Mensagens

A mostrar mensagens de maio, 2010

Soberanía Intelectual

Xoán Hermida No proceso de mimetización e reprodución de estruturas alleas en Galicia ata o de agora íase salvando o terceiro sector. Quizás pola escaseza orzamentaria das nosas administracións públicas ou quizais porque se trataba de espazos aínda non explorados. Era moi difícil, agás ás grandes multinacionais da solidariedade ou a ecoloxía, ver en Galicia organizacións sociais transformadoras foraneas. De hai un tempo a esta parte iniciouse a colonización social do país. E ademais co "caballo de troya" de algunhas organizacións sociais minúsculas que non tiveron a capacidade de volverse influentes. A soberanía alimentar é necesaria por suposto, ao igual que a soberanía económica ou política, pero a que máis se bota en falla é a soberanía intelectual. Seguimos pensando que calquera iniciativa ou reflexión por vir de fora é boa e desprezamos os nosos recursos humanos e intelectuais como país. Lamentablemente teremos que acabar elixindo entre correas de transmisión de partidos...

As tres batallas de Feijóo e a alternativa. Entre a paranoia e a esquizofrenia ( e 2 )

Imagem
Xoán Hermida Atopámonos pois nun momento no que non existe, que se puidera denominar como tal, unha verdadeira oposición institucional pero ademais, e o que é peor a medio e longo prazo, podemos atoparnos sen unha alternativa nacional de esquerdas á actual hexemonía da dereita. E digo peor, porque no primeiro caso xa non ten moito remedio durante a presente lexislatura tal e como se moven os partidos da oposición e debido ao baixo rateo señoría/intelixencia que poboa os escanos da oposición no parlamento galego. Namentres que no segundo, senón xurde unha alternativa ao marxe das actuais estructuras partidarias moito me temo que teremos Feijooismo para moito máis tempo que tivemos Fraguismo. Así as cousas, conviría saber cantas persoas parten desta mesma reflexión ( sobre a situación critica da esquerda política ) e conclusión ( necesidade da vertebración dunha nova alternativa ). Particularmente cheguei a pensar que era un becho raro. O feito de que dende fai moito tempo non me vexa r...

As tres batallas de Feijóo. Entre a paranoia e a esquizofrenia ( 1 )

Imagem
Xoán Hermida Cando o Sarkozy galego e o seu grupo neocom se instalou no goberno da Xunta de Galicia, ou como lle gusta dicir a Xosé Manuel Beiras “o grupo de demolición e limpeza étnica instalouse en San Caetano”, sabia que no horizonte próximo tiña tres batallas. Unha de caracter interno, na procura da homologación partidaria dun PP neoliberal no que foran eliminados os últimos vestixios do “populismo” rural do grupo da boina. Unha segunda de caracter económico-financeiro para apuntalar o modelo especulativo de Caixa Galicia no proceso de reestruturación da banca española. E unha terceira de caracter cultural nun combate contra a resistencia ética que non está a permitir que se arraxe coa biodiversidade lingüística e humanística que supón o noso máximo elemento identificador: o idioma. Para as tres batallas contaba a priori con varias vantaxes: unha maioría parlamentar suficiente para impoñer ás súas políticas e os seus caprichos; unha oposición desnortada e descabezada física e int...

As veces a verdade necesita un tempo para saír a luz

Imagem
Xoán Hermida Para moitas persoas desencantadas foi a primeira vez que vían unha actuación tan claramente de dereitas nun gobernante do BNG, para outros a problemática estaba en entrar no circulo de políticas "populistas" con transversalidade que rachan a dinámica esquerda/dereita e co tempo, tal como se puido comprobar un ano despois, favorecen electoralmente á dereita nas furnas e o que é peor, nas conciencias. Daqueles días de abril do 2008 é esta crónica: "Amarante, Asemblea de Mulleres, Asociación Arxentinos/as Rincón Criollo, Asociación Galega de Animación e Intervención Social, Asociación Inclusión, Asociación Socio Cultural Inzar, Briga, CGT, CNT-AIT, Fundación Emaus, Mulleres Cristiás, A Revira, Rexurdir Provincial, Secretariado Xitano e Verdegaia , xunto cun grupo de veciños de Monte Porreiro e expertos en temas de integración social impulsaron, ante a polémica xurdida en Pontevedra polo realoxo de catro familias xitanas en Monte Porreiro, a plataforma PONTEVEDR...

Día do Comercio Xusto: dúas ideas, dúas filosofías, dúas concepcións

Imagem
Parece ser que por terceiro ano Amarante, Verdegaia e Sindicato Labrego Galego, xunto con cooperativas de consumo responsable, van facer do día do comercio xusto un acto de reivindicación en favor da soberanía alimentar e neste ano contra o abuso das grandes superficies. Por outra banda algunhas ongds, baixo o paraugas da CGONGDs, prefiren ocultar as diferenzas e celebrar o comercio xusto sen maior análise crítico diante da sociedade, nun momento en que o propio comercio xusto esta a ser cuestionado como elemento de alternativa ao sistema e moitas empresas, coa colaboración dalgunhas ongds, están a lavar a súa imaxe con puro marqueting social. http://www.galiciasolidaria.org/novas/dia-do-comercio-xusto--unha-xornada-para-celebrar--todo-o-ano-para-actuar.html http://www.amarantesetem.org/index.php/component/content/article/60-comercio-xusto/186-o-8-de-maio-celebramos-o-dia-do-comercio-xusto