Mensagens

SOBE A DEREITA E (RE)APARECEN OS ANTICAPITALISTAS

Imagem
Xoán Hermida As recentes eleccións celebradas en Alemaña e Portugal, así como as eleccións europeas ao parlamento europeo de xuño, teñen como titular a suba da dereita política, o cal demostraría que o pensamento neocon , a pesar da derrota de Bush, non foi derrotado ideoloxicamente, pero tamén ten suposto o xurdimento dunha esquerda antisistémica con relativa forza en varios países europeos. Nas eleccións celebradas este domingo 27 de setembro en Alemaña e Portugal e nas pasadas eleccións ao parlamento europeo, tres forzas políticas – Bloco de Esquerdas en Portugal, Europe Ecologie en Francia e Die Linke en Alemaña– irrompen con forza no escenario da esquerda, até hai ben pouco, desde a crise dos partidos comunistas iniciada na década dos setenta, dominado exclusivamente por forzas socialdemócratas, coa única excepción de Italia, onde o histórico PCI acabou emprendendo un proceso de transformación para ocupar un espazo socialdemócrata residualizado pola propia dinámica histórica it...

PANDEMIAS E LUCRO

Xa sabiamos que unha das multiples características da globalización capitalista é a Mutacións das Ameazas . Por primeira vez existe a posibilidade real – fronte a posibilidade teórica de destrucción nuclear da guerra fría – de ameazas de destrución ecolóxicas como efecto invernadoiro ou a loita pola auga– ou sanitarias – SIDA, gripe do polo, vacas tolas, dioxinas,... – globais que fan saltar tódalas alertas. Ata tal ponto que algúns cientificos xa falan abertamente da sexta extinción que a diferencia das anteriores estaria provocada pola acción dun factor endoxeno: o ser humano. O proceso de agroindustrialización iniciado na década dos setenta no mundo rural, agravado nunha nova fase coa fusión empresarial entre empresas de produción e distribución coas farmacéuticas no inicio deste século, teñen significado entre outras cousas a posta en marcha dunha agricultura “sen agricultores” e unha alimentación mercantilizada que xenera alarmas sanitarias globais. O curioso é que son os xenerado...

REVISIONISMO HISTORICO

Imagem
Conmemorase o 70 aniversario da entrada das tropas nazis en Polonia que en termos militares supón a “casus belli” do inicio da chamada II Guerra Mundial. Unha vez mais, e xa ben sendo insultante, o revisionismo histórico e os medios de comunicación da globalización pretendennos convencer da igual responsabilidade de nazis e comunistas, alemáns e soviéticos do inicio da contenda. O pacto Ribbentrop-Molotov, perigosamente tacticista, ou o caracter dictatorial do réxime stalinista non pode servir de cortina de fume para ocultar a traizón dos gobernos occidentais á república española, a permisividade na absorción de Austria en marzo de 1936, a anexión dos Sudetes en setembro de 1936, aprobada en Múnich, e a posterior entrada en Praha en marzo de 1939. Tampouco poden silenciar o papel clave da cidadanía da Unión Soviética na victoria dos aliados, que cun maior número de baixas civís, foron os auténticos heroes que segundo Churchill: “destriparon as entrañas do aparato militar nazi”. Cabe re...

APUNTAMENTOS CRÍTICOS SOBRE O PRESENTE DO GALEGO

Imagem
Xoán Hermida Estas notas non pretenden ser unha sesuda análise sobre a situación do galego. Fixéronse xa múltiples análises, interesantes algunhas e interesadas moitas, sobre a situación do galego. Son galego. Isto que indica unha expresión de pertenenza a un colectivo convértese nunha definición política cando se sitúa nunha conxuntura de exterminio e acoso a unha comunidade coa forza coa que se está a dar. Non son lingüista, aínda que creo que o debate do futuro do galego é fundamentalmente un debate político e, polo tanto, na miña concepción das cousas, é un debate que lle compete á cidadanía. Son optimista (no senso gramsciano do termo, sempre que isto non entre en contradición con ser galego), e iso a pesar de que o meu fillo é o único neno que fala galego entre case un cento de matriculados en infantil nun centro escolar de Pontevedra. Así que diante do balbordo organizado coa “imposición” do galego para facilitar o regreso do PP ao goberno da Xunta de Galicia só teño que dicir q...

E POLANCO REENCARNOUSE

Imagem
Hoxe La Voz de Galicia publica un artigo de Santiago Rey Fernández-Latorre que máis que un editorial ( que sempre estivo ausente no rotativo coruñes ) poderiase considerar un manifesto. Parece incrible a relación de intencións de dito artigo, pois cabe recordar que é o mesmo rotativo que se xactaba de derrubar un goberno democrático en marzo pasado e fai un días recibiu máis de un millón de euros da "nova" administración autonómica. En fin. Xa temos un novo Polanco que salve a nosa democracia e o noso autogoberno. O señor Rey Fernandez-Latorre dixit: "Mañana cumpliré 71 años. Llevo cincuenta años en la nómina de La Voz de Galicia. He contribuido, en la medida de mis fuerzas, a la restitución de las libertades y la democracia, en cuya defensa me encontrarán siempre. Mano a mano con el mejor galleguismo de nuestra historia he trabajado para que Galicia viese reconocidos sus derechos. Esas nobles causas me arrostraron multas, incomprensión, presiones inenarrables. Pero g...

NON ESQUECER HONDURAS

Imagem
CASE DOUS MESES DESPOIS O GOLPE DE ESTADO EN HONDURAS, MICHELETTI SEGUE NO PODER, A COMUNIDADE INTERNACIONAL “LASSER FAIRE” ... E AS ONGDs SEGUEN DESAPARECIDAS A volta dos militares ao poder nun país de América Latina faise en condicións e circunstancias moi diferentes as que caracterizaron esta rexión na década dos 70 e 80. O impulso do modelo neoliberal a partir da década dos 90 serviu para crear as condicións para unha democratización da zona e construír un novo modelo político onde nos venderon que os militares xa eran parte do pasado. En realidade era así porque non existían alternativas antisistemicas na zona que puxeran en perigo a hexemonía do capitalismo ou do dominio norteamericano. A extensión de movementos socio-políticos acompañados de trunfos electorais en Venezuela, Bolivia, Ecuador,… teñen cambiado esta situación e volven a activar os mecanismos de intervención de USA na zona (non debemos esquecer que antes deste golpe houbera intentonas en Venezuela e Bolivia). Por ou...

A HISTORIA DAS COUSAS

Annie Leonard