Democracia real ? Por suposto !


Xoán Hermida

Os actuais movementos de ‘Democracia Real Ya!’ e ‘No les votes!’ parten dunha realidade obvia coma é a desafección dun importante sector da sociedade co actual modelo de democracia baseada na preponderancia dos partidos políticos, convertidos en estruturas alleas as demandas das súa base social (aínda que non sempre do mesmo xeito xa que a dereita se que responde as demandas da súa base social).

Pero ollo !, pois podemos acabar confundindo os síntomas coa enfermidade.

O movemento ‘Democracia Real, Ya!’ sacou á rúa a miles de persoas en todo o estado cun discurso máis ou menos homoxéneo no rexeitamento do que (na indignación) pero confuso e complexo nas propostas do para que (na rebelión).

Nos próximos meses de seguro que resolveranse varias interrogantes:

1. Manterá a liña critica este movemento unha vez que a dereita gañe e leve ás últimas consecuencias o axuste iniciado polo PSOE?;
2. Que relación terá coa sociedade civil organizada estruturalmente arredor dos movementos sociais;
3. Que interlocución e prioridade de alianzas, manterá cos partidos políticos.

Segundo sexan as respostas a estas interrogantes poderemos saber que futuro lle espera a esta iniciativa u outras similares.

Afortunadamente a experiencia próxima de ‘Nunca Máis’ e da rede ‘Galiza Non Se Vende’ poden servirnos, mutatis mutandis, de exemplo dos erros que non deben cometer estas iniciativas tan necesarias como difíciles de xestionar.

Un análise serio, lonxe de innecesarias idealizacións, é mais que necesario para avanzar.

Desde logo a mocidade que se organiza a través destes novos instrumentos era a mesma que hai catro anos aspiraba a ser funcionario, tiña un modelo de consumo e de vida irracional e falaba con desgana da súa condición de ‘mileuristas’.

A xeración da década dos noventa incorporouse a conciencia política mirando ao Sur, á problemática dos parias da terra e aos desequilibrios planetarios. A actual esta preocupada polas súas condicións de vida e nin tan sequera sitúan no seu ‘programa’ político a solidariedade coas revolucións democráticas árabes ou a causa palestiniana (o maior caso de ignominia contemporánea).

Pero volvamos á comparación con ‘Nunca Máis’ ou coa Rede ‘GNSV’.

Hai dúas formas de que un proxecto tan novidoso fracase e entre en declive.

A primeira é caer na instrumentalización partidaria. De isto xa hai moito escrito e vou a aforrar as lectoras e lectores o traballo de repasar.

A segundo é a radicalización e marxinación provocada por converterse na ‘oposición á oposición’.

Pódese estar preocupado e comprometido coa defensa do medio e da terra sen que por iso teña que ir no mesmo lote o rexeitamento a visita do Papa, o apoio aos okupas ou a loita polo comunismo libertario; mesmo aínda que algúns ou mesmo a maioría estean a favor de esas causas tan nobres. Saber discernir o que une e o que separa é central nas iniciativas cívicas e na vida en xeral.

Por outra banda, e isto é o máis importante, a base sociolóxica a quen se dirixe ditos movementos é a mesma base que posteriormente sustenta eleitoralmente ao BNG ou mesmo ao PSOE, ... e a IU, a ICV, a ERC, a Chunta, a Bildu ou a Aralar.

Bases electorais críticas que anelan unha reorientación de políticas, estruturas e discursos, mesmo que poderían apoiar novas iniciativas se xurdiran, pero que non están dispostas a ‘desertar’ do seu compromiso namentres que o inimigo central sexa outro.

Iniciativas como ‘Democracia Real, Ya !’ ou GNSV son máis que necesarias pero non se poden converter en incompatibles coas estruturas de intermediación que representan hoxe por hoxe as forzas políticas.

Se é así terán longa vida e serán capaces de influír no cambio de modelo político e económico, senón no mellor dos casos convertense nun instrumento táctico que mesmo poden correr o risco de ser utilizados conxunturalmente por intereses espurios.

Xa que logo indignarse é necesario pero rebelarse é imprescindible

Comentários

  1. Moi acertada a túa análise. Calquera movemento que hoxe tente cambiar a situación catastrófica na que estamos, debe contar cun apoio social que, gústenos ou non, está nas bases dos partidos que se reclaman de esquerda opu nacionalistas.Estas mesmas bases poden apoiar as lexítimas demanadas de movementos como GNSV pero a condiciòn de que esta rede non lle dea as costas á militancia destes partidos. É máis importante o que nos une que o sectarismo ideolóxico.

    ResponderEliminar
  2. http://mexanedinquechove.blogspot.com/p/manifesto.html

    ResponderEliminar
  3. Xoán,

    Gostava de saber onde é que está essa esquerda com 'innecesarias idealizacións' para com Democracia Real YA, #nolesvotes, etc. Eu vejo sobretodo antipatia perante umha emergência social da parte da esquerda que foi apanhada de surpresa. Umha esquerda que, coma ti, parece ter necessidade de distanciar-se dessa massa que "hai catro anos aspiraba a ser funcionario, tiña un modelo de consumo e de vida irracional e falaba con desgana da súa condición de ‘mileuristas’"

    Enfim, saúde.

