Mensagens

A mostrar mensagens de julho, 2009

NON HAI PARTIDO

Imagem
Xoán Hermida Sen necesidade de chegar aos penaltis e tras varias prórrogas perdeuse o partido de xeito contundente. A esquerda anticapitalista, altermundista ou ecosocialista non ten xa nada que facer no BNG (desde o meu punto de vista xa non o tiña hai tempo e era innecesaria a prórroga destes últimos anos que teñen desgastado o equipo). Pero por que se perdeu o partido: 1. Estratexia errada por parte do adestrador. Xa comentei nun artigo anterior, a raíz da derrota electoral das pasadas eleccións polo bipartito, que non era suficiente con refundar o BNG nos principios da asemblea constituínte de Riazor xa que as circunstancias políticas e sociais mudaran e porque ademais parte dos problemas que hoxe arrastra o BNG veñen, aínda que pareza incrible, das bases constituíntes –frontismo partidario en lugar de cidadán, nacionalismo ideolóxico en lugar de nacionalismo cívico, análise descontextualizada dunha Galiza europea...– 2. Fallos tácticos de formulación do partido. O partido que emp...

ESTAMOS PROBANDO

Imagem
Coma as orquestras nos días de festa imos a probar os micros e as saidas de son. Este blog esta a proba. Quizais non chegue a poñerse en marcha. Dependera da proba de son. Namentras iremos deixando algunhas das cuestións basicas que imos abordar nel:Como construír un proxecto político nacional desde a esquerda nun páis con tan pouco arraigo do colectivo ? Porque as correntes imnovadoras da esquerda nos diversos lugares do planeta estrelanse contra o Paramo ou o Padornelo ? Como construir un movemento social antisistemico base estratéxica do cambio nun país onde os movementos sociais son minifundios de "boas intencións" ? Seguimos probando.