20 de dezembro de 2010

De novo as labregas


Coa Sala Mozart do Auditorio de Galicia literalmente desbordada presentouse o libro de Tareixa Ledo “Lidia Senra Rodriguez. Historia de un liderazgo entrañable”, onde se fai un repaso do salto que para a conciencia feminista e labrega supuxo a etapa no que Lidia Senra estivo ao fronte da secretaria xeral do SLG e máis aló no papel que as mulleres labregas están a xogar na defensa da terra e da dignidade do país, cun equipo actual do sindicalismo agrario marcadamente feminino encabezado por Carme Freire.

O acto de presentación do libro da editorial Laiovento converteuse nun acto de reivindicación do papel da muller labrega e moitas delas presentes durante o mesmo aportaron cos seus relatos unha forza e tenrura que aínda nos sorprende e emociona no mundo da loita política e social.

Hoxe existen amplos sectores sociais enfrontados coa globalización capitalista, tanto nos seus aspectos sociais coma na defensa de diversas soberanías: ambientais, alimentarias, produtivas, lingüísticas...

E son as labregas as que están a xogar un papel de argamasa indispensable para unha acción global.

Non esquezamos que os pequenos labregos e labregas, a pesar do proceso de agroindustrialización impulsado polas grandes multinacionais de distribución, son e seguen a ser os que nos dan de comer.

Hoxe a batalla polo cambio social estase a dar fundamentalmente no campo, desde Brasil a Galicia, pasando por Ecuador ou pola India.

Seguramente sexa o artigo de Xoán Carlos Carreira, publicado en Vieiros quen mellor recolla a transformación efectuada dentro do SLG na etapa de Lidia como Secretaría Xeral.

( reprodución a continuación do artigo de Xoán Carlos Carreira con data 27/11/2007 )

Lidia Senra, o rural galego e os novos camiños

Lidia Senra deixou de ser a secretaria xeral do SLG. Pode ser momento de valorar a súa figura, mais eu non o vou facer, porque o meu escrito seria tachado, con razón, de subxectivismo, característica aínda non ben vista a pesares dos aspectos positivos que ten. Xa que logo, espero que Lidia me permita utilizala de pretexto para unha cantas reflexións.

Hai 19 anos, o SLG facía da loita contra as cotas e a defensa do sector lácteo case a súa única razón de ser e era axeitado facelo así. Hoxe defende o control da produción e é axeitado facelo así. O que ocorre que este pais xa non é o de hai vinte anos. Daquela había case que medio millón de persoas no rural e hoxe hai “voluntarios/as” vixiando os montes. Culminouse a brutal e silenciosa reconversión agraria. O actual sector lácteo, dende o meu punto de vista xa non pode ser motor do desenvolvemento agrario do futuro. Estamos á espera de que se formulen propostas para o século XXI e se emprenda un novo camiño onde se cadra nos decataremos de que o que descartamos por vello e atrasado pode ser agora moderno e innovador. Este é un dos maiores retos da sociedade galega en xeral, do SLG e, en particular, da súa nova dirección.

Cando me tocou propoñer a Lidia Senra, no Comité Central da UPG, como secretaria xeral do SLG ( daquela as cousas eran así e agora.... ), unha amable compañeira da Galiza urbana do sur que estaba ao meu carón (infatigable naquel tempo nos seus intentos de que nos preocupásemos máis da problemática da muller) dixo (máis ou menos): “Mira estes do rural, ao calado, véñennos coa proposta dunha muller”. Como ademais das palabras hai que interpretar o ton, eu ( non sei se acertadamente) quedei con dúas ideas: a compañeira valoraba positivamente o feito de que propoñeramos a unha muller, pero ao mesmo tempo a súa sorpresa, translucía a visión do rural como un sector pouco “progresista” e polo tanto resultáballe raro que fixeramos unha proposta desta caste. Lembro a anécdota porque teño a sensación (de novo o subxectivismo) de que esta visión segue a ser xeralizada. Sen embargo nada mais lonxe da realidade. Hoxe o SLG está a avanzar explícita ou implicitamente os grandes temas de debate que o nacionalismo galego debe afrontar neste comezo de século .

Cando Lidia Senra asume a secretaria xeral do SLG, a organización que vai dirixir, na práctica, aínda non deixara de ser totalmente a fronte agraria do BNG. Agora vén de dar o relevo na secretaria xeral dunha organización que, dende o meu punto de vista, por primeira vez na súa historia, responde na realidade ao seu nome de Sindicato Labrego Galego. Un logro histórico do seu núcleo dirixente e do conxunto do Sindicato que espero que non tardemos en valorar.

Comisións Labregas e UPG
Hai que lembrar que as Comisións Labregas ( SLG ) nacen creadas dende a UPG e “tuteladas” polos CALL (Comités de Axuda á Loita Labrega), unha organización de funcionarios/as, estudantes, curas, mestres/as, ...que na práctica exercía a dirección.
Mais tarde na etapa máis dura para o nacionalismo, o SLG quedou reducido a unhas siglas. Mesmo o seu primeiro secretario xeral continuou legalmente como tal durante anos despois de ter dimitido. Neses anos 80 fomos os “colaboradores” e “colaboradoras” os que mantivemos a actividade e tomabamos as decisións, porque, na practica, non existían órganos de dirección .

Comézase a reconducir a situación coa elección de Emilio López Pérez como secretario xeral, mais no substancial os “colaboradores” seguimos dirixindo o SLG. Apenas existen locais ou se comparten co BNG ou a CIG . A actividade está practicamente reducida a Lugo e, en menor medida, a Ourense. Esta é a situación cando un grupo de persoas con Lidia Senra como referente na Secretaria Xeral asume a dirección do SLG. Nestas case que dúas décadas o SLG ten evolucionado desde o punto de vista organizativo de xeito contrario á maioría das organizacións sindicais que, nacidas da clase obreira ou campesiña, cada vez se van baleirando máis de obreiros ou labregos nos seus órganos de dirección, substituídos por liberados/as que, moitas veces, nin sequera teñen pasado pola experiencia dun centro de traballo. Pola contra no SLG dáse o proceso inverso, os “colaboradores” ou son substituídos por labregos/as na dirección ou eles/as mesmos/as comezan a traballar en explotacións agrarias. Deféndense, xa que logo, non só posicións ideolóxicas, senón tamén intereses económicos que é para o que naceron e para o que existen os Sindicatos.

Pero ao incorporar aos/as verdadeiros/as protagonistas á dirección (os labregos e labregas), estes aportan a súa ideoloxía e nalgúns casos pertencen ao partido amplamente maioritario no rural (o PP). Vaia por deus!. O que sen dubida é un mérito do SLG, foi duramente criticado. Agora, dende o nacionalismo, hai cada vez máis voces que reclaman tender esas pontes que o SLG ven facendo dende hai tempo.

Necesidade de independencia
A medida que o SLG ía converténdose nun verdadeiro Sindicato, tamén ía deixando a tutela e ganando independencia. Isto, que é fundamental para articular a sociedade civil, non acaba de ser ben visto dende as organizacións políticas que, nunha visión excesivamente curtoplacista, non se decatan que a independencia non só é indispensable para que un proxecto poida sobrevivir a longo prazo senón absolutamente necesaria para que a crítica sirva realmente para un control da acción de goberno e/ou para que o apoio á mesma teña credibilidade. En resumidas contas para que haxa capacidade de interlocución social. O Congreso do SLG amosou que os labregos/as, herdeiros/as dunha vella sabedoría, xa non aceptan inxerencias e quen, pola súa historia ou posición, se crea no dereito de facelo debería sacar conclusións e reflexionar.

Durante anos (xa dende a transición ) o SLG tentou unha articulación estatal a traveso da creación dunha coordinadora das organizacións agrarias da cornixa cantábrica que non chegou a callar. Os sindicatos agrarios cataláns sempre estiveron integrados na COAG (Coordinadora de Organizacións Agrarias do Estado Español) e os dirixente vascos, a maioría do entorno de HB naquel momento, optaron finalmente polo pragmatismo e tamén se integraron. Foi entón cando o SLG deu un paso moi arriscado e chegou a acordos preferenciais coa COAG conseguindo durante moitos anos manter o difícil equilibrio, sempre inestable e cambiante no tempo, entre a independencia na toma de decisións en asuntos propios e coordinación máis aló do ámbito nacional. Agora formulase cómo manter este equilibrio para os próximos anos. Mais tarde integrouse na CPE (Confederation Paysanne Europenne - Sindicato de ámbito europeu) e iso deulle unha presenza moi importante en Bruxelas. Desde o meu punto de vista, nos temas agrarios, a presenza directa de Galiza nos órganos de decisión comunitarios, na Comisión Europea, foi sempre máis significativa por esta vía que por calquera outra, mesmo cando o nacionalismo tivo representación no Parlamento Europeo.

A proxección internacional de Lidia Senra
Lidia Senra foi membro da Comisión Executiva da CPE e hoxe é a representante de Europa na Comisión Internacional de Mulleres de Vía Campesiña onde outros membros da dirección do SLG ocupan tamén postos de responsabilidade. Vía Campesiña é unha unión de sindicatos labregos a nivel mundial que agrupa a máis de 40 millóns de afiliados/as e que ten un peso moi importante no movemento altermundista e nos foros sociais. Creo (espero non esquecerme de ninguén) que ningunha persoa vencellada ao nacionalismo político e sindical galego ten un posto de tanta relevancia a nivel mundial, mais a penas se lle da importancia, non só polo conxunto da sociedade galega senón, o que é peor, pola base social dese nacionalismo . Mesmo cando Xosé Ramón Cendán foi detido en Hongkong resaltouse que “estaba alí” mais non o seu papel dirixente. ¿Por qué? ¿Non nos interesa o movemento altermundista – noutros tempos chamariámoslle antiimperialista ? ¿Teriamos a mesma actitude se foran outros “líderes” os que estiveran nun posto a metade de relevante?

As consecuencias obxectivas desta práctica do SLG son evidentes. O aumento da presenza de Galiza e posibilidade da defensa directa dos seus intereses a nivel estatal, europeu e mundial. Pero ao mesmo tempo perfilou posicionamentos ideolóxicos que xeran contradicións non só con outras organizacións do mesmo ámbito senón tamén internas. A defensa dun modelo de agricultura familiar sostible e da soberanía alimentar pode chocar en aparencia coa necesidade de defensa de intereses inmediatos do sectores como o do leite inmersos nun modelo produtivo ultraintensivo e exportador.

Agora o SLG volve tomar a iniciativa ideolóxica apostando claramente pola agroecoloxía. Neste caso, como noutras moitos, o SLG fai propostas de longo alcance asumindo posicións mais propias de organizacións políticas mentres que estas vense máis preocupadas de ofrecer propostas no curto prazo. Aínda que tamén ocorre a contrario non deixa de ser unha transgresión interesante para a análise.

