5 de fevereiro de 2010

A arruga non é bela

Xoán Hermida

Adolfo Domínguez pasou en dúas décadas de modisto “progre” a empresario “neocon”.

En realidade esta conversión no nos debería de estrañar, pois como xa dicía o chanceler Kissinger “quen aos 20 anos non é comunista non ten corazón e quen o sigue sendo aos 40 non ten cerebro”.

O máis chamativo deste apóstolo de AlGore é o fácil con que equilibra, grazas a súa cultura taoísta, o Yin e o Yan, o ben e o mal.

A súa defensa da natureza e a súa loita contra o cambio climático non entra en contradición con dirixir unha empresa cuxos produtos manufacturados ao longo do planeta necesitan percorrer miles de quilómetros antes de chegar aos nosos fogares.

Tampouco lle xenera contradición ser un defensor del libre mercado e ter a maior parte da súa produción nun país onde o mercado “libre” esta tutelado polas autoridades. Ah!, bo … en realidade como en todo o planeta global.

O mais chamativo é a nova volta de rosca que lle acaba de dar ao seu programa en defensa dos dereitos dos traballadores e as traballadoras. Se fai algún tempo nos explicaba como o exercito vermello chinés se encargaba da defensa dos dereitos das traballadoras das subcontratas que traballaban para a súa marca, agora a súa nova receita para manter os postos de traballo en Galicia e saír da crise son: despido libre sen ningunha indemnización e por suposto eleccións anticipadas, ¡xa!

En fin, no nos estrañaría que dentro de algunhas semanas nos presentara unha liña de roupa de Comercio Xusto (por suposto avalada por FLO) para lavar a súa imaxe e de paso volvernos a recordar as súas orixes.

En todo caso, camarada Dominguez, a arruga no rostro das traballadoras non é bela.