Universalismo: desde Galicia para o mundo

Xoán Hermida Veño de ler un artigo dun dos lideres do sindicalismo nacionalista que ten como elemento vertebrador do mesmo algo así como 'non se nos perde nada en Madrid' a propósito da estratexia sindical a seguir no conflito do ensino. O articulista en cuestión di que non se basea nunha cuestión de ‘ideoloxicismo’ senón noutras consideracións, para continuar dicindo ‘aínda que a algúns poida sorprenderlles o sindicalismo galego sabe andar polo mundo’. Non vou a entrar a considerar a cuestión de si se nos perde ou non algo en Madrid xa que non son ensinante e o sindicalismo o deixei o día que a UPG entrou a sangre e lume no espazo democrático, aberto, plural e innovador que representou a CXTG. Ademais sei moi ben como funciona iso das unidades sindicais cando e como conveñen e estamos a menos dun mes dunha cita electoral clave para o futuro dalgúns que levan corenta anos, os mesmos que Francisco Franco , ao fronte do partido. O que me interesa é o artigo en si, a súa hermenéut...