A proposito da visita de Ratzinger ou sobre o activismo e o pensar
 
 
 “Non podes resolver un problema coa mesma
 clase de pensamento que o produciu”. Albert Einstein
 
 
 
 Xoán Hermida 
 
 A visita de Benedicto XVI  ten posto de releve a existencia dunha sociedade plural, laica e moderna allea á mesma, que nin se mobiliza en masa para escoitar ao sucesor de San Pedro e aínda menos o fai na súa contra.
 
 Isto que non deixa de ser descritivo, pode servir para que reflexionemos uns e outros, cristiáns e ateos ( inclúo neste apartado aos agnósticos aínda que non sei moi ben porque ) sobre o papel de cada quen na sociedade contemporánea.
 
 Resulta obvio que hai motivos suficientes para ser críticos coa evolución do cristianismo desde que deixou de ser a mensaxe teolóxica de Xesús de Nazaret  para pasar a converterse noutra proposta.
 
 Non me refiro soamente as desviacións do mensaxe orixinario de Cristo senón en termos filosóficos do materialismo dialéctico ( que profeso e que a estas alturas non sei se é convinte confesalo ) do papel que as filosof...