O SLG coas súas formulacións sitúa enriba da mesa, de xeito implícito ou explícito, un debate que tarde ou cedo terá que abordar o nacionalismo galego e que enlaza, dende outro punto de vista, con posicionamentos de determinados sectores do nacionalismo catalán ou vasco. ¿Debe ser o nacionalismo galego unha opción de portas para dentro ou a súa alternativa pode e debe contribuír a articular o mundo máis aló de Galiza?

Esperanza
Aínda que unha resposta pouco reflexiva diría que non son contraditorias, estas dúas formulacións non sempre se poden casar. Hai moitos temas onde se xeran contradicións. Xa me referín ao caso da agricultura, mais tamén temos o da pesca e a esquilmación dos caladoiros, ou as infraestruturas. Por exemplo, nunca pensei ver como o nacionalismo fai da execución dunha rede viaria e de ferrocarril que aumenta a nosa dependencia con Madrid unha das súas prioridades. E iso, entre outras razóns, ocorre por pensar só en termos localistas e non ter unha proposta global diferente para o conxunto do Estado

Na práctica, o SLG está sementando os interrogantes claves, facendo aparecer esas dúbidas que nunca deben faltar entre quen quer cambiar algo nesta sociedade. O rural, outra vez ao calado, está abrindo novos camiños que este país terá que explorar algún día. Oxalá nos decatemos de que é fundamental facelo máis cedo que tarde.

Remato xa as reflexións cun convencemento. A pesares de terse producido durante o período máis duro da reconversión agraria, a etapa do SLG que conduciu a actual dirección con Lidia Senra como secretaria xeral, cos seus acertos e os seus erros, foi enormemente positiva para este país. É sorprendente ver como un proxecto que se reclama continuista espertou tanta esperanza e ilusión neste congreso axudado, iso si, por un discurso realmente innovador, pola forma e polo fondo, da súa nova secretaria xeral, Carme Freire. Oxalá que as únicas preocupacións do Sindicato sexan as derivadas da contratación social do seu proxecto.

8 de novembro de 2010

A proposito da visita de Ratzinger ou sobre o activismo e o pensar




“Non podes resolver un problema coa mesma
clase de pensamento que o produciu”. Albert Einstein



Xoán Hermida


A visita de Benedicto XVI ten posto de releve a existencia dunha sociedade plural, laica e moderna allea á mesma, que nin se mobiliza en masa para escoitar ao sucesor de San Pedro e aínda menos o fai na súa contra.

Isto que non deixa de ser descritivo, pode servir para que reflexionemos uns e outros, cristiáns e ateos ( inclúo neste apartado aos agnósticos aínda que non sei moi ben porque ) sobre o papel de cada quen na sociedade contemporánea.

Resulta obvio que hai motivos suficientes para ser críticos coa evolución do cristianismo desde que deixou de ser a mensaxe teolóxica de Xesús de Nazaret para pasar a converterse noutra proposta.

Non me refiro soamente as desviacións do mensaxe orixinario de Cristo senón en termos filosóficos do materialismo dialéctico ( que profeso e que a estas alturas non sei se é convinte confesalo ) do papel que as filosofías idealistas, e en concreto as relixións, teñen desenvolvido para manter o “statu quo” ou para controlar e dominar aos sectores desfavorecidos da poboación, eliminando do seu imaxinario a posibilidade de cambio en vida e emprazándoos a un mundo mellor despois da morte.

Pero seriamos inexactos se situaramos no cristianismo algúns dos seus elementos conceptuais máis reaccionarios. Os primeiros cristiáns non pasaban de ser unha corrente popular e crítica fronte ao poder teolóxico establecido no seu tempo. A evolución posterior da igrexa ten moito que ver co seu “agiornamento” co poder e sobre todo a súa base filosófica na idade media coa reinterpretación que de Platon e Aristóteles fixeron os escolásticos, en particular Agustín de Hipona e Tomas de Aquino. Igualmente hoxe a base filosófica do papado de Benedicto XVI bebe fundamentalmente do pensamento idealista transcendental de Inmanuel Kant, que paradoxicamente era luterano e non católico.

Pero diante deste plantexamento filosófico a esquerda, e máis concretamente a esquerda que se di marxista e polo tanto materialista no sentido filosófico, que esta a propor ?

A esquerda leva medio século sumida nunha fonda crise política e organizativa. Os modelos sociais que propón non convencen a case ninguén e as estruturas organizativas para o cambio volvéronse inútiles para mudar o sistema.

Isto se ten visualizado con toda a súa crueza nesta etapa de crise sistémica na que estamos inmersos. A esquerda ten abandonado de xeito vergoñento as súas propostas económicas, entendidas estas no senso amplo – sociais, ecolóxicas, urbanísticas, ...- e se refuxia en “batallas” marxinalizadas e en guetos minoritarios que é precisamente onde o sistema quere que estea.

Abandonou fai tempo toda perspectiva de cambio porque, a excepción de América Latina, ten renunciado á lideranza dunha maioría social, onde por suposto entran varios sectores sociais e algúns de tradición e fe cristián.

Quero facer aquí un paréntese para recordar o importante papel que na Italia de posguerra tivo o concepto do “agiornamento” para rachar a hexemonía da dereita nun país onde a Democracia Cristián tiña profundas raíces ou en América Latina o papel clave que esta a xogar a teoloxía da liberación e os movementos cristiás de base nos procesos de mudanza.

Pero volvamos ao tema da crise da esquerda.

O que é máis grave é que desde antes da guerra mundial a esquerda non ten reflexionado a fondo sobre os cambios nas nosas sociedades e nas demandas materiais e espirituais das persoas condicionadas cada vez máis por un modelo desenvolvista e utilitarista.

A esquerda ten sido abandonada polos filósofos.

Os últimos grandes filósofos da esquerda, exceptuando a corrente estruturalista durante o movemento do sesentaoitista, teñen sido os filósofos da praxe, o italiano Antonio Gramsci e o hungaro Georg Lukács, ambos preocupados polo carácter humanista do marxismo e pola hexemonía social e o papel da democracia no socialismo.

Non é de estrañar que con este panorama os filósofos de moda nas facultades de filosofía sexan existencialistas como Martin Heidegger ou Hans-Georg Gadamer.

Os filósofos materialistas inexistentes foron sustituidos, e menos mal, por físicos e investigadores científicos como Stephen Hawking.

Perdida a batalla da política económica e da filosofía a tendencia natural é a refuxiarse no cotiá e no activismo “desbordante”.

E si as cousas non foran por aí ?

O activismo necesario require de lectura, reflexión e meditación. Por que en lugar de adicarlle o 80% do tempo ao activismo ( obviamente excluídos deste esquema os esquerdistas de café ou de facebook ) e o 20% á reflexión e o análise, invertemos a tendencia e adicamos o 20% ao activismo e o 80% a pensar. Aínda que so sexa durante o actual período “post-traumatico” que nos tocou viver. Ademais o pensamento crítico tamén é sin dubida un exercicio de activismo.

Vivimos tempos que non parecen propicios para o cambio. Seria eses que na dialéctica chámanse período de acumulación de forzas previo a un futuro novo salto cualitativo ou un período que en física cuántica tería que ver cun estadio anterior a unha “cadea de emerxencia”.

Pensemos que ao mellor ao igual que aos cristiáns o noso marxismo non ten nada que ver cos plantexamentos primixenios nin de Marx nin de Engels.

De non ser así creo que seguiremos por algún tempo máis de vitoria en vitoria ata a derrota final.

5 de novembro de 2010

Vitória ! E agora ?


Brasil de Fato. Editorial 03/11/2010

Não há motivos para duvidar que a mulher que derrotou o tucano José Serra não medirá esforços para dar continuidade à política econômica do atual governo


O que os movimentos sociais podem esperar do governo de Dilma Rousseff, que inicia em janeiro de 2011? Nada além daquilo que foi o próprio mote da sua campanha eleitoral: a continuidade do governo Lula. Não há motivos para duvidar que a mulher que derrotou o tucano José Serra nestas eleições não medirá esforços para dar continuidade à política econômica do atual governo, tentando promover crescimento econômico com distribuição de renda. Até onde isso será possível, sem atingir os interesses das grandes fortunas, que também foram beneficiadas por essa política econômica, e sem promover as reformas estruturais na economia e na política, essenciais para impulsionar a distribuição da riqueza e consolidar uma democracia em nosso país? Ir além das políticas assistenciais, um imperativo neste momento, significará confrontar os interesses dos que monopolizam a renda e a riqueza brasileira.

A presidenta eleita assegurou, durante a campanha, que a reserva petrolífera do pré-sal pertence ao povo brasileiro e a riqueza gerada será utilizada para erradicar a miséria e em investimentos nas áreas sociais da saúde, educação e saneamento básico. Enganam-se os que pensam que as transnacionais do petróleo e o capital internacional irão respeitar os 56 milhões de brasileiras e brasileiros que votaram a favor dessa proposta política. A rapinagem internacional encontrará em setores da elite brasileira, tão bem explicitada em torno da candidatura do tucano derrotado, o apoio necessário para tentar apoderar-se de mais essa riqueza natural brasileira. Não faltarão experts em economia, jornalistas, comentaristas políticos, parlamentares e lideranças partidárias defendendo, sempre com a empáfia do conhecimento das elites, que o país não tem condições nem capacidade para gerenciar o pré-sal. Melhor será, de acordo com o aprendizado de 500 anos dessa elite nacional entreguista, deixar que os grandes grupos econômicos internacionais o explorem. A presidenta Dilma Rousseff, cumprindo sua promessa eleitoral, terá uma oportunidade histórica para derrotar esses setores entreguistas das nossas riquezas e assegurar ao povo brasileiro o pagamento de uma dívida social que perdura há cinco séculos.

Dificilmente a candidatura de José Serra teria o êxito de disputar o segundo turno eleitoral se não fosse o desavergonhado e imoral suporte que recebeu dos grandes grupos de comunicação. Estes tornaram-se o grande partido político de oposição ao governo Lula. Aproveitaram-se do período eleitoral para fazer uma verdadeira luta de classes em defesa de suas bandeiras políticas mais conservadoras e direitistas. Não hesitaram em adotar candidaturas que se dispunham a fazer coro aos ataques ao governo e à sua candidata, em troca de alguns minutos de exposição nos noticiários.

Já não é mais possível pensar no fortalecimento da democracia sem mexer no oligopólio das comunicações em nosso país. É bem-vindo o Plano Nacional de Banda Larga, um serviço público que democratizará a informação através da internet. E, felizmente, alguns Estados já estão discutindo uma legislação própria que assegure um controle social sobre os meios de comunicação, como estabelece a Constituição Federal de 1988. Mas é preciso enfrentar os grupos empresariais do setor, seis ou sete famílias, que monopolizam a produção e a divulgação das informações.

Não se trata de censurar a imprensa. Mas, sim, de assegurar ao povo brasileiro o direito de se informar e se comunicar. Direito que está acima dos interesses particulares dos proprietários dos meios de comunicação. Este poderio, não enfrentado pelo governo Lula, precisa ser confrontado com as vozes vindas da Conferência Nacional de Comunicação e com uma legislação apropriada e atualizada, que atenda os interesses da sociedade brasileira.

