De como fixar as nosas crenzas ... e non ser escravos de dogmas

Xoán Hermida Nas ultimas semanas temos asistido a diferenzas de matiz, ou algo máis, entre persoas da esquerda alternativa sobre temas tan importantes como a guerra en Libia ou o proceso de privatización da auga. Máis aló dos puntos de vista xa argumentados por esas mesmas persoas en diferentes artigos de opinión, xurde de novo a pregunta de cómo artellar a pluralidade toda vez que vivimos nun mundo cada vez máis complexo onde as solucións as veces non son todo o fácil que nos gustaría e unha vez comprobado que na capacidade de síntese e de acordos esta unha boa parte do éxito ou fracaso da propia esquerda. Parto para elo de dous apriorismos creo que compartillados pola maioría das persoas activistas da esquerda. O primeiro apriorismo é a certeza de que as estruturas excesivamente xerarquizadas que tiveron unha motivación noutros momentos históricos hoxe non serven. A máis estendida que foi o chamado ‘centralismo democrático’ tivo a súa razón de ser nun contexto socio-historico antidem...