Mensagens

A Rebeldía debe seguir

Imagem
Xoán Hermida A Rolda da Rebeldía celebrou este sábado 30 de xaneiro, coincido co natalicio de Castelao, o seu encontro onde máis de 200 persoas, membros da esquerda social e institucional, tivemos a ocasión de expoñer propostas, intercambiar ideas e mesmo polemizar sobre a situación pasada, presente e futura da esquerda galega. Sen dubida a iniciativa, que entronca coa filosofía da dinámica altermundista, é máis que necesaria e para Encontro Irmandiño, convocante da mesma, non caben máis que parabéns por unha iniciativa destas características que demostra ausencia de sectarismo e convicción nas súas ideas por parte de quen a convoca. As catro xeiras nos que se levou adiante o encontro foron degrañando ideas sobre a necesidade da vertebración política e institucional da esquerda ( a primeira ), sobre a reconstrucción de novas pontes entre a esquerda social e institucional ( a segunda ) ou sobre o replantexamento das formas de actuar para crear masas críticas ( a terceira ). A cuarta xei...

Para que queremos un novo partido? Para ter unha nova decepción ?

Imagem
Xóan Hermida “Non se pode ser á vez Lenin e Castelao” A iniciativa coñecida coma Rolda de rebeldía é máis que apropiada nos tempos que corren, aínda que tamén, e sería desexable equivocarse, os seus froitos van ser escasos por varios motivos: - A falla de compromiso das forzas políticas (partidarias), un posible obxectivo da rolda. Unhas, porque a iniciativa non é deles, e unha parte do propio Encontro Irmandiño porque mira con recelo toda iniciativa que poña en entredito o seu actual “status quo”. - A falla de vertebración social galega organizada e con influencia social e incidencia institucional que podería demandar algún paso neste sentido. - Os recelos que unha iniciativa que xurda dunha estrutura partidaria pode xerar nun movemento social escaldado da instrumentalización, a maiores cando EI volve participar do estabilisment do BNG. En todo caso, como son un optimista no senso gramsciano do termo, vou tentar achegar algunhas reflexións a esta Rolda de rebeldía xa que é o máis int...

LABREGAS

Imagem
Xóan Hermida A Carme e Lidia, exemplos de compromiso Metidos unha vez máis en mobilizacións agrarias –e xa levamos así varios anos–, acordeime dun brillante artigo do semiólogo italiano Umberto Eco titulado “Ao diaño a clase obreira”. O artigo en cuestión comezaba: “Como se lle pode pedir que se recoñezca como clase, con problemas comúns, a quen, se é que aínda traballa, o fai cada vez menos xunto con outros, durante períodos cada vez máis curtos e ve o traballo non xa como algo que se respecta senón que se soporta?”. Rotundo e claro. Desde que Karl Marx e Friedrich Engels sentenciaran no seu manifesto que “os proletarios non teñen nada que perder (na revolución) agás as súas cadeas” levan mudado moitas cousas. A nova clase obreira de inicios do século XXI, complexa, plural e máis diversa ca a de hai 150 anos, ten que perder moitas cousas materiais: a casa (aínda que con carga a unha hipoteca ), o coche... e sobre todo unhas condicións materiais de vida que na medida en que as esta...

AUSTERIDADE

Imagem
Xesús Alvaro Arceo Nos últimos tempos a palabra Austeridade, ata o de agora en desuso, repítese nos discursos políticos ata a saciedade. Comezou a ser usada reiteradamente por Feijoo en contraposición ao que el dicía que era a acción política do goberno bipartito. Tanto éxito tivo que agora tamén empeza a ser usada polo Goberno de ZP, que por un lado afirma sen rubor que a I+D nos sacará da crise e polo outro recórtalle un 15% aos orzamentos do 2010 para o Ministerio de Ciencia e Innovación. O discurso da austeridade empezou, se recordan, un pouco antes da campaña das eleccións galegas. Daquela falouse moito de coches, de mobiliario,... nun discurso que nunca se vira en Galicia. O curioso desa campaña é que o Bipartito renunciou a defenderse: case nin recordou que os gobernos Fraga non compraron un senón dous coches blindados. O Bipartito tampouco quixo acordarse de que a casa de Monte Pío, onde o PP se mostraba escandalizado pola instalación duns cristais, custounos aos contribuíntes ...

OUTRA AGRICULTURA PARA OUTRO CLIMA

Imagem
Esther Vivas O actual modelo de produción agrícola e gandeiro industrial contribúe a afondar na crise ecolóxica global cun impacto directo na xeración de cambio climático. Aínda que a primeira vista non o pareza, a agroindustria é unha das principais fontes de emisión de gases de efecto invernadoiro. Así o puxo de relevo a campaña “Non te comas o mundo”, no marco das mobilizacións destes días con motivo da reunión das Nacións Unidas en Barcelona sobre a mudanza climática, previa ao crucial cume de Copenhague (COP15) en decembro onde debe aprobarse un novo tratado que substitúa ao de Kyoto. Segundo a campaña, entre un 44 e un 57% das emisións de gases de efecto invernadoiro son provocadas polo actual modelo de produción, distribución e consumo de alimentos. Unha cifra resultado de sumar as emisións das actividades estrictamente agrícolas (11-15%), da deforestación (15-18%), do procesamento, transporte e refrixeración dos alimentos (15-20%) e dos residuos orgánicos (3-4%). E é que non po...

SOBE A DEREITA E (RE)APARECEN OS ANTICAPITALISTAS

Imagem
Xoán Hermida As recentes eleccións celebradas en Alemaña e Portugal, así como as eleccións europeas ao parlamento europeo de xuño, teñen como titular a suba da dereita política, o cal demostraría que o pensamento neocon , a pesar da derrota de Bush, non foi derrotado ideoloxicamente, pero tamén ten suposto o xurdimento dunha esquerda antisistémica con relativa forza en varios países europeos. Nas eleccións celebradas este domingo 27 de setembro en Alemaña e Portugal e nas pasadas eleccións ao parlamento europeo, tres forzas políticas – Bloco de Esquerdas en Portugal, Europe Ecologie en Francia e Die Linke en Alemaña– irrompen con forza no escenario da esquerda, até hai ben pouco, desde a crise dos partidos comunistas iniciada na década dos setenta, dominado exclusivamente por forzas socialdemócratas, coa única excepción de Italia, onde o histórico PCI acabou emprendendo un proceso de transformación para ocupar un espazo socialdemócrata residualizado pola propia dinámica histórica it...

PANDEMIAS E LUCRO

Xa sabiamos que unha das multiples características da globalización capitalista é a Mutacións das Ameazas . Por primeira vez existe a posibilidade real – fronte a posibilidade teórica de destrucción nuclear da guerra fría – de ameazas de destrución ecolóxicas como efecto invernadoiro ou a loita pola auga– ou sanitarias – SIDA, gripe do polo, vacas tolas, dioxinas,... – globais que fan saltar tódalas alertas. Ata tal ponto que algúns cientificos xa falan abertamente da sexta extinción que a diferencia das anteriores estaria provocada pola acción dun factor endoxeno: o ser humano. O proceso de agroindustrialización iniciado na década dos setenta no mundo rural, agravado nunha nova fase coa fusión empresarial entre empresas de produción e distribución coas farmacéuticas no inicio deste século, teñen significado entre outras cousas a posta en marcha dunha agricultura “sen agricultores” e unha alimentación mercantilizada que xenera alarmas sanitarias globais. O curioso é que son os xenerado...