo. Curiosamente o pasado 20 de decembro a CGT de Galicia subía a súa web dúas novas aparentemente diferentes tanto na súa dimensión como no seu contido. Pode ser casualidade pero o estilo agresivo nun caso e condescendente noutro non deixa de ser máis que chamativo cando o que se trata é de ser agresivo coa organización AMARANTE Setem que leva tempo sendo molesta para os intereses dos negocios do señor Amancio Ortega. Non é motivo deste breve Post clarificar as falsidades que xa AMARANTE Setem ten desmentido en diversos comunicados sobre os datos que desde a CGT (e máis da CUT) se verten sobre ela. En todo caso resulta cando menos pouco estético subir a web no mesmo día dúas novas: unh...