Mensagens

O espírito de Kruschev

Imagem
Xoán Hermida Pasaron seis meses desde o inicio das revolucións democráticas árabes e algúns aínda están buscando a orixe da conspiración. Un mes despois de que as rúas se encheran de xente reclamando democracia real, os departamentos de control dos partidos de esquerda (e tamén por suposto da dereita) aínda non acaban de entender o que esta a pasar. Tras uns primeiros momentos de confusión, e visto que as campañas de descrédito non facían o efecto desexado, acharon a solución: deixar que a onda pase e que baixe a marea da indignación. Esta non é unha táctica nova pero eu aconsellaríalles non apostaran tódalas súas bazas á mesma porque poden levarse algunha nova sorpresa. Primeiro, en clave global, porque estamos a vivir a segunda onda de cambios tralo inicio da globalización e estes que se están a producir no mundo árabe, a diferenza da primeira onda que se iniciou hai unha década en América Latina , dáse nun contexto de crise sistémica e de fartazgo que posibilitan que se estenda sen ...

Iniciativa BenComún

Imagem
DESDE A INDIGNACIÓN PREPARANDO O FUTURO NECESITANSE NOVOS ENFOQUES PARA NOVOS HORIZONTES O movemento cidadán 15-M e os resultados das pasadas eleccións municipais do 22-M puxeron de manifesto unha enorme desafección polas actuais fórmulas de participación política dun sector cada vez máis amplo da poboación. Unha desafección que prexudica unicamente a esquerda, que leva sen renovar practicas políticas, discursos, actitudes e estruturas os últimos vinte anos. O xurdimento do movemento 15-M, alén do seu alcance concreto, é o síntoma de que algo non vai ben e de que o sector da poboación máis dinámico percibe que a armazón político-representativa e a cultura política xurdidas da transición están esgotadas: precísase de novos espazos de participación e de novos interlocutores para a mediación. Desde hai anos a indignación medra entre as persoas de esquerda que, formando ou non parte da súa base asociativa, somos parte da súa base sociolóxica e electoral. As últimas eleccións demostraron qu...

Tres apuntes post-electorais necesarios

Imagem
“Juntáronse los ratones, para librarse del gato, y después de un largo rato de disputas y opiniones, Dijeron que acertarían en ponerle un cascabel; que, andando el gato con él, librarse mejor podían. Salió un ratón barbicano, colilargo, hociquirromo, y encrespando el grueso lomo, dijo al senado romano, después de hablar culto un rato: “¿Quién de todos ha de ser el que se atreva a poner ese cascabel al gato?” Lope de Vega Xoán Hermida Necesaria reflexión estratéxica A pretensión de culpabilizar á sociedade civil da derrota por parte do aparato dos partidos de esquerda resulta irrisorio. O movementos estratéxicos de fondo poden afectar conxunturalmente de xeito negativo pero a longo prazo son necesarios, ademais de xustos. Nese tacticismo conxuntural equivocábanse os que no ano 1933 non querían conceder o voto ás mulleres porque beneficiaba electoralmente á dereita. Aparentemente tiñan razón, pois a dereita gañou. Pero negar un dereito ou desprestixiar unha razón sen abordar as motivació...

Que está a pensar un millón de persoas ?

Imagem
Xoán Hermida Un millón de persoas, entre as que non me atopo pero que ben podería ser o caso, decidiron achegarse as furnas onte a depositar un voto sen papeleta (en branco) ou con comentarios críticos (nulos), seguro que algúns merecedores dun libro de ‘haikus’ ou ‘microrelatos’. As forzas políticas da ‘esquerda’, unha vez máis, e xa van varias, adicanse agora a culpar a estes ‘inconscientes’ da derrota electoral, enrocándose en lugar de analizar a fondo unha derrota sen paliativos a pesar de escasas excepcións baseadas en situacións moi concretas como o populismo localista de Abel Caballero en Vigo, do medo á especulación ‘telmo-urbanistica’ en Pontevedra ou a honorable xestión de Martiño Noriega en Teo ou Félix Juncal en Bueu. Non creo que sexa necesario perder ni un minuto en argumentar porque nin a Rede GNSV foi a culpable da caída do bipartito nin o Movemento 15M o causante da estrepitosa derrota da esquerda nas eleccións municipais. E digo estrepitosa porque esta é en Galicia...

Democracia real ? Por suposto !

Imagem
Xoán Hermida Os actuais movementos de ‘Democracia Real Ya!’ e ‘No les votes!’ parten dunha realidade obvia coma é a desafección dun importante sector da sociedade co actual modelo de democracia baseada na preponderancia dos partidos políticos, convertidos en estruturas alleas as demandas das súa base social (aínda que non sempre do mesmo xeito xa que a dereita se que responde as demandas da súa base social). Pero ollo !, pois podemos acabar confundindo os síntomas coa enfermidade. O movemento ‘Democracia Real, Ya!’ sacou á rúa a miles de persoas en todo o estado cun discurso máis ou menos homoxéneo no rexeitamento do que (na indignación) pero confuso e complexo nas propostas do para que (na rebelión). Nos próximos meses de seguro que resolveranse varias interrogantes: 1. Manterá a liña critica este movemento unha vez que a dereita gañe e leve ás últimas consecuencias o axuste iniciado polo PSOE?; 2. Que relación terá coa sociedade civil organizada estruturalmente arredor dos movemen...

Cómplices ou clientes. Banca Limpa !

máis información da campaña en AMARANTE http://www.amarantesetem.org/index.php/component/content/article/57-finanzas-eticas/273-lanzamento-da-campanaqbanca-limpacom-somos-clientes-non-complicesq

O ano da morte de Bin Laden

Imagem
Xoán Hermida Bin Laden non morreu, como poida pensar a opinión pública, o 1 de maio de 2011. Ese día so se produciu a súa execución seguindo os pasos da ‘cultura’ norteamericana forxada no ‘lonxano oeste’ onde o sherif borracho aforcaba ao pistoleiro sen que mediara esas cousas tan engorrosas do dereito como tribunais, xurado, defensa e xuízo xusto. Pero Osama xa morrera varios meses antes. Fora vítima das revolucións democráticas árabes, morrera o 17 de decembro de 2010, data de inicio das mobilizacións cidadáns da ‘Revolución dos Xasmíns’ tunesina e foi rematado no comezo da ‘Revolución Branca’ o 25 de xaneiro de 2011 na Praza Tahrir de Exipto. Resulta ‘curioso’ que tras dez anos dos atentados das torres xemelas, incluida a invasión de dous países e a guerra sucia noutros, se carguen a Bin Laden cando xa estaba amortizado para os intereses americanos. O inicio das revolucións árabes, que como xa teño comentado noutros artigos pillou a contrapé aos servizos de intelixencia israelí e...