Mensagens

A mostrar mensagens de setembro, 2009

SOBE A DEREITA E (RE)APARECEN OS ANTICAPITALISTAS

Imagem
Xoán Hermida As recentes eleccións celebradas en Alemaña e Portugal, así como as eleccións europeas ao parlamento europeo de xuño, teñen como titular a suba da dereita política, o cal demostraría que o pensamento neocon , a pesar da derrota de Bush, non foi derrotado ideoloxicamente, pero tamén ten suposto o xurdimento dunha esquerda antisistémica con relativa forza en varios países europeos. Nas eleccións celebradas este domingo 27 de setembro en Alemaña e Portugal e nas pasadas eleccións ao parlamento europeo, tres forzas políticas – Bloco de Esquerdas en Portugal, Europe Ecologie en Francia e Die Linke en Alemaña– irrompen con forza no escenario da esquerda, até hai ben pouco, desde a crise dos partidos comunistas iniciada na década dos setenta, dominado exclusivamente por forzas socialdemócratas, coa única excepción de Italia, onde o histórico PCI acabou emprendendo un proceso de transformación para ocupar un espazo socialdemócrata residualizado pola propia dinámica histórica it...

PANDEMIAS E LUCRO

Xa sabiamos que unha das multiples características da globalización capitalista é a Mutacións das Ameazas . Por primeira vez existe a posibilidade real – fronte a posibilidade teórica de destrucción nuclear da guerra fría – de ameazas de destrución ecolóxicas como efecto invernadoiro ou a loita pola auga– ou sanitarias – SIDA, gripe do polo, vacas tolas, dioxinas,... – globais que fan saltar tódalas alertas. Ata tal ponto que algúns cientificos xa falan abertamente da sexta extinción que a diferencia das anteriores estaria provocada pola acción dun factor endoxeno: o ser humano. O proceso de agroindustrialización iniciado na década dos setenta no mundo rural, agravado nunha nova fase coa fusión empresarial entre empresas de produción e distribución coas farmacéuticas no inicio deste século, teñen significado entre outras cousas a posta en marcha dunha agricultura “sen agricultores” e unha alimentación mercantilizada que xenera alarmas sanitarias globais. O curioso é que son os xenerado...

REVISIONISMO HISTORICO

Imagem
Conmemorase o 70 aniversario da entrada das tropas nazis en Polonia que en termos militares supón a “casus belli” do inicio da chamada II Guerra Mundial. Unha vez mais, e xa ben sendo insultante, o revisionismo histórico e os medios de comunicación da globalización pretendennos convencer da igual responsabilidade de nazis e comunistas, alemáns e soviéticos do inicio da contenda. O pacto Ribbentrop-Molotov, perigosamente tacticista, ou o caracter dictatorial do réxime stalinista non pode servir de cortina de fume para ocultar a traizón dos gobernos occidentais á república española, a permisividade na absorción de Austria en marzo de 1936, a anexión dos Sudetes en setembro de 1936, aprobada en Múnich, e a posterior entrada en Praha en marzo de 1939. Tampouco poden silenciar o papel clave da cidadanía da Unión Soviética na victoria dos aliados, que cun maior número de baixas civís, foron os auténticos heroes que segundo Churchill: “destriparon as entrañas do aparato militar nazi”. Cabe re...

APUNTAMENTOS CRÍTICOS SOBRE O PRESENTE DO GALEGO

Imagem
Xoán Hermida Estas notas non pretenden ser unha sesuda análise sobre a situación do galego. Fixéronse xa múltiples análises, interesantes algunhas e interesadas moitas, sobre a situación do galego. Son galego. Isto que indica unha expresión de pertenenza a un colectivo convértese nunha definición política cando se sitúa nunha conxuntura de exterminio e acoso a unha comunidade coa forza coa que se está a dar. Non son lingüista, aínda que creo que o debate do futuro do galego é fundamentalmente un debate político e, polo tanto, na miña concepción das cousas, é un debate que lle compete á cidadanía. Son optimista (no senso gramsciano do termo, sempre que isto non entre en contradición con ser galego), e iso a pesar de que o meu fillo é o único neno que fala galego entre case un cento de matriculados en infantil nun centro escolar de Pontevedra. Así que diante do balbordo organizado coa “imposición” do galego para facilitar o regreso do PP ao goberno da Xunta de Galicia só teño que dicir q...