As trapalhadas do Poder Judiciário, durante o processo eleitoral, apenas atestam a necessidade de promover mudanças nessa esfera do poder político. O Brasil deve ser um dos únicos países onde o título de eleitor não é documento suficiente para o cidadão votar. Por indefinição do Supremo Tribunal Federal (STF), milhares de eleitores votaram em candidatos que não sabiam se estavam aptos ou não a receber esses votos, por estarem incluídos no projeto de lei “ficha suja”. Votaram e tiveram seus votos anulados por decisão do Judiciário. Ver um dos ministros do STF, Gilmar Mendes, receber um telefonema de José Serra durante a votação da corte, para interferir nessa decisão, foi o ápice dessas trapalhadas. Reformular a estrutura do Judiciário, limitar os mandatos nas cortes judiciais, democratizar o mecanismo de escolha de seus membros, criar e fortalecer instrumentos de controle da sociedade sobre o Judiciário, são algumas bandeiras que fazem parte da agenda política do país neste momento.

São estes alguns dos desafios que o novo governo, liderado por uma mulher – pela primeira vez na nossa história republicana – terá que enfrentar. Os interesses contrários serão fortíssimos. As forças reacionárias e de extrema direita, que hibernavam desde o fi m da ditadura militar, reapareceram com vigor na disputa eleitoral deste ano. Mostraram que não há limites éticos e legais para se fazer ouvir. As baixarias da campanha, onde o tucano Serra foi um desmiolado porta-voz, mostrou a força desse segmento social e do que são capazes.

Enfrentar esses desafios exigirá da presidenta clareza política e muita força de vontade. O respaldo vindo das urnas, infelizmente, será insuficiente para se contrapor aos interesses do capital, à elite entreguista e às forças direitistas. A base parlamentar, na sua maioria, é mais suscetível aos interesses particulares do que ao programa vitorioso nas eleições. Alguns membros do próprio partido da candidata eleita, e próximos a ela, dão a impressão de que estariam mais à vontade nas fileiras tucanas do que defendendo suas propostas governamentais em defesa dos mais pobres.

Assim como foi determinante no segundo turno das eleições, os movimentos sociais, sindicais e estudantis, as pastorais sociais, os comunicadores progressistas que ocuparam um importante espaço na internet precisam ir às ruas durante estes próximos quatro anos. Somente a mobilização popular, preservando sua autonomia frente ao governo, será capaz de assegurar novas conquistas e frear as forças direitistas que afloraram desse processo eleitoral

15 de outubro de 2010

Manifesto das 10 razóns para pechar as térmicas de carbón tamén aqui e agora


As organizacións e persoas asinantes opómonos ao decreto estatal que favorece a queima de carbón español nas centrais térmicas, mais non porque prexudique as centrais de Meirama (GAS NATURAL FENOSA) e As Pontes (ENDESA), que usan só carbón importado desde 2008. Rexeitámolo porque o carbón é o combustible fósil máis contaminante, o primeiro que habería que substituír. Por iso, non queremos en ningún lugar centrais térmicas que xeren electricidade sucia a partir de carbón. En Galicia tampouco. Eis dez boas razóns para pechar canto antes as centrais térmicas de carbón das Pontes e de Meirama:

1. Son enormes fábricas de cambio climático. Con moita diferenza, son as centrais eléctricas máis intensivas en emisións de dióxido de carbono (CO2), o principal gas causante da mudanza climática, o problema socioambiental global máis preocupante, do que Galicia tampouco se libra. Durante 2009 emitiron 0,9 toneladas de CO2 por MWh de electricidade xerado, dúas veces e media máis que as centrais de ciclo combinado. O uso exclusivo de carbón de importación a partir de 2008, logo do esgotamento das minas situadas ao seu pé, diminuiu as emisións directas un 13%, pero incrementou as indirectas debidas ao transporte do carbón.

2. Incrementan a débeda de carbono. Unha débeda ignorada e non recoñecida, que contraemos cos países empobrecidos polo noso exceso de emisións de CO2 e outros gases causantes da crise climática, que ameaza sobre todo aos países máis desfavorecidos. As emisións anuais por habitante de Galicia (10,6 toneladas en 2008) son insustentables e moi superiores ás emisións medias mundiais. Durante 2008, último ano para o que hai datos oficiais, case o 25 % das emisións galegas procederon da xeración de electricidade con carbón, que foi a maior fonte de todas.

3. A minería de carbón pode ser moi destrutiva. A extracción de lignito nas minas das Pontes e de Meirama ten provocado un impacto brutal. Agora estamos a externalizar esa destrución, trasladándoa a países como Indonesia, un dos estados do mundo máis ricos en diversidade biolóxica.

4. Elevan a pegada ecolóxica. Coma o resto dos países chamados desenvolvidos, Galicia consome recursos naturais e xera residuos moi por riba do que lle correspondería pola súa poboación, axudando a exceder a biocapacidade renovable do planeta. A iso contribúen de xeito moi destacado as emisións de CO2 das centrais térmicas de carbón, parte de cuxa produción expórtase ao resto da Península Ibérica, co cal estamos a “importar” emisións de CO2 e outros impactos asociados ao consumo eléctrico fóra de Galicia.

5. Deterioran a calidade do aire. A pesar da diminución das emisións atmosféricas como resultado do uso de carbón de importación menos contaminante, non debemos perder de vista que as centrais térmicas de carbón seguen sendo as principais fontes en Galicia para varios contaminantes diferentes do CO2 con efectos a escala local. Durante 2009 superáronse valores recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para concentracións no aire de dous dos principais contaminantes nas áreas de influencia destas centrais: ozono troposférico (As Pontes) e partículas (Meirama).

6. A descarga e o transporte do carbón degradan o ambiente. Minimizar a exposición da poboación ás molestias asociadas á descarga do carbón para as térmicas foi un dos principais motivos invocados para a construción dos impactantes e custosísimos portos exteriores de Ferrol e A Coruña (separados a penas 17 km). A descarga do carbón en porto, e o seu transporte até as centrais (en camións, no caso das Pontes) xera contaminación atmosférica e acústica. A pesar da construción da “Medusa” no porto da Coruña para minimizar o impacto no aire das descargas de carbón, no barrio próximo dos Castros superouse durante 2009 o valor medio anual de presenza de partículas no aire recomendado pola OMS.

7. Acentúan a dependencia enerxética externa. Galicia depende moitísimo da importación de materias primas enerxéticas (máis do 99% destas son combustibles fósiles: carbón, petróleo e gas natural). Esta dependencia enerxética externa acentouse aínda máis desde que as térmicas usan só carbón de importación, pasando do 77,3% da enerxía primaria en 2007 ao 86,2% en 2008.

8. Son moi ineficientes. As centrais térmicas de carbón, responsables dun 15% do consumo de enerxía primaria en 2008, presentan un rendemento de tan só o 37% na transformación da enerxía primaria do carbón en electricidade. É dicir, consomen en forma de carbón perto de tres veces máis enerxía da que obteñen en forma de electricidade. Substituír totalmente a electricidade do carbón por electricidade renovable, ou incluso pola procedente de ciclos combinados a gas natural (cun rendemento do 50%), suporía un importante aforro de enerxía primaria.

9. Son innecesarias para atender o consumo eléctrico galego. As mudanzas operadas no “mix eléctrico” galego durante os últimos anos (crecemento da eólica, ciclos combinados) fixo que durante 2009 a electricidade xerada polas térmicas de carbón (7.433 GWh) fose só un pouco superior á exportada a Portugal e ao resto do Estado español (6.760 GWh). Para satisfacer só o consumo eléctrico galego, hoxe estariamos en condicións de prescindir a curto prazo das térmicas de carbón.

10. É mellor un modelo enerxético sen carbón. Se non se parte de visións condicionadas por intereses particulares e a curto prazo, estamos convencidos de que a opción enerxética máis vantaxosa desde o punto de vista social e ambiental é decrecer o consumo de enerxía e expandir as renovables de xeito respectuoso co territorio, de forma que poidamos prescindir canto antes dos combustibles fósiles, comezando polo máis sucio, o carbón. Canto maior sexa a achega do carbón, máis sucia e máis ineficiente será a produción de electricidade.

Se aspiramos realmente a unha Galicia sustentable e solidaria, non se pode defender calquera actividade económica e o emprego polo emprego, independentemente das consecuencias socioambientais a escala galega e global, e a curto e a longo prazo. Por suposto, é necesario considerar os prexuízos sociais que conlevaría o peche definitivo das térmicas de carbón e encaralos eficazmente a través de medidas de protección social, de formación e de xeración de alternativas sustentables de emprego. Estamos certos de que unha transición -xusta para os traballadores e traballadoras e para as comarcas afectadas negativamente- cara a un modelo enerxético sustentable, baseado no aforro e nas renovables, suporía grandes beneficios para o conxunto da sociedade, tamén no eido do emprego. Os intereses de dúas multinacionais enerxéticas, ou uns centos de empregos, non deberían ser un impedimento para pechar as industrias galegas máis insustentables.


Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega (FEG)*, Greenpeace, Rede Galiza non se Vende (RGNV)**, Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e Verdegaia.


*A FEG está formada por Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Asociación para a Defensa da Natureza do Condado (ADENCO), Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), Asemblea do Suído, Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES), Coto do Frade, Guerrilleiros das Fragas, Grupo Naturalista Hábitat, Luita Verde, Movemento Ecoloxista da Limia (MEL), Naturviva, Néboa, Niño do Azor, Oureol, Vaipolorío, Verbo Xido, Verdegaia e Xevale.

** A RGNV está integrada por A Cova da Terra, A Fouce de Ouro, Agrupaçom de Montanha “Águas Limpas”, Amarante-Setem, Amigos da Terra , Anduxía - Plataforma para a conservación e rexeneración do litoral de Bueu, Arredemo, Assembleia aberta do local social Baiuca Vermelha,Asemblea do Suído, Asociación Cultural e Veciñal O Tombo de Ardán (Marín), Asociación pola defensa do Parque Rosalía de Lugo, Asociación O Carballal, Asociación Sagres, Associaçom Cultural A Gentalha do Pichel, Bouzas Móvete,Burla Negra, Caleidoskopio, Colectivo de acçom global Fugaemrede,Colectivo Arraianos, Colectivo Ártabra 21,Colectivo Berra Val Miñor, Comisión Veciñal contra a Macrodepuradora do Lagares, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Comité de Defensa das Rías Altas, Colectivo Nacionalista de Marín, Coordinadora de Crentes Galeg@s,C.S. A Revolta, C.S.A. Atreu, Drosera, Eirado, Erva, Federación Ecoloxista Galega, Foro Social de Cangas, Foro Social Temos Dereito a Saber “O Ribeiro”, Fundación Galicia Verde, Fundación Sen Esquencer, Fusquenlla, Grupo de Axitación Social (Vigo), Luita Verde, Maribolheras Precarias, O Cruceiro de Mehá, O Fervedoiro, Ortigueira Sostible, Pallas@s en Rebeldía, Plataforma Cidadá “Cultura si, mausoleo non”, Plataforma Contra a Variante Interior de Noia, Plataforma Contra o Viaduto e a Variante de Outes, Plataforma Medioambiental de Corrubedo, Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas, Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo, Plataforma polo Desenvolvemento Socioeconómico de Chantada, Rede de Dereitos Sociais, Redes Escarlata, Salvemos Monteferro, Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, Sociedade Cultural Madia Leva!,SOS Courel, SOS Serra da Groba,Unión Libertaria,Verdegaia e Verduxo.

