O espírito do 29 de xaneiro
Xoán Hermida Non tiven ocasión de vivir o proceso de Riazor’82. Un ano antes xa marchara -en realidade convidaranme a saír- daquel club privado chamado ERGA. Decidín deixar de ser súbdito e adquirir a condición de cidadá a sabendas que a franxa de pensamento autónomo xera algún que outro inconvinte e mesmo, en xente pasional coma min, máis de unha metedura de zoca que a xente de ben te perdoa e a outra anota na folla de penais. Así que non estou disposto, por nada do mundo, a perderme este novo proceso constituinte da alternativa galega’12. O pasado 12 de febreiro tiven a ocasión e a honra de asistir a asemblea aberta do Encontro Irmandiño. Non podo dicir coma Henrique Tello que da gusto estar nun sitio onde se saúda todo o mundo pero é comprensible, despois de moitos anos o cancro do sectarismo tamén ten as súas pequenas metástases que teremos que ir curando, e como dicía o propio Tello sen facer moito caso dos comentarios das novas electrónicas. Ao fin e ao cabo un acaba asumindo qu
Excelente video! Ainda que, se nos damos conta, o galego (galego-português) é em realidade a 6ª língua mundial por nº de falantes... é dizer, estamos no "top ten"! ;-) Assim que, ainda que as línguas minoritárias merecem todo o respeito, por suposto... o galego nom é uma delas.
ResponderEliminarO isolacionismo é a morte lenta (ou rápida, nem sei..) para a nossa lingua..
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=gL9WmaGqd1o