    ResponderEliminar
  4. Saudos, Xan. Unha análise moi sensata. Xa te citei no meu blog tamén.
    http://blogs.lavozdegalicia.es/nomepidancalma/2011/05/18/democracia-real-para-ya%E2%80%A6-y-para-el-lunes-que-viene/

    ResponderEliminar
  5. O problema de fondo é que o actual sistema dista moito de ser unha democracia, se supón que a democracia definese como o goberno do pobo, pero a dia de hoxe esta definición non é axustada. Os nosos representantes politicos con tempo constituironse nunha nova casta de señores feudales por riba da casta cidadan. A demostración deste feito está en que cada catro anos sexan reelexidos ou non seguen no mesmo estatus de casta dominante, un cada vez mais amplo circulo de persoas pasan de gobernar concellos a diputacions ou organismos dependentes da administracion (autorides portuarias, delegacions do goberno, defensores do pobo, diputacións, patronatos...), producese unha alternancia despois de cada periodo de eleccións onde a modo de xogo das cadeiras, cando deixa de soar a musica (periodo electoral) cada quen ten que buscar a sua cadeira.

    O que mata a democracia é a profesionalización dos nosos representantes, hay unha acomodación e se crean unhs estatus sociais por riba do resto. Privilexios que logo non queren perder.
    Para mostra, as pensións vitalicias logo de 7 anos de permanecia como presidente do goberno, escoltas oficias, secretarias vitalicias, pagas compensatorias para exministros ainda que pasen a cobrar por outro cargo publico (caso escadaloso da PAGIN acumunando catro salarios publicos e cerca de 30000 euros ao mes ¿socialismo de que?), ministros que viaxan en primeira, politicos comisionistas por todas as esquinas.
    O peor é que ningun programa politico propon rematar con todo esto.
    En fin a situación é insostible, e sempre pagamos os mesmos. A solución o movemento social activo e posicionamentos claros de reveldia a certas normativas e modos de facer.

    ResponderEliminar
  6. Ainda coincidindo no esencial do que se expón, o certo é que en situacións de crise, cando empezan a albiscarse situacións nas que hai máis que gañar que qué perder é cando a sociedade se mobiliza. Claro que os xóvenes que protestan hoxe son os que acariciaron o desmadre do sistema económico neoliberal que nos permitíu vivir por riba das nosas posibilidades, claro que eses mesmos xóvenes son os mesmos que presentan un 30% de abandono escolar porque lles seducía máis irse á construcción e mercar coche novo que estudar, claro que daquela había moito que perder e pouco que gañar e por suposto estábase mellor na casa.
    Agora, empezan a verse os brotes verdes dunha situación na que empezamos a ter moito que gañar e pouco que perder (a non ser que caiamos máis fondo, que todo se andará), e agora saímos a rúa a esixir qué? Coidado, porque se o que pretendemos mudar é para volver á senda dos desmadre económico, entón mal imos. A cousa cambia se o que se pretende é instaurar unha verdadeira sociedade democrática, de debate, unha sociedade do coñecemento onde sexa o coñecemento o que guíe o progreso, cousa que ata agora non foi. Acaso algunha decisión política de calado foi o suficientemente sustentada como para conducir á sociedade a unha situación de máis sostibilidade? Eu o que plantexaría sería: estamos dispostos a poñernos a traballar e xenerar coñecemento? Estamos dispostos a diminuir o ritmo e renunciar ó despilfarro e sobreconsumo? Estamos realmente dispostos a tomar decisións que moitas veces resultan impopulares? Se é así adiante. Se o que queremos e igualdade para poder desfrutar todos do desmadre, entón comigo que non conten.

    ResponderEliminar
  7. Creo que seriamos uns cinicos se despois de estar esperando que a xente se mobilizara agora lle puxeramos tacha algunha.
    Agora ben, iso é unha cousa é outra é analizar o que esta a ocorrer e sinalar os problemas co que o movemento se vai a encontrar.
    A rexeneración democrática ( a súa radicalización) é algo suficientemente profundo para reducila como pretenden algúns a unha mera reforma da lei d.hont que asemade seria aprobeitada para minorizar aso nacionalismos perifericos.
    De todolos xeitos o movemento é tan amplo e plural que a súa instrumentalización é moi dificil, ainda que debemos tela presente.
    Outro problema é o da radicalización esteril.
    Eu ata o de agora non me pasei polas mobilizacións, hoxe chegoume un convite para ir a praza da peregrina para falar de consumo responsable e alternativas no foro que se ten autoorganizado alí, irei ainda que teño as miñas dubidas de que a presenza da esquerda 'de sempre' non sexa contraproducente.
    En todo caso contan con todo o meu apoio.

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

O espírito do 29 de xaneiro

Fin de etapa

Non valen escusas