20 de maio de 2010

Soberanía Intelectual

Xoán Hermida

No proceso de mimetización e reprodución de estruturas alleas en Galicia ata o de agora íase salvando o terceiro sector. Quizás pola escaseza orzamentaria das nosas administracións públicas ou quizais porque se trataba de espazos aínda non explorados.

Era moi difícil, agás ás grandes multinacionais da solidariedade ou a ecoloxía, ver en Galicia organizacións sociais transformadoras foraneas.

De hai un tempo a esta parte iniciouse a colonización social do país. E ademais co "caballo de troya" de algunhas organizacións sociais minúsculas que non tiveron a capacidade de volverse influentes.

A soberanía alimentar é necesaria por suposto, ao igual que a soberanía económica ou política, pero a que máis se bota en falla é a soberanía intelectual. Seguimos pensando que calquera iniciativa ou reflexión por vir de fora é boa e desprezamos os nosos recursos humanos e intelectuais como país.

Lamentablemente teremos que acabar elixindo entre correas de transmisión de partidos nacionais e correas de transmisión de partidos foráneos.

En fin. So nos queda nestes tempos de escuridade e zozobra desexar novamente boas noites e boa sorte.

2 comentários:

  1. Hi my friend!!!!! Como vai? Complicado pedir soberanía intelectual... Iso é pensar? Reclamas poder crear? Difícil xa que a xente non está por re-crear, máis ben "benchmarking", os gurús, gurús copian as técnicas... Lembra, om mani padme um... Jajajajajajajajajaja...

    ResponderEliminar
  2. O terceiro sector en Galiza agrede a Galiza. Perdón deberí volver a comezar. En realidade quero referirme a esa parte do terceiro sector que se adica a prestar servizos sociais, servizos que deberían prestar as administracións directamenteme, pero non, conceden axudas a estas asociacións, fundacións, ongs,... para que se ocupen de tarefas que lle son propias a Xunta, aos concellos, etc.

    Que se consegue con todo isto: primeiro ter aos responsables destas entidades contentes, que non é pouco, porque van manexar unha inxente cantidade de fondos públicos sen control algún, especialmente en temas laborais. Contratarán a quen lle pete, perdón, a quen lle mande político de quenda que conceda a axuda ("eu douche a axuda pero contratas ao meu sobriño" ... ou o que sexa). Pero ahí non acaba a cousa.

    Haberá profesionais que traballando na Xunta e realizando as mesmas tarefas que outro profesional nunha entidade sen ánimo de lucro, o primeiro cobrará moito máis, terá dereitos de antigüidade, porque estará fixo mentres que o da ENL estará por "fin de obra" (o que dure a axuda), fará menos horas (35) que o outro (40 e o que lle manden),...

    Esas son as entidadesnon lucrativas do noso país, non usan a súa forza para reinvindicar os mellores servizos para o seu colectivo, senón para pedir cartos e xestionalos, para crear auténticos "chiringuitos" ao servizo de quen goberna.

    Lamentablemente, en Galiza, este tipo de entidades, cóntanse a centos... seguro que "toñito de Allariz" coñece unhas cantas, pero delas non falará, sonlle útiles.

    ResponderEliminar