Mensagens

A mostrar mensagens de novembro, 2009

LABREGAS

Imagem
Xóan Hermida A Carme e Lidia, exemplos de compromiso Metidos unha vez máis en mobilizacións agrarias –e xa levamos así varios anos–, acordeime dun brillante artigo do semiólogo italiano Umberto Eco titulado “Ao diaño a clase obreira”. O artigo en cuestión comezaba: “Como se lle pode pedir que se recoñezca como clase, con problemas comúns, a quen, se é que aínda traballa, o fai cada vez menos xunto con outros, durante períodos cada vez máis curtos e ve o traballo non xa como algo que se respecta senón que se soporta?”. Rotundo e claro. Desde que Karl Marx e Friedrich Engels sentenciaran no seu manifesto que “os proletarios non teñen nada que perder (na revolución) agás as súas cadeas” levan mudado moitas cousas. A nova clase obreira de inicios do século XXI, complexa, plural e máis diversa ca a de hai 150 anos, ten que perder moitas cousas materiais: a casa (aínda que con carga a unha hipoteca ), o coche... e sobre todo unhas condicións materiais de vida que na medida en que as esta...

AUSTERIDADE

Imagem
Xesús Alvaro Arceo Nos últimos tempos a palabra Austeridade, ata o de agora en desuso, repítese nos discursos políticos ata a saciedade. Comezou a ser usada reiteradamente por Feijoo en contraposición ao que el dicía que era a acción política do goberno bipartito. Tanto éxito tivo que agora tamén empeza a ser usada polo Goberno de ZP, que por un lado afirma sen rubor que a I+D nos sacará da crise e polo outro recórtalle un 15% aos orzamentos do 2010 para o Ministerio de Ciencia e Innovación. O discurso da austeridade empezou, se recordan, un pouco antes da campaña das eleccións galegas. Daquela falouse moito de coches, de mobiliario,... nun discurso que nunca se vira en Galicia. O curioso desa campaña é que o Bipartito renunciou a defenderse: case nin recordou que os gobernos Fraga non compraron un senón dous coches blindados. O Bipartito tampouco quixo acordarse de que a casa de Monte Pío, onde o PP se mostraba escandalizado pola instalación duns cristais, custounos aos contribuíntes ...

OUTRA AGRICULTURA PARA OUTRO CLIMA

Imagem
Esther Vivas O actual modelo de produción agrícola e gandeiro industrial contribúe a afondar na crise ecolóxica global cun impacto directo na xeración de cambio climático. Aínda que a primeira vista non o pareza, a agroindustria é unha das principais fontes de emisión de gases de efecto invernadoiro. Así o puxo de relevo a campaña “Non te comas o mundo”, no marco das mobilizacións destes días con motivo da reunión das Nacións Unidas en Barcelona sobre a mudanza climática, previa ao crucial cume de Copenhague (COP15) en decembro onde debe aprobarse un novo tratado que substitúa ao de Kyoto. Segundo a campaña, entre un 44 e un 57% das emisións de gases de efecto invernadoiro son provocadas polo actual modelo de produción, distribución e consumo de alimentos. Unha cifra resultado de sumar as emisións das actividades estrictamente agrícolas (11-15%), da deforestación (15-18%), do procesamento, transporte e refrixeración dos alimentos (15-20%) e dos residuos orgánicos (3-4%). E é que non po...