Asinantes a título individual:

Xosé Manuel Beiras (catedrático de Estrutura Económica da Universidade de Santiago), Lino Braxe (actor, director de teatro e escritor), Pedro Brufao (Profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Estremadura, activista de defensa dos ríos), Quico Cadaval (actor e director de teatro), Francisco Castro (escritor e profesor), Lupe Ces (militante feminista), Comba Compay (actriz e xornalista), Xoán Ramón Doldán (profesor do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago e ex-director do Instituto Enerxético de Galicia da Xunta), Eduardo Estévez (escritor), García Mc (membro do Colectivo Hip Hop Dios Ke Te Crew), Guillerme Ignacio (músico), Suso Lista (actor e guionista), Francisco Macías (director de Edicións Positivas), Pablo Meira (profesor do Departamento de Teoría da Educación e membro do grupo de investigación Pedagoxía Social e Educación Ambiental da Universidade de Santiago), Olga Novo (poeta e ensaísta), Xacobe Meléndrez (fotógrafo), Víctor Mosqueira (actor), Marcos Helly Orsi (actor), Xabier Pontevedra (Profesor do Departamento de Edafoloxía da Universidade de Santiago), Manuel Rivas (escritor), Sechu Sende (escritor), Xavier Simón (profesor do Departamento de Economía Aplicada e membro do grupo de investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo), Paco Souto (poeta), Carlos Taibo (profesor do Departamento de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Madrid), Ramón Varela (doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Autónoma de Madrid, autor do libro “Contaminación atmosférica na Galiza” e ex-presidente de ADEGA), María Xosé Vázquez (profesora do Departamento de Economía Aplicada e membro do grupo de investigación Economía dos Recursos Naturais e Ambientais da Universidade de Vigo).

30 de setembro de 2010

Con motivos pero desmotivados

Xoán Hermida

Ao igual que nas eleccións onde todos gañan o mesmo pasou coa folga xeral. As centrais sindicais promotoras porque salvaron os mobles. O PP porque desgastou algo máis o goberno. O goberno porque a folga fracasou no seu xusto punto, o suficiente como para non deixar tocados os seus nichos electorais ( CC.OO e UGT ). E sobre todo a dereita económica porque cunha esquerda que non sae dos esquemas do século XIX seguirá avanzando na demolición do estado do benestar e das conquistas sociais.

Máis a pregunta que cabería hoxe facerse é: porque habendo motivos máis que xustificados para unha folga xeral esta ten tido menos impacto e forza que as anteriormente realizadas?

E verdade que, e isto xa é un clamor, a folga chega tarde. Eu mesmo comentaba nun artigo coincidindo coa folga do funcionariado que “en plena crise sistémica, e cunhas centrais sindicais inseridas no sistema, a resposta das mesmas ten sido totalmente ridícula ata o momento e a partir de agora, cando estamos na fase non das causas (etapa na que os gobernos refinanciaron a economía dos poderosos e “refundaron” o capitalismo) senón das consecuencias (recortes de dereitos laborais e sociais) todo apunta a que a resposta vai ser unicamente para cubrir o expediente”.

Pero quedariámonos na superficie se ese fose a única conclusión.

Tamén é certo, e xa ten sido apuntado por moitos analistas, a falla de claridade política e de obxectivos da propia folga. Eu mesmo comentaba no mencionado artigo:

”Inseridos como estamos nunha crise global a resposta da esquerda en xeral e das centrais sindicais en particular non pode cinguirse a unha xornada de paro con contidos políticos minguados e no que os únicos obxectivos reais a alcanzar sexan: perder o salario do día por parte dos participantes na mesma e facilitar aínda máis o retorno da dereita tralas próximas eleccións coa mesma política neoliberal do actual goberno pero elevado ao cubo”.

”Unha folga xeral unicamente adquire pleno sentido no marco dunha estratexia antisistemica clara, isto é que poña en cuestión as causas máis que as consecuencias da crise.

Unha folga xeral unicamente adquire pleno sentido se ten un marco global europeo onde se está a dar o actual escenario de loita política.

Unha folga xeral unicamente adquire pleno sentido se mais aló das consignas de sempre existen obxectivos políticos e económicos conqueribles trala mobilización.

Se isto non é así, a frustración posterior virase a sumar ao escepticismo xa reinante entre amplos sectores sociais...”

Agora ben, o máis importante desde o meu punto de vista e que condiciona non so esta senón as futuras mobilizacións dos traballadores e das traballadoras esta na propia renovación e actualización das centrais sindicais que levan desde a metade do século XX sen modificar a súa misión.

Tres son os elementos centrais para abordar a renovación e actualización dos sindicatos desde unha perspectiva de esquerdas:


O primeiro é a despolitización ( algúns prefiren falar de desideoloxización pero este é un termo que a min non me gusta utilizar pois a ideoloxía non pasa de ser outra das trampas supraestructurais da elite dominante ). En todo caso este elemento é o que menos me interesa pois xa se ten escrito moito sobre como as centrais sindicais se converteron nos últimos anos en departamentos de xestión e/ou departamentos de formación e reciclaxe, facéndose cargo dunha tarefa externalizada desde a administración pública.


O segundo tema é o corporativismo. Tendencia a que se ve empuxada o movemento sindical polo propio mecanismo de representación que fai primar máis a defensa dos intereses de certos sectores ( traballadores de grandes empresas industriais, funcionariado,... ) que a outros máis difíciles de organizar e que no computo institucional non xeran “rendibilidade”.



Isto ademais agravase nunha sociedade como a actual onde a composición da clase obreira e moi complexa e plural non so con respecto á produción senón as formas que teñen de relacionarse coa mesma ( relacións de produción ). Así é imposible, como ben ocorrendo, que as persoas paradas ou os traballadores “free lance” dos novos sectores produtivos ou de servizos, cada vez máis numerosos, conecten coa oferta sindical.


O terceiro tema, relacionado co anterior, é o “obreirismo”. Pode parecer contraditorio que isto sexa un problema para as centrais sindicais pero así é.


As comisións obreiras que se forxaron na loita dos últimos anos do franquismo tiñan claro a súa liña “socio-política” que incardinaba ás reivindicacións laborais nunha loita política máis global, naquela a loita contra a ditadura, que con posterioridade se perdeu.


No fondo tratábase dunha lectura política acertada pois vinculaba os dereitos da clase obreira cos dereitos da sociedade en xeral. Buscábase crear unha alianza de clases con outros sectores sociais – labregos, intelectuais, pequenos empresarios,... – contra un proceso de monopolización constante. Unha vez máis, e xa me vou volvendo pesado, recomendo a lectura da “Critica ao programa de Ghota” onde precisamente Karl Marx critica que na fusión da socialdemocracia alemán primen visións sectarias que o único que fan e aillar á clase obreira fronte aos grandes monopolios.


É lamentable observar como en tempos onde o proceso de monopolización é brutal algúns supostos activistas de esquerdas, mesmo algúns que se din seguidores das teorías marxistas, pensan que un autónomo é un “capitalista” ou un profesional é unha persoa descastada. Moitas veces algunhas das accións deste sindicalismo quebran o noso tecido produtivo autóctono, favorecendo en última instancia a monopolización e concentración do capital e de paso a súa deslocalización económica e fiscal.


Vivimos nunha sociedade postfordista onde a clase obreira non traballa xa en grandes naves cóbado con cóbado senón en espazos compartimentados que dificulta a conciencia de pertenza de clase.

Namentres os sindicatos non se dean conta de isto so serán capaces de mobilizar aos obreiros da industria clásica e o transporte e estarán imposibilitados para crear unha estratexia primeiro de resistencia e posteriormente de cambio.

Sen dubida vivimos tempos dun acoso da dereita máis reaccionaria contra a propia existencia dos sindicatos, pero por elo mesmo ocultar estas deficiencias endóxenas non nos van a fortalecer para afrontar os ataques exóxenos.

Sobre a unidade sindical: a unidade como elemento central de fortaleza é incuestionable, pero para que o sindicalismo nacionalista xogue un papel estratéxico é tan errado convocar polo seu lado como sumarse acriticamente a outra convocatoria. Pódese ( e debese ) ir do brazo de CC.OO e UGT sempre que se plantexe a “contraprestación” do papel que se vai a xogar na posterior xestión do conflito ( na postfolga neste caso ), senón é mellor como fixo ELA-STV e LAB ter o teu propio calendario.

Alén de UGT, CC.OO e CIG: A existencia de forzas sindicais con discurso máis radical que o mantido por CC.OO. ou UGT, e mesmo pola CIG, amosa que existe un descontento de como se xestiona a loita e a mobilización, pero coidado porque ademais de contar coas mesmas eivas que as grandes centrais poden chegar a ser un factor manipulable polo propio sistema en momentos de crise.

19 de setembro de 2010

Novos e vellos camiños da esquerda

Xoán Hermida

Tiven ocasión de asistir ás xornadas “novos camiños para a esquerda galega” onde compartían mesa de debate Camilo Nogueira e Xosé Manuel Beiras, historia ( eu diría tamén presente e como a cousa siga así: futuro ) da esquerda do noso pais no último cuarto do século XX.

A esquerda galega tense configurado na última metade do século XX como prolongación da evolución do movemento galeguista, nas súas diferentes etapas ata chegar ao nacionalismo como fase que quizás sexa xa necesario superar, conectando cunha liña de innovación filosófica e reflexión global onde sempre estivo ubicado o galeguismo político.

Nogueira e Beiras representan a priori as dúas formas de entender a vertebración filosófica, política e organizativa da esquerda na Galicia contemporánea e do nacionalismo despois da “longa noite de pedra”, sendo os lideres do galeguismo político trala desaparición traumática de Bóveda e Castelao.

E digo a priori, porque se ben é certo que os planeamentos da extinta EG e do BNG ( por agora non extinto ) partían de análise con puntos de partida diferentes que co paso do tempo a propia crise da esquerda a nivel global ten axudado a que de dous modelos de entender a construción da esquerda nacional se conflúa na necesaria aposta por un modelo claramente altermundista en conexión cos novos movementos antisistemicos globais e na relación democrática coa sociedade civil ( sen instrumentalizacións ) e vertebración interna entre as partes dun necesario proxecto amplo que atenda a unha esquerda necesariamente plural.

