10 de maio de 2010

As veces a verdade necesita un tempo para saír a luz

Xoán Hermida

Para moitas persoas desencantadas foi a primeira vez que vían unha actuación tan claramente de dereitas nun gobernante do BNG, para outros a problemática estaba en entrar no circulo de políticas "populistas" con transversalidade que rachan a dinámica esquerda/dereita e co tempo, tal como se puido comprobar un ano despois, favorecen electoralmente á dereita nas furnas e o que é peor, nas conciencias.

Daqueles días de abril do 2008 é esta crónica:


"Amarante, Asemblea de Mulleres, Asociación Arxentinos/as Rincón Criollo, Asociación Galega de Animación e Intervención Social, Asociación Inclusión, Asociación Socio Cultural Inzar, Briga, CGT, CNT-AIT, Fundación Emaus, Mulleres Cristiás, A Revira, Rexurdir Provincial, Secretariado Xitano e Verdegaia , xunto cun grupo de veciños de Monte Porreiro e expertos en temas de integración social impulsaron, ante a polémica xurdida en Pontevedra polo realoxo de catro familias xitanas en Monte Porreiro, a plataforma PONTEVEDRA INTERCULTURAL contra o racismo e a favor dunha vivenda digna para todos e todas. A través da sinatura do manifesto, tanto a nivel individual como colectivamente, a cidadanía pontevedresa expresa a súa preocupación sobre os comportamentos amosados por parte principalmente dos medios de comunicación e da representación política por mor do realoxamento das familias de etnia xitana en Monte Porreiro alén doutros lugares da comarca.

Na presentación da iniciativa o portavoz da Plataforma Pontevedra Intercultural, Xoán Hermida, presentou a mesma como un paso adiante para rachar coa espiral do silencio que fai aparecer a unha minoría como maioritaria ante o silencio da maioría”. “estamos aquí, recalcou, por dignidade cívica e para que nin Pontevedra , nin Monte Porreiro súmense a triste lista de poboacións racistas como El Egido ou Marsella”.

A Plataforma esta convencido que aínda que a maioría social non é racista o medo de moitos a problemas como a droga ou o silencio da maioría poden facer incubar o ovo da serpe do racismo e do fascismo.


Nese senso criticaron a actitude irresponsable dos lideres veciñais e a posición reaccionaria coa que se desenvolveron os políticos locais co alcalde de Pontevedra á cabeza. A plataforma solidarizouse co alcalde de Poio, Nito Sobral, que sofreu agresións por parte dun grupo de veciños e veciñas de Monte Porreiro e Caritel. Tamén alabou a actitude das familias xitanas realoxadas que a pesar do acoso ao que foron sometidas non perderon a calma en ningún momento.

En todo caso a aparición da Plataforma ao que nunha semana se teñen sumado medio millar de persoas ten rachado o falso debate entre paios e xitanos coa cortina de fume da droga polo medio e ten sido clave para baixar a tensión e desactivar as iniciativas racistas. "


Tamén daqueles días é o brillante artigo de Manolo Rivas en El País:

"E era a encarnizada verdade. Aqueles homes e mulleres, vellos e nenos, coruñeses todos, veciños da Coruña, cidadáns da cidade onde agromou a Ilustración galega, con Cornide e Lucas Labrada, a cidade de estirpe liberal, de Porlier e Sinforiano López, a cidade solidaria, a que os libertarios chamaban a Barcelona do Atlántico, a cidade que tiña como símbolo o libro da primeira Constitución enriba do faro (un libro subtraído do escudo e que aínda non volveu), a cidade "onde ninguén é forasteiro" (nun atinado lema turístico), esa nosa e miña cidade traizoou toda esa historia en Penamoa. Viu e non viu, oíu e non oíu, sentiu e non sentiu. Ficou na peor das doenzas: a da "suspensión das conciencias". "

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Quen/tira/primeira/pedra/elpepiautgal/20080328elpgal_20/Tes

Agora unha sentencia xudicial bota luz sobre aqueles acontecementos onde os políticos do goberno local PSOE-BNG, e moi especialmente o seu alcalde, puxéronse ao fronte do movemento racista coma se de persoeiros da ultra dereita se tratara. Cristhian Casares asina en La Voz de Galicia deste domingo unha interesante crónica:

"Dicen ahora los portavoces vecinales de Monte Porreiro que la convivencia en el barrio se ha roto. Que se ha echado por tierra el trabajo de décadas de integración. Quizá no ayudó demasiado que no hubiese condenas enérgicas del Concello a un comportamiento reprobable de un considerable número de sus vecinos. Uno de ellos ha sido condenado por aquellos días tristes para la historia de la ciudad. "

http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2010/05/09/0003_8471802.htm

2 comentários:

  1. Calar ante as pequenas mostras de racismo e falacias sobre a inmigración que se soen escoitar nos bares ou sobremesas ("están quitandonos o traballo aos españois (sic) e aproveitándose dos hospitais e subsidios que pagamos cos nosos impostos" e todo iso) fará que un día nos atopemos na Alemaña dos anos 30 e xa sexa demasiado tarde.

    ResponderEliminar
  2. Resulta curioso que 72 horas despois da sentencia xudicial onde se afea a actitude da policia nos realoxos de xitanos en Monteporreiro, a policía faga a redada do seculo no Vao. Por suposto tratase dun gran golpe ao narcotrafico. Non sei como eses narcotraficantes viven en chabolas ( sera adición á pobreza ). Por certo foron arrestadas "ás familias realoxadas" (incluidos nenos e bebes todos eles perigosos delincuentes).

    ResponderEliminar