Notas críticas sobre a esquerda e Libia
Xoán Hermida
Partidos da esquerda Europea como PCP, IU ou BNG teñen votado contra a intervención militar en Libia.
Outros partidos de esquerda, algún mesmo de grande tradición pacifista, como ICV, ERC, Nafarroa Bai, Bloco de Esquerdas ou Die Linke teñen votado a favor.
Isto indicaría, que máis aló da socialdemocracia oficial, a esquerda movese aínda entre o novo que tarda en nacer e o vello que se resiste a morrer.
A cuestión está en saber diferenciar o importante do central. É o central e que por primeira vez desde 1848 hai un movemento de liberdade con globalidade nunha rexión e a esquerda non debería caer na trampa, unha vez máis, en defender ao 'noso antiimperialista’ de ocasión.
Ese modelo bipolar, herdado da guerra fría, ten desarmado politicamente a unha esquerda que en lugar de crear un proxecto alternativo ten pasado o tempo elixindo entre o malo e o peor, máis preocupado en exercer de espectador ‘hooligan’ que en actor ‘transformador’.
Eu non comparto, seguramente ninguén desde a esquerda, os motivos -existentes ou non- da intervención dos ‘aliados’.
Pero creo que esta a haber un erro de enfoque.
Digo isto porque o retraso na intervención, a descoordinación e o desplante dalgunhas pezas clave como Alemaña ou Italia indican que ao mellor as motivacións non son as que pensamos. Todo apunta a que os gobernos do Norte non tiñan interese en entrar en Libia e soamente a presión da opinión publica e o desastre nuclear de Xapón os teñen forzado.
Hai algún tempo Ignacio Ramonet analizaba os mecanismos internacionais da globalización sinalando que un dos cambios producidos era o novo concepto do valor estratéxico. Xa non se trata so de controlar unha vía de comunicación natural ou comercial ou a dominación territorial por interese das súas riquezas como antaño, agora aparece un novo factor: o elemento de desestabilización. Isto foi así en Kosovo ou Afganistan
Desde logo o factor de desestabilización rexional ten unha incidencia enorme no caso que nos ocupa. Todo o proceso de revoltas non países arabés ten collido por sorpresa aos gobernos dos países do Norte, ata tal punto que foi Israel o máis empeñado nun primeiro momento en que nada se movera.
Por outra banda, hai que recordar que o efecto domino esta en parte na existencia dun único pobo árabe. As fronteiras artificiais creadas polo colonialismo son visibles en países como Libia con dous polos políticos - Trípoli e Bengasi - e cunha poboación con maior apoio aos gobernantes na primeira e un desapego, froito da marxinación, no caso da segunda.
Agora ben, tras ese primeiro momento de incertidume vai a haber un intento dos poderes do Norte por reconducir os procesos, aínda que dado o descoñecemento amosado da realidade podeselle tornar unha tarefa máis que complicada.
A nosa aposta debería ser apoiar sen fisuras aos cidadáns arabés.
Temos unha obriga moral cos pobos que sofren unha represión con armas compradas polos sátrapas a multinacionais do norte e mesmo nalgún como Gaddafi participando no accionariado desas empresas armamentísticas (O BBVA, tal como se denunciou recentemente, participou cun montante de 78 millóns de dólares en outubro de 2008 nunha emisión de accións de Finmeccanica, empresa armamentística italiana, participada nun 2,01% pola Libian Investment authority –LIA- do goberno libio, que realizou recentes e suculentos negocios co goberno de Gaddafi).
Debemos respectar a un pobo que esta a levar adiante o cambio mais radical no ultimo século no planeta.
Gaddafi é un monstro creado polo capital da dereita económica e política pero tamén polos delirios do esquerdismo. Como ben apuntaba Immanuel Wallerstein nun clarificador artigo Gaddafi é un grande obstáculo para a esquerda árabe, e tamén do resto do mundo. ( como anteriormente foron outros, engadiría eu ).
Se houbera unha sociedade vertebrada desde a esquerda como hai setenta anos, desde Europa estariamos enviando brigadistas internacionais como fixeron no 36 para apoiar a república española. Por certo é moi ilustrativo que Gaddafi dixera hai uns días que ‘ía entrar en Bengasi como Franco en Madrid no 39’.
A revolución democrática e cidadá árabe é o máis bonito que lle ocorreu a esquerda desde a revolución soviética. As revolucións democráticas do pobo árabe son unha boa oportunidade para que a esquerda volva a ter un proxecto emancipador propio, senón encallamos nas filias e fobias coma sempre.
Afortunadamente coñezo militantes da esquerda marroquí, algún deles que se pasou sete anos na cadea e hoxe están ilusionados. Ese é o bosque, as arbores da OTAN non me van a impedir saber a quen quero e teño que apoiar.

Unha guerra é unha guerra. Eu o que non acepto son os argumentos de 'por que en Libia e non en Sudán ou Birmania' ou 'por que agora cando hai seis meses Occidente lle vendía armas a Gadafi a cambio do seu petróleo'. É obvio que as 'potencias occidentais' funcionan de xeito hipócrita, pero efectivamente eses son as árbores que impiden chegar ao fondo do problema
ResponderEliminarA maioría de Die Linke opúxose. Só un eurodiputado votou a favor:
ResponderEliminarhttp://www.larepublica.es/spip.php?article23503
O que indicas é a votación no europarlamento, pero o Die Linke non se ten posicionado en contra. En todo caso o que resaltar é a división existente precisamente por ser un temas complexo. Persoalidades altermundistas como Sami Nair publicaba onte un artigo a favor, en fin que hai que reflexionar e sobre todo non soamente plantexar unicamente lugares comúns, tanto a favor como en contra
ResponderEliminarEn fin...
ResponderEliminarLigazón 1
Ligazón 2