Obviamente a súa estrutura de pensamento, o seu análise político e mesmo o seus estilos son diferentes. Cada un deles ten xerado un certo clan de seguidores(claramente máis numerosos no caso do Beiras).

Eu, pola contra, son do grupo que profeso respecto e admiración aos dous por igual no convencemento de que Galicia en xeral e a esquerda en particular non se pode permitir o luxo de prescindir de políticos que teñen deseñado con tanta lucidez a renovación das ideas da esquerda e a actualización do nacionalismo político.

Aínda que como acostumo a andar a contracorrente soamente os votei a última vez que se presentaron a unhas eleccións autonómicas. A Camilo nas eleccións de 93 no marco da fracasada coalición UG-EG e a Xosé Manuel no 2001, ano en que a UPG entendeu necesario o comezo das purgas no BNG tras dúas décadas de “demasiada” apertura política e electoral.

A poucos quilómetros onde un centenar de persoas asistiamos ao debate organizado polo grupo promotor do blog “renovar o BNG”, a corrente política +Galiza inauguraba o curso cunha declaración do seu líder Carlos Aymerich onde se situaban no medio das posicións extremas que propoñen que “o proxecto do BNG esta esgotado e xa non serve” por unha banda, e os que “pretenden atrasar o reloxo da historia”, por outra.

Non serei eu que abandonei o BNG antes de que existira ( no remate do curso do 82 un grupo de estudantes abandonamos ERGA aburridos xa daquela dos que hoxe seguen tres décadas despois a dirixir os destinos do nacionalismo ) quen me poña a dar consellos aos seus membros por onde deben camiñar, pero comprenderase que me sinta concernido no debate tanto e canto militante de esquerdas que vexo a necesidade dunha nova vertebración na esquerda galega.

A posición central nun debate soe ser a máis equilibrada, por canto é a construción da síntese entre a tese inicial superada e a antítese simplemente negadora.

Pero esta posición de equilibrio, baseada nunha suposta metodoloxía dialéctica, non é máis que unha cortina de fumo cando en realidade o que se esta a enfrontar é a tese non coa antítese senón coa propia síntese, ou dito dun xeito máis claro, cando a tese de que o BNG é un proxecto amortizado non é unha mera negación diante do estancamento político e o retroceso electoral do nacionalismo senón a síntese entre a tese dunha organización ideoloxicista e populista ( defendida pola UPG e grupos afíns ) e a antítese dunha organización tacticista e electoralista ( defendida por unha parte importante de +Galiza ).

Creo que o BNG como instrumento de loita polo socialismo e pola soberanía nacional de Galicia - entendidos estes dous conceptos a luz do século XXI e non con formulas do século XIX ao que nos teñen acostumados algúns grupos- é un proxecto esgotado e amortizado hai bastante tempo.
E máis, cabería reflexionar sobre cales son os elementos que levaron a esta degradación política, separando estes aspectos do declive electoral.

Digo isto porque aínda que poidan estar relacionadas o declive electoral do BNG na última década coa súa degradación política, para explicar o primeiro hai elementos sinxelos claramente observables: recuperación do PSOE trala fase última do felipismo, cambio e empobrecemento do liderazgo no BNG, pésima xestión e ausencia de políticas de reforma forte nos grandes concellos e posteriormente no bipartito.

Agora ben, a degradación política conten elementos de maior profundidade, autenticas correntes subterráneas que teñen aflorado con forza a partir da última década e sobre as que conviría nalgún momento reflexionar.

Durante o debate da Rolda de Rebeldía falei, con demasiada atención mediatica sobre este aspecto, de que a esquerda en xeral padecía a enfermidade do sectarismo.

O actual BNG estaría máis próximo á enfermidade coñecida como esclerose múltiple. Problemas de coordinación, perda de visión, lentitude nos seus movementos, cansanzo e agarrotamento. Unha enfermidade, por outra banda, crónica.

A cuestión é que Fraga trunfa despois de retirado. No país do minifundismo ata a patoloxía o nacionalismo permanece unido e mesmo sae sen fisuras dun período de goberno onde as contradicións deberían xerar cando menos dous proxectos.

A sociedade galega moderna e plural merecese varias forzas nacionais na esquerda e en cambio atopámonos con un sistema electoral raquítico no partidario e anoréxico no político.

Por suposto alguén pode pedirme elementos sobre os que basear tal afirmación. Ocorrésenme algúns dificilmente refutables:

- na última década Galicia ten mudado moito socioloxicamente e o seu corpo electoral non é o de hai 10/20 anos, pola contra o distanciamento do discurso do BNG coa sociedade se ten ensanchado;

- diante disto a liña de moderación política e de discurso supuxeron a perda de referentes claros de esquerda namentres que non se foi capaz de penetrar ni un ápice no electorado conservador;

- o paso polo goberno do BNG non posibilitou unha percepción positiva como partido xestor namentres que desmitificou ao mesmo como partido de loita e transformador;

- o BNG é visto como algo alleo entre os sectores da esquerda social máis dinámicos, claramente entre os movementos sociais que o perciben como inimigo;

- a involución electoral do BNG dáse fundamentalmente no electorado de futuro – urbano e mocidade – anteriormente piar central do seu ascenso. No caso da mocidade existe un desapego enorme cara ao nacionalismo;

- o modelo interno do BNG, tal como está consolidado hoxe, impide calquera mudanza ou renovación profunda. No 2002 intentouse e perdeuse a última posibilidade;

- ademais unha boa parte da base sociolóxica do BNG que posibilitaría unha mudanza esta fora da organización.

A solución na esquerda pasa por desatascar o elemento que hoxe tapona a súa vertebración plural: o propio BNG

Ata agora as escisións sufridas no BNG tiñan unha importante carga de marxinalidade social, principismo ideoloxicista e esterilidade electoral froito do mesmo análise erróneo do país do que parten os dirixentes da UPG.

A aposta debe pasar por un proxecto plural e democrático que asuma a construción dunha hexemonía nacional desde a esquerda.

Se isto non ocorre e as persoas que deberían dar un paso adiante non o fan teremos un período de languidecemento paulatino ata chegar un momento no que a esquerda en Galicia sexa residual institucionalmente.

Isto non esta lonxe de ocorrer e o que nos xogamos non é se a dereita extrema encabezada por Feijóo domina esta e a próxima lexislatura senón se o cartaz do PP no 2025 é Feijóo, emulando en lonxevidade política ao seu predecesor, e desfacendo social e institucionalmente o país.

Notas finais:

Tendencias: A esquerda política estase a mover no continente e no mundo con claros contidos antisistemicos e ambientalistas, así que ou ben somos capaces de vertebrar un proxecto nacional en conexión coas novas tendencias que xa se apuntan con forza ou acabaremos tendo en Galicia unha franquicia débil dalgún proxecto estatal que se esta a xestar.

Debate: Cometemos un erro interpretando que o problema da UPG con respecto ao BNG é o seu caracter comunista, non so porque isto sexa irreal senón sobre todo porque este planeamento dálle a UPG a baza de aparecer como o sector máis de esquerdas do nacionalismo. Cousa evidentemente falaz.

Mirar ao futuro: A nova etapa da esquerda política non pode pasar por reconstruír o BNG nin por competir co que quede del. A aposta de futuro debe ser sobre un proxecto nacional onde nos encontremos persoas que hoxe están no BNG e os que non, sobre un proxecto de reinterpretación do socialismo global e da independencia no marco da co-soberanía en Europa.


escoitar intervención de X. M. Beiras
http://www.goear.com/listen/7505774/beiras-18-09-2010

Ata sempre Labordeta

http://www.youtube.com/watch?v=i15eFc_BCu4

7 de setembro de 2010

De similitudes e diferenzas

Xoán Hermida

Sempre me neguei a pensar que o elemento distorsionador da UPG na esquerda galega fora o seu carácter comunista.

Quizais porque non podo facerme a idea de que os dirixentes de dito partido teñan nada que ver intelectualmente con pensadores e lideres políticos da talla de Lenin, Gramsci, Althusser ou Lukács. Quizais porque como lembraba recentemente Jorge Semprum os comunistas son fundamentalmente boas persoas.

Sexa como sexa, faise necesario separar o grao da palla xa que os que se din seguidores dunha corrente filosófica ou teolóxica na maioría das veces nada teñen que ver co corpo teórico elaborado polo seu fundador e/ou non necesariamente os seus planeamentos concordan co mesmo.

Isto é facilmente comprensible se comparamos o “Sermón da montaña” pronunciado por Xesús de Nazaret coas encíclicas dos sucesores de Pedro, en especial as de Karol Wojtyla e Joseph Ratzinger. Pero igualmente é facil de observar a supostos marxistas defender postulados que asombrarían ao propio Marx.

Mesmo no caso de Lenin, é fácil de observar como moitos dos que se proclaman herdeiros políticos do seu pensamento non entenderon nada da súa praxe, descontextualizándoa e convertendo unha das maiores experiencias revolucionarias da historia da humanidade, coas súas luces e sombras, nunha especie de auto sacramental.

Sen dubida moitos dos planeamentos políticos e éticos de Lenin non teñen encaixe na sociedade do século XXI pero non e menos certo que as reflexións teóricas de Lenin eran as de un marxista heterodoxo e polo tanto innovador na coordenada temporal e adaptado a súa realidade nacional na coordenada espazo. Reivindicar a teoría e a acción de Lenin ou de Marx nada ten que ver coa formulación encorsetada marxismo (guión) leninismo inventada polo stalinismo no proceso de degradación e amputación da revolución rusa. Cabe neste momento recordar que cando se produce a crise do maior partido de esquerda marxista do estado español: o PSUC, ademais da corrente eurocomunista e a ortodoxa, existe unha denominada leninista, composta esta non precisamente por persoas dogmáticas senón participada por algúns dos mais lucidos intelectuais da esquerda catalá do momento.

Este fin de semana tiven ocasión unha vez máis de asistir a Festa do Avante que o Partido Comunista Portugués celebra tódolos anos a primeira fin de semana de setembro na Quinta da Atalaia no Seixal.

Xa é a sexta vez. A primeira foi hai 25 anos no Alto da Ajuda en plena revisión das conquistas de Abril por parte dos sucesivos gobernos do PS e do PSD e nun ambiente anticomunista durísimo. Daquel ano é o libro “O partido con paredes de vidro” que Alvaro Cunhal acababa de escribir e nos que intentaba dar resposta aos múltiples ataques recibidos.

25 anos despois desta primeira cita a festa ségueme a impresionar pola súa dimensión e pola súa capacidade de convocatoria ( que non para de medrar ), pola súa capacidade organizativa, pola súa alegría e sobre todo pola capacidade de resistencia do PCP.

