Mensagens
A mostrar mensagens de fevereiro, 2010
A arruga non é bela
- Obter link
- X
- Outras aplicações

Xoán Hermida Adolfo Domínguez pasou en dúas décadas de modisto “progre” a empresario “neocon”. En realidade esta conversión no nos debería de estrañar, pois como xa dicía o chanceler Kissinger “quen aos 20 anos non é comunista non ten corazón e quen o sigue sendo aos 40 non ten cerebro”. O máis chamativo deste apóstolo de AlGore é o fácil con que equilibra, grazas a súa cultura taoísta, o Yin e o Yan, o ben e o mal. A súa defensa da natureza e a súa loita contra o cambio climático non entra en contradición con dirixir unha empresa cuxos produtos manufacturados ao longo do planeta necesitan percorrer miles de quilómetros antes de chegar aos nosos fogares. Tampouco lle xenera contradición ser un defensor del libre mercado e ter a maior parte da súa produción nun país onde o mercado “libre” esta tutelado polas autoridades. Ah!, bo … en realidade como en todo o planeta global. O mais chamativo é a nova volta de rosca que lle acaba de dar ao seu programa en defensa dos dereitos dos traba...