De como fixar as nosas crenzas ... e non ser escravos de dogmas
Xoán Hermida
Nas ultimas semanas temos asistido a diferenzas de matiz, ou algo máis, entre persoas da esquerda alternativa sobre temas tan importantes como a guerra en Libia ou o proceso de privatización da auga.
Máis aló dos puntos de vista xa argumentados por esas mesmas persoas en diferentes artigos de opinión, xurde de novo a pregunta de cómo artellar a pluralidade toda vez que vivimos nun mundo cada vez máis complexo onde as solucións as veces non son todo o fácil que nos gustaría e unha vez comprobado que na capacidade de síntese e de acordos esta unha boa parte do éxito ou fracaso da propia esquerda.
Parto para elo de dous apriorismos creo que compartillados pola maioría das persoas activistas da esquerda.
O primeiro apriorismo é a certeza de que as estruturas excesivamente xerarquizadas que tiveron unha motivación noutros momentos históricos hoxe non serven. A máis estendida que foi o chamado ‘centralismo democrático’ tivo a súa razón de ser nun contexto socio-historico antidemocrático e de necesidade de enfrontarse a un inimigo fundamentalmente militarizado e con poucas espazos para a ‘relaxación’ organizativa.
Non obstante esta articulación propia dos partidos comunistas foi degradándose co stalinismo pois no deberiamos esquecer que no partido bolxevique convivían inicialmente posicións plurais, mesmo enfrontadas en elementos tácticos e estratéxicos, sen que esa pluralidade impedira, senón todo o contrario, levar adiante a maior revolución social realizada ata agora no planeta.
O segundo apriorismo é a necesidade que existe de vertebrar a vida política de xeito máis democrático e respectuoso coa opinión de todos e todas onde as necesarias estruturas mínimas que impidan caer na denunciada e tan habitual ‘ditadura da ausencia de estruturas’, non se convertan nun obstáculo para a participación e o debate de ideas, tal como ocorren hoxe na practica totalidade das forzas políticas.
Partindo deses dous apriorismos teriamos que debater pois como xestionar a pluralidade.
Para elo en primeiro lugar, obviamente, debemos saber que pluralidade queremos xestionar. Iso vai vir marcado pola misión e polos obxectivos da estrutura política, ou social que para o caso que nos trae serve o mesmo.
Desde logo se o que pretendemos é construír, por exemplo, unha alternativa antisistemica, deberemos construír unha organización onde teñan cabida tódolos antisistema. Nin mais nin menos! No sentido amplo. Non so no sentido ‘seita’ onde estean os supostamente puros e/ou esencialistas.
Resolta esta cuestión xa saberemos que mesmo os antisistema son plurais e polo tanto requiren de protocolos para resolver as posibles, e necesarias, diferenzas que existan ou vaian xurdindo nos debates.
Tomemos por un momento ao filosofo pragmatista Charles S. Peirce que moi acertadamente aborda a cuestión de cómo fixar as nosas crenzas ao longo da historia do pensamento, partindo de catro modelos: o da ‘tenacidade’, o da ‘autoridade’, o ‘a priori’ e por ultimo, o ‘científico’.
Estas catro formas de fixación das crenzas plantexadas por Peirce veñen moi a colación pois atoparemos nelas bastantes concomitancias cos xeitos cos que hoxe as persoas abordamos a relación dubida/crenza e os resultados ao que isto nos conducen.
O modelo máis primitivo sería o da ‘tenacidade’, consiste en reafirmarnos nunha crenza persoal que nos tranquiliza, aínda que esta sexa errónea. Este modelo ‘dogmático’ alleo á realidade que nos rodea so pode ser mantido co illamento físico e intelectual para que non nos vexamos ‘contaminados’ polo contaxio das ideas dos demais.
Pero, loxicamente, esta formula é practicamente imposible de manter pois como seres sociais estamos en contacto con outras persoas que ‘lamentablemente’ opinan de forma diferente que nos.
Xurde pois o segundo modelo de fixar as crenzas, o da ‘autoridade’. Dado que non podemos illarnos, pero necesitamos sosego precisamos dunha autoridade superior, sexa o estado ou a xerarquía debida, que fixe a opinión colectiva polos demais.
En principio parecería que teriamos o asunto resolto a non ser porque sempre existen persoas que a nivel particular disenten do ‘rabaño’ e arrancan a pensar.
Xurde pois un novo xeito de pensar racionalista (o ‘cogito ergo sum’ cartesiano). Este método supón un avance pero parte de razóns ‘a priori’ ao marxe da propia realidade, que o converten en idealista e erróneo cando se contrasta coa realidade.
E así como chegamos ao último modelo, baseándose no método científico. Peirce o define ‘máxima pragmática’, pois nel a verdade ou non está unicamente en función da súa funcionalidade practica.
No fondo trataríase do método ‘empírico’ baseado no análise real en base a unha lóxica racional e unha metodoloxía comparativa coa realidade.
A esquerda, herdeira da ilustración, debería guiarse máis do que o fai por este último método (ou algo parecido), primeiro porque nos vai levar a conclusións máis acertadas pero segundo porque a nosa situación de rebeldía nos leva a non ter a necesidade de defender ningún ‘status quo’ existente.
Aínda así quedaría pendente como formulamos as sínteses necesarias, pero iso require de outro artigo.
Un consello final: se utilizado este método os resultados non nos gustan. Nese caso e parafraseando a Máteo 5.29: si a túa ideoloxía te escandaliza, arríncaa !. Gañaras en coherencia e cando menos viviras máis feliz.

Comentários
Enviar um comentário