O PCP parecese aos “nosos” partidos comunistas ( nomeadamente UPG e PCE ) en moitas cousas: incapacidade para renovar a súa practica política, obreirismo que o imposibilita ter un discurso e unha practica directa en problemáticas transversais e centrais como ecoloxismo, feminismo, inmigración, banca ética,,…, e sobre todo unha ausencia dunha estratexia de cambio que implique ao tecido social máis aló dos nichos sindicais consolidados ( entendendo aos movementos sociais como correas de transmisión ) ou políticos ( nin tan sequera se menciona nos seus discursos as estratexias de alianzas coa outra esquerda antisistemica portuguesa: o bloco ).

Pero ao igual que nos pasatempos de “descubre as cinco diferenzas”, ao PCP cando se compara co PCE ou a UPG os parecidos pasan a ser puras coincidencias.

E verdade que o PCP, en parte pola súa propia incapacidade política e en parte pola súa propia concepción, é un partido de resistencia e non un partido de transformación. Pero ollo!, é un partido de resistencia real, mobilizador e con capacidade de intervención. Un partido militante. Ninguén se pode imaxinar gobernando nun bipartito con meras políticas de xestión.

E un partido con tradición fronte populista, tal como fora concibida por Georgi Dimitrov nos anos 30, como ferramenta superadora do enfrontamento sectario esquerda reformista versus esquerda revolucionaria que abrira as portas ao nazismo. Un partido capaz de frear o paso da dereita política mesmo se para elo ten que prestar un apoio táctico á socialdemocracia como ocorreu no pasado con Soares, sabendo analizar os matices políticos existentes. E curioso observar como en Portugal a mobilización contra a crise se fai de igual xeito contra o goberno -PS - que contra a dereita - PSD/CDS - namentres que aquí a "micro" mobilización do 29-S centrase en Zapatero obviando que si gobernara a dereita as políticas de axuste serian máis duras aínda.

Os comunistas portugueses fan a súa intervención política sen ocultar a súa presenza social ou maquillar o seu contrato electoral inseríndose en estruturas amplas onde utilizar compañeiros de viaxe como outros fano no BNG ou en IU. Certo que o PCP presentase as eleccións con Os Verdes no marco da CDU pero esta é simplemente unha coalición electoral sen maior interese que o de sumar espazos electorais.

Ademais o PCP é un partido con proxecto nacional. Namentres por estes lares o PCE é prisioneiro do axioma supostamente leniniano de “un estado, un partido”, claro que ese axioma non era máis que unha constatación do marco de loita de clases nun momento onde os estado-nacion non entraran en crise con procesos de confluencia ou por espazos políticos nacionais sen estado. Por outra banda, o “noso” partido patriótico – UPG – que si entendeu o marco nacional para a actuación política esta a tirar pola borda este activo froito do seu desprezo cada vez máis constatable polo pobo que din defender.

Por suposto ningún partido comunista, desde o XX Congreso do PCUS, reivindica a etapa staliniana pero non é menos certo que o stalinismo non é so unha dexeneración totalitaria dun proxecto revolucionario como anteriormente o fora o bonapartismo da revolución francesa, senón que máis aló é un mecanismo de fosilización, amputación e terxiversación do comunismo. E así que a pesar de que hai tempo o PCP foi alcumado como o ultimo partido stalinista de Europa seguramente estea na súa practica política menos contaminado por ese mecanismo de pensamento e acción que o PCE ou a UPG.

En todo caso as persoas da esquerda antisitemica teñen en Portugal dúas opcións onde elixir: un partido de resistencia como o PCP ou un partido alterrmundista como o Bloco. Que envexa para os habitantes desta beira do Minho que non temos o segundo e fomos perdendo o primeiro.

13 de agosto de 2010

A Contratempo: O desasosego da esquerda social

Revista: Tempos Novos
Debate: O desasosego da esquerda social


Texto e moderación: Marcos Pérez Pena. Participaron no debate: Alexandre Carrodeguas, membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e de Galiza non se Vende; Alberte Lema, membro de Redes Escarlata e da CUT; Alfredo Iglesias, do consello de redaccion de Altermundo; Xoán Hermida, membro de Amarante; e Lidia Senra, secretaria de organización do Sindicato Labrego Galego e membra do comité de coordinación da Coordinadora europea de Vía Campesina.

http://www.temposdixital.com/?p=3399

4 de agosto de 2010

Sindicalismo galego sen ataduras

Xoán Hermida

Hai pouco cumpríase o 25 aniversario do nacemento da CXTG e como se de un pantasma se tratara faise case imposible atopar en internet noticias ou imaxes do seu curto pero intenso vagar.

A experiencia do “sindicalismo galego sen ataduras” apenas durou 9 anos pero seguramente sexan os máis intensos do movemento obreiro galego organizado e máis aló da autoorganización asociativa deste pais.

Tiven a grande fortuna de poder participar durante algúns anos nesa experiencia e teño no meu haber, sempre desde o meu punto de vistas moi suxeitivo, de ter sido o único membro do consello confederal da CXTG de ter votado en contra da súa acta de defunción para ser absorbido pola INTG no que os estrategos da UPG chamaron CIG.

O meu voto en contra, daquela entendido como unha expresión de sectarismo incomprensible nos que me coñecían, adquire unha nova perspectiva tras varios anos nos que se foi asentando un sindicalismo arcaico, corporativista, funcionarial e de mecanismos de loita máis propios da revolución industrial que da sociedade post-fordista na que vivimos.

A CXTG amosou varias cuestións relevantes:

A primeira é que se podía poñer en marcha unha organización social sen que esta sexa a correa de transmisión de ningunha forza política ou lobby empresarial.

Que a mesma podía ter unha dimensión ampla tanto en canto máis aberta e plural se desenvolvía. A CXTG obtivo máis de un millar de delegadas/os sindicais que a converteron na terceira forza sindical á par de CCOO e UGT.

Que dita pluralidade e abertura non foi en detrimento da súa perspectiva socio-política ou de clase nin na súa capacidade de mobilización para a resistencia ou a capacidade para a incidencia política.

Que durante a experiencia forxouse un liderazgo colectivo, vinculado ao seu carácter nacional ( ou nacionalista político ), e tamén deu a coñecer á sociedade unha das máis lucidas xeracións de sindicalistas: Lois Burgos, Manolo Dios, Xan Cons, Fernando Acuña, Humberto Busto, Victoria Pumar, Manolo Caamaño, Manuel Mera, Marije Diaz, Francisco Villanueva, Emilio Salorio,….

A CXTG tivo dúas etapas claramente diferenciadas:

A primeira etapa marcada pola súa dinámica propositiva e ofensiva que situou a CXTG como a organización emerxente non so capaz de rachar a hexemonía CCOO-UGT con claridade senón sobre todo marcar o ritmo político e a iniciativa social en tempos de desmantelamento e reconversión.

A segunda, a raíz da formalización da converxencia sindical coa INTG, de caracter defensivo, marcado polos tanteos e resituacións de caracter persoal cara a cada vez máis imparable fusión orgánica.

Esta ultima etapa ademais estivo contaminada polas necesidades partidarias do PSG-EG e posteriormente de UG. E creo, coa perspectiva que da o tempo, que o peor non foi o erro político da entrega da CXTG á INTG en función dos intereses partidarios de entrada no BNG senón que os dirixentes de Esquerda Galega fixeron durante un período de tempo algo que culturalmente era alleo a eles como era o condicionamento das organizacións cívicas.

Tamén estou convencido que a resolución do proceso da confluencia na CIG tivo efectos nocivos na resolución posterior dos conflitos na MNL, en ADEGA ou máis recentemente no intento de “doma e castración” do SLG .

Posteriormente algunhas centrais sindicais manteñen estratexias de actuación diferentes do modelo sindical dominante como a CUT ou a CGT, pero a diferenza da CXTG carecen dun proxecto nacional que as incapacita para conectar socialmente cun amplo sector dos e das traballadoras suficientes como para incidir con forza en épocas de recortes e involución como as que vivimos.

Seguramente hoxe unha experiencia como a CXTG non é posible reproducir mimeticamente pero sen dubida botase en falta en tempos de desnorte das grandes centrais sindicais.

Outra cousa ben diferente é que a memoria histórica da CXTG non se esvaeza como a néboa … e que alguén tome a iniciativa para reivindicar o seu nacemento e a súa historia.

28 de julho de 2010

Como en Catalunya

Xoán Hermida

España é o problema, Europa á solución. A frase pronunciada fai case un século por Ortega y Gasset esta moi de actualidade a raíz de diversos acontecementos vividos na escena política.

Hoxe o Parlament de Catalunya ven de aprobar unha proposición de lei, a raíz dunha iniciativa lexislativa popular que mobilizou a 180.000 cataláns, pola que se modifica a lei contra o maltrato animal e se prohibe a celebración de corridas de touros desde xaneiro de 2012.

Hai quen atribuirá o feito ao alto nivel de conciencia da sociedade catala ao respecto da defensa dos seres vivos e haberá quen verá na decisión unha iniciativa identitaria e un paso máis na diferenciación de Catalunya con España.

Ou seguramente ambas á vez.

Pero en todo caso, e por iso o de “Europa é a solución”, Catalunya avanza nunha lexislación que a achega aos países máis avanzados de Europa en políticas medioambientais e de protección dos seres vivos.

Antes de existir a Europa neoliberal e das multinacionais, xa existía unha Europa social, de benestar e de progreso ao que moitos intelectuais españois miraban como exemplo a seguir.

España era o problema: o retraso económico e social, a falla de cultura democrática e federal, a ausencia de culturas activas e de futuro, políticas raquíticas en medioambiente, solidariedade e liberdades. España era o monolinguismo, a charanga a pandereta,... e as touradas.
Que inventen eles!. Afirmaban con orgullo patrio.

Por iso Catalunya que xa era Europa nos aspectos sociais e culturais, tamén nos políticos, hoxe tamén o é en políticas ecolóxicas.

E esa maioría social, e hoxe tamén parlamentaria, arredor dun espectáculo tan cruel e sanguinolento coma as corridas de touros, so é posible forxar cando a mensaxe e claramente ética e de defensa da vida. Cando se activa a cidadanía arredor dun ideal tan nobre como o da defensa dos seres vivos.

En Galiza o debate sobre os touros aínda non ten a extensión e forza que ten adquirido en Catalunya, pero quizais sexa en Pontevedra, único sitio onde existe unha praza de touros e un cartel anual con tradición onde o debate empeza a asomar.

Desde fai varios anos colectivos minorizados teñen comezado a facerse notar coincidindo coas festas da cidade onde o “espectáculo” forma parte do cartel das festas. O rexeitamento sobre este tipo de tortura cos animais é central, pero máis aló porque o tema das touradas en Pontevedra, ao igual que outros temas que teñen agromado nos últimos tempos, marcan claramente a liña divisoria social entre a Pontevedra institucional e de “ben” e a Pontevedra social e transformadora.

O nacemento, fai agora un ano, da Coordenadora Antitouradas de Pontevedra foi un paso decisivo para que se poida canalizar un ampla maioría social silenciosa que non conectaba coa actual dinámica do movemento antitaurino existente ata o momento e conqueriu celebrar a maior manifestación contra as touradas con máis de medio millar de persoas.

A necesidade de situar o maltrato animal como elemento central. A Coordinadora ten como elemento central para a súa convocatoria e existencia o maltrato animal, ao marxe doutras consideracións.

Os seis puntos básicos da Coordinadora son:

- Cese inmediato de axudas encubertas ás touradas por parte de todas as institucións, nomeadamente da Deputación de Pontevedra, principal financiador público.
- Instar á Xunta a aprobar unha Lei de Protección Animal que prohiba as touradas e espectáculos onde se torture ou mate animais.
- Declaración por parte do Concello de Pontevedra como “Cidade Antitouradas” e amiga dos animais.
- Supresión das touradas como reclamo turístico por parte das Institucións públicas, así como dos programas de festas.
- Erradicación do uso de espazos públicos para a promoción das touradas.
- Reconversión da Praza de Touros nun Coliseo para espectáculos culturais e concertos.

Ademais a Coordinadora ten un compoñente plural e de participación persoal que a converte no catalizador e organizador das demandas dos antitaurinos cara ao futuro. Por iso o resto dos colectivos cívicos e sociais que non compartimos a festa “nacional” debemos prestarlle o noso apoio desinteresado, sen entrar en polémicas sectarias.

Lamentablemente este ano, e utilizando como escusa a división do movemento, se ten propiciado unha convocatoria aberta onde conflúen dous intereses que de consolidarse serian letais para o movemento antitaurino.

Aqueles grupos filopartidarios que queren deixar ao goberno municipal ao marxe da critica ( cando son eles os que gobernan e teñen a autoría sobre o cartel das festas ademais de ser os mesmos que gobernaron Galicia durante case catro anos sen dar paso algún para a desaparición deste espectáculo lamentable ) e/ou aqueles grupos que soamente queren focalizar nun problema de “español ou non español” un tema que fundamentalmente é de defensa da vida e dunha concepción da cultura avanzada e progresista.

Os datos reafirman que os pro-taurinos son minoría. Segundo os propios organizadores do evento son máis de 700 as persoas que veñen de fora para ver o espectaculo ( imaxínome que entre eles contan a Pepe Blanco e Mariano Rajoy ), non se cobre todo o tendido e ademais a “festa” so pervive grazas a axudas e subvencións públicas.

Agora ben, esa minoría pode seguir aplaudindo á tortura se os antitaurinos non teñen unha estratexia maioritaria e aberta ... como en Catalunya.

Unha estratexia que por exemplo á socialdemocracia española os faga abandoar o lamentable exemplo de Pepe Blanco e Anton Louro e seguir o exemplo da socialdemocracia nórdica.

13 de julho de 2010

Nacionalismo cívico versus nacionalismo popular

Xoán Hermida

Cunha separación de menos de 24 horas téñense dado no territorio do que hoxe configura o estado español dúas mobilizacións importantes de nacionalismo.

O primeiro, que poderiamos denominar nacionalismo cívico, producíase o sábado 10 de xullo polas rúas de Barcelona, onde máis de un millón de cataláns saian en manifestación para amosar o seu rexeitamento á sentenza sobre o “estatut” e a reivindicarse como nación.

Entre as declaracións que máis me chamaron a atención desa xornada non foron a dos portavoces políticos senón algunha de cidadáns que a titulo persoal respondían ás preguntas dos xornalistas.

En concreto unha pareceume moi significativa e dicía algo mais ou menos literal como isto: “nos apostabamos polo federalismo, pero os españois non nos queren. Non queren a nosa cultura nin a noso xeito de ser así que non nos queda outra que a independencia”.

Algo máis de 24 horas despois de que esta marea humana percorrera as rúas de Barcelona, unha marea “vermella” ( non pola súa ideoloxía ) percorría as rúas e prazas de todo o estado con moita intensidade, tamén en Euskadi, Galiza e Catalunya.

Tratase dunha mobilización de nacionalismo chamémoslle “popular” ao calor dun espectáculo que levanta paixóns e motivado, e isto non é un dato menor, pola conquista dun mundial de fútbol.

Antes do campionato do mundial puiden ler con curiosidade no sempre interesante blog de economía “a furada do trasno” un titular que me chamou a atención “en mans da roja”.

I e verdade, porque seguramente unha copa do mundo pode ter efectos sobre o comportamento dos e das consumidores e polo tanto sobre a economía. Aínda que a crise sistémica non a arranxe nin Pele nin Maradona nin Messi, nin os tres xuntos.

Tamén vai ter efecto na política: hoxe Zapatero terá seguramente as enquisas moito máis ao seu favor e Rajoi, quizais, comeza o seu lento declinar.

Na loita social: sobre todo cando os sindicatos convocan as folgas a catro meses vista, e con dous anos de retraso, cun verano e un mundial polo medio.

E por suposto teñen efecto na ideoloxía: o españolismo ten dado un paso importante na area emocional da xente.

Non obstante hai un dato curioso nas dúas mobilizacións do pasado fin de semana: a columna vertebral da selección española é a do equipo de Catalunya ( o Barça ), co cal aqueles españolistas mais ideolóxicos – ligados á dereita – van ter algunha contradición entre o anticatalanismo que foron incubando nos últimos anos e a veneración actual cara a máis de un futbolista catalán ( e catalanista ). Non é menos curioso que isto se dea no momento de maior desafección de Catalunya cara a España e viceversa.

Aqueles que defendemos a soberanía da nosa nación en particular e das nacións en xeral cometeriamos un dobre erro, primeiro se pensáramos que a mobilización do domingo esta baseada nunha “panda de fachas” e segundo se pensáramos que ao nacionalismo populista se combate con outro nacionalismo populista.

Non creo que a nosa construción nacional se fortaleza no odio do outro ou desexando a súa derrota (sobre todo se en termos futbolísticos, coma este caso, a vitoria é merecida).

Debemos construír un nacionalismo cívico, das persoas e da cidadanía.

Esa é a grande lección do catalanismo. Un sociedade vertebrada e unida na defensa dos seus dereitos nacionais aínda que como é lóxico divididos cando se trata da defensa dos intereses de clase.

So así pode explicarse porque sendo Catalunya central na economía española ( e tamén nos éxitos deportivos ou culturais ) sexa a súa vez a parte máis madura para encetar un camiño soberanista.

Lamentablemente en Galicia o actual “staff” nacionalista é máis do populista que do cívico, do ideolóxico que do político, do conservador que do radical.

27 de junho de 2010

E quen organiza aos desencantados dos desencantados?

Izquierda Unida acaba de iniciar o seu proceso de refundación sen a participación da súa organización territorial de Asturias ( farta do control do PCE ) e co seu socio catalán, Iniciativa per Catalunya Verds- en pleno proceso de creación dunha “cooperativa” da esquerda federalista e verde onde participan a Chunta Aragonesista, Nueva Canarias, Iniciativa d'Esquerres de Baleares, Iniciativa del Poble Valencià (IdPV), además da plataforma andaluza Paralelo 36 que lidera a anterior portavoz de IU no parlamento andaluz, Concha Caballero-. ( ver El Público do 20/06/2010 http://www.publico.es/espana/322011/icv/iu/alternativa/foro/espacio-plural ). Sen contar co espazo cada vez máis presente de Izquierda Anticapitalista.

Por outra banda o proceso de refundación non acaba de caracterizarse pola súa imaxinación. Ao igual que na década dos oitenta, o PCE volve a aspirar a recoller “aos desencantados do PSOE e aos ecoloxistas”. Non aclara por outra banda canto tempo os vai a aturar ata que os largue de novo por “traidores”.

En todo caso nada novo nin na estratexia antisistemica – para nada se falan de novas vías de participación amais das electorais – nin na nova composición da esquerda – ademais da referencia etérea de “ecoloxistas” que sempre queda ben – non se acaba de entender que a esquerda de hoxe e algo máis que socialdemócratas e comunistas. Por non falar da vertebración nacional da esquerda en Catalunya, Euskadi ou Galiza, algo que para os dirixentes de IU tratase dun fenomeno "exotérico".

En fin, que IU remate o seu proceso de refundación con éxitos e que recolla aso desencantados do PSOE, aínda que a partir de agora alguén terá que encargarse de organizar aos desencantados e desencantadas dos desencantados.

26 de junho de 2010

Crise do sistema ou crise da esquerda

Xoán Hermida

Co título “A esquerda diante da crise” a publicación TEMPOS Novos organizou un debate con membros da chamada esquerda social.

A transcrición do debate poderase ler con detemento nas páxinas do próximo número desta revista mensual de pensamento, pero de momento achego algúns apuntamentos sobre o mesmo.

Asistimos a unha crise global e sistémica, unha crise poliédrica que conten moitas crises á vez, crise financeira, social, alimentaria, enerxética, medioambiental,….

Trátase sen dúbida da primeira crise da globalización. Agora ben, nesta crise, que no fondo amosa que existen condicións obxectivas para un proceso de superación do actual sistema capitalista, é a crise da esquerda á que ten aflorado na súa máxima expresión ata o punto de que asistimos a unha esquerda ( fundamentalmente partidaria ) que se atopa nos seus momentos máis baixos: intelectualmente anoréxica, politicamente insulsa e organizativamente desfeita.

O curioso, e aquí a primeira contradición, é que despois de cualificar de global e sistémica a crise a resposta á mesma pasa por meras simples consignas, “que a crise que a paguen os ricos”, e con propostas xa amosadas como superadas en reiteradas ocasións.

Desde a esquerda partidaria e sindical obviamente non se comparten os recortes sociais cos que supostamente se esta a resolver a crise pero máis aló de esta obviedade e de apostar por formulas de maior presión fiscal sobre as grandes fortunas, deprime escoitar aos dirixentes da mesma falar de “reactivar o consumo” ou “volver a senda do crecemento”, nun momento no que as mentes máis lucidas do planeta están a propor iniciativas de autosostibilidade planetaria, soberanía alimentar ou decrecemento.

Pero se estas son as “solucións” que se ofrecen desde a esquerda partidaria e sindical os instrumentos a usar para frear esta ofensiva, do que moi acertadamente Boaventura De Sousa define como “fascismo financeiro”, é a folga xeral dun día.

Non hai obxectivos claros para unha folga xeral convocada para cubrir o expediente e que non ten unha lóxica estratéxica de acumulación de forzas para variar a actual correlación das mesmas.

Na sociedade post-fordista na que nos tocou vivir onde xa a clase obreira non se recoñece como tal, non traballa colectivamente en grandes fabricas, con varios millóns de desempregados, cunha parte da poboación migrante na marxinalidade, coa mocidade allea ao debate político, propor como único instrumento de loita unha folga xeral dun día conten unha mensaxe de resignación clara.

O que se necesita é unha folga xeralizada, a nivel europeo e transversal, mesmo na súa convocatoria. Non quedaramos en que se trataba dunha crise sistémica e global? Entón a resposta ten que ser antisistemica e global, polo tanto transversal e multirexional. Porque non convocatorias de mobilización conxuntas de sindicatos, organizacións agrarias, grupos ecoloxistas, movementos sociais,..?. Ou é que diante dunha folga tan claramente política ten algún sentido apelar a prerrogativa constitucional para que sexan as centrais sindicais as convocantes.

Así que habendo condicións obxectivas temos as peores condicións subxectivas.

Recoñezámolo, a día de hoxe non hai alternativa, e como non se cambie o rumbo tampouco haberá alternativa a medio prazo.

Porque a alternativa non é so un programa e un aparato partidario presentándose ás eleccións, senón fundamentalmente unha proposta e unha estratexia de cambio.

Tampouco é certo, como cren algúns, que a situación de marxinalidade dos partidos da esquerda antisistemica veña dada pola súa firmeza. So ver a longa listaxe de grupos políticos que hai a esquerda do PSOE e do BNG serviría para percatarnos da propia incapacidade de entendemento nin tan sequera entre os que supostamente pensan o mesmo.

Aínda que ese non é o problema da esquerda en xeral. As forzas da esquerda europea xa renunciaron desde a segunda guerra mundial a elaborar unha estratexia de cambio antisistémico.

Diante do movemento “sesentaoitista” actuaron co mesmo conservadorismo as forzas do sistema que a maioría dos partidos comunistas.

Pero en realidade aínda habería que ir máis atrás.

Anelamos ser herdeiros da I internacional pero somos “vítimas” da II e sucesivas internacionais.

Porque se ben é certo que con respecto ao estado e ao poder, socialdemocracia (reformistas) e comunistas (revolucionarios) teñen camiñado por sendas diferenciadas, no fondo existen demasiadas analoxías.

A II internacional asentou na esquerda europea unha concepción corporativa (obreirista), reformista, industrialista e eurocentrista. Na lóxica do sistema.

Xa coa constitución do primeiro partido obreiro alemán, Karl Marx é durísimo no seu libro “critica ao programa de Gotha” ( 1875 ) precisamente por esta visión exclusiva e corporativa do “suxeito revolucionario”.

En realidade a globalización ten posto en evidencia a incapacidade da esquerda non socialdemócrata para elaborar estratexias de cambio maioritarias.

Ao concepto reducionista do suxeito revolucionario segue a continuación unha concepción igualmente reducionista do instrumento do cambio. Así xurde o “partido guía” que sabe o camiño a seguir e os meros compañeiros de viaxe.

Esta visión tráxica para o movemento revolucionario cando os partidos eran instrumentos políticos convertese en cómica na actualidade cando os partidos son meras maquinarias electorais inxeridas no sistema.

Pero volvamos a actualidade, á sociedade post-fordista.

Vivimos nunha sociedade complexa onde a aposta transformadora non pode ser a estatalización senón a incorporación da sociedade na xestión da economía. E unha aposta dupla de radicalidade democrática e de xustiza global.

E aquí é onde a os movementos sociais deben ser decisivos, primeiro para conseguir unha cidadanía organizada e critica, segundo para trazar as liñas estratéxicas que posteriormente o interfaz partidario ten que levar as institucións ( o pobo é quen máis ordena! ).

Non precisamos deles para seguir camiñando pero si que necesitamos instrumentos políticos globais.

Non fagamos do defecto virtude.

Podemos enganarnos canto queiramos pero senón existen instrumentos partidarios de esquerda non é por causas esóxenas ( o sistema, a coherencia,… ) senón propias.

Non temos instrumentos partidarios de cambio porque os que tíñamos cambiaron de misión, obxectivos e principios e os que podían ser, están incapacitados por unha análise prexuizosa da realidade.

Iniciativas de plataformas políticas non institucionalizadas, de voto en branco ou doutro tipo de accións de desobediencia civil son necesarias, pero seguimos tendo pendente a vertebración de maiorías sociais tal como planeaba Gramsci.

Tratase de construír unha fronte popular, por suposto, pero de camaradas non de compañeiros de viaxe. Tratase de elaborar unha iniciativa de carácter nacional para o cambio global. Quizás vai sendo hora de modificar a máxima coa que traballamos nos últimos tempos e pasar a “pensar localmente e actuar globalmente”.

Namentres haberá resistencia pero non haberá ALTERNATIVA.

21 de junho de 2010

Esquerda e crise

TEMPOS Novos organiza o debate "A esquerda ante a crise", onde distintas persoas vinculadas aos movementos sociais debaterán sobre a actual situación dos movementos de esquerda e as súas estratexias no actual contexto económico e social. Moderados por Marcos Pérez Pena, intervirán Alexandre Carrodeguas (Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol), Alfredo Iglesias (Altermundo), Alberto Lema (Redes Escarlata), Lidia Senra (Vía Campesina) e Xoán Hermida (Amarante). O encontro será posteriormente publicado no número de xullo da revista TEMPOS Novos.
O debate terá lugar na sala circular do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, ás 19h do xoves, día 24 de xuño.

18 de junho de 2010

Pasar das palabras aos feitos

Xoán Hermida

Xa se ten escrito demasiado sobre a situación da esquerda e posiblemente aínda que se pode escribir moitísimo máis en sisudos artigos e reflexións seguramente non se aportara nada novidoso.

Así que en poucos caracteres e a grandes rasgos, durante os últimos anos a situación da esquerda é descritivamente a seguinte:

Partidos políticos institucionalizados ( PSOE / BNG ) que nos defraudan continuamente e cando gobernan xeran unha forte frustración pois non cumpren nin tan sequera cos seus programas de mínimos.

Partidos na marxinalidade ( e aquí hai unha chea deles ) e que ademais na súa maioría reproducen as peores formulas, tanto políticas coma organizativas, dos anteriormente descritos.

Esquerda social feble e fragmentada ata o absurdo e que salvo raras excepcións non teñen capacidade de incidencia política nin de influencia social.

Cando se vertebran en redes a propia debilidade da maioría fai que os procesos naufraguen rapidamente por incapacidade da maioría ou porque as redes en lugar de ser espazos de impulso son froito da propia debilidade ( un caso revelador foi o da Rede Anticapitalista ).

De que se trata ?

Non se trata de crear un novo partido pois ademais de que non tería espazo electoral se o chegara a ter volvería a reproducir os pasos dados polos anteriores, isto é: a medida que subiran en votos irían “adaptando” as súas políticas ás necesidades de crecemento electoral ata comezar a baixar de novo unha vez que se afastan da súa base social.

Por outra banda partidos de reforma que traballan nas institucións xa existen (PSOE, BNG e IU) e de existir un tecido social forte farían unha función necesaria, sendo nese sentido aliados tácticos de movementos estratéxicos de fondo.

Asemade existen moreas de mini-partidos que na maioría dos casos están fora da realidade e móvense con parámetros de pensamento previos, no mellor dos casos, á sociedade post-fordista.

Tratase de crear unha organización social de caracter político ou unha organización política ( non institucional ).

A súa función non seria presentarse ás eleccións, mesmo a esta organización poderían pertencer membros con militancia partidaria, sempre e cando partiran da lóxica “instrumentos partidarios tácticos ao servizo de organizacións sociais de caracter estratéxico”.

A súa función seria ser algo así como un “think tank” ( tanque de ideas ) pero máis aló, porque non necesitamos un novo club de debate ou reflexión senón un colectivo de intervención política.

Ou sexa que tamén tería como papel elaborar estratexias de cambio e poñelas en practica, actuando fundamentalmente entre o resto do tecido asociativo do pais. Participando no Foro Social Galego e noutras iniciativas conxuntas ou sendo motor dunha relanzada e nova “Rede Anticapitalista”,...

Hoxe existen organizacións que se adican a solidariedade, ao ecoloxismo, ao feminismo,.... cun certo éxito, pero non se construíu un organización de caracter político global.

A maioría das persoas posibles interesadas nesto estades (estamos ) cargados pola multimilitancia e iso dificulta a nosa posible acción.

Pero por outra banda se sabe, que unha boa parte dos activos da esquerda social “nin de coña” empregarían un segundo en montar un novo partido, aínda que a súa vez hai un recoñecemento da existencia dun certo esgotamento na militancia froito de tanta frustración e illamento.

A creación dun colectivo político ( de caracter social e non partidario ) faino máis aberto a máis xente e pode servir para elaborar ideas, estratexias e favorecer o encontro de correntes políticas ( antisistemicas ) hoxe divididas por miserias persoais e niveis de reflexión mínimos.

Como ?

Obviamente necesitase un manifesto, unha misión, uns obxectivos, unha metodoloxía e unha estrutura practica e áxil que permita conxugala coa militancia social tan prioritaria.

Tratase de optimizar recursos, creando un colectivo que sexa áxil organizativamente e que a súa fortaleza estea na capacidade de incidencia e non na construción de estruturas que despois necesitan retroalimentarse en recursos humanos e financeiros

Algunhas das liñas estratéxicas – que se converterían en obxectivos do colectivo - centrais para vertebrar unha esquerda con futuro son:

1. Necesidade dun colectivo político global (formato de asociación, non partidaria) que traballe xunto coas organizacións sociais as propostas a levar diante das institucións e canalizar as mesmas diante da sociedade civil.

2. Afortalar os movementos sociais sectoriais de caracter critico e independente, priorizando nun puñado de organizacións referenciais sobre as que hoxe pode pivotar o movemento social galego ( Verdegaia na ecoloxía, Amarante no internacionalismo, SLG no movemento agrario, Foro da Inmigración na autoorganización das persoas migrantes, Marcha Mundial das Mulleres no feminismo,.... ) e o blindaxe do FSGal e do conxunto do movemento das posibles e case seguras intentos de instrumentalización partidario.

3. Elaborar programas e propostas globais e sectoriais para a Galicia da primeira metade do século XXI, tendo en conta a xustiza social global, a sustentabilidade ecolóxica en base ao decrecemento, e a radicalidade democrática; para unha Galicia da periferia do centro do capitalismo global, complexa socialmente e nun proceso de destrución das súas estruturas económicas tradicionais e cun hábitat degradado.

4. Ligado ao punto anterior, elaborar estratexias políticas de cambio que teñan en conta unha esquerda institucional bipolarizada entre o sucursalismo e o populismo, cunha forte tendencia ao pragmatismo que o levan a perder as bases sociais para o cambio, e uns movementos sociais febles, altamente fragmentados e con escasa análise política e debilidades organizativas evidentes.

5. Modernizar e renovar os proxectos da esquerda de reforma para que retomen a interlocución coa sociedade civil organizada elaborando os seus programas e a súa acción institucional en base as demandas do colectivos sociais. ( interesados na modernización e democratización do BNG e na vertebración dun PSdG galego e cun proxecto nacional ).

6. Fortalecer o espazo da esquerda alternativa democrática e soberanista baseándose nun proceso de converxencia necesario e dunha actualización do seu ideario político e ideolóxico (MpB, FPG, EI, PCPG).