22 de novembro de 2011

Do bipartidismo asimétrico ao monopartidismo imperfecto


Xoán Hermida

Eran moitas as interrogantes postas nas eleccións do 20-N. A menor de todas era sobre que ía gañar as eleccións xa que isto estaba claro hai bastantes meses.

As dubidas viñan fundamentalmente sobre como ían a resituarse as esquerdas diante da nova etapa política e como o movemento 15-M podía condicionar o voto no marco da propia esquerda.

O resultado electoral das pasadas eleccións xerais teñen unha lectura maior e outras menores.

A maior creo que parece evidente: fortalecese a hexemonía política e social da dereita. Un proceso que se ben tivo o seu paréntese durante a etapa do goberno Zapatero impulsado fundamentalmente polo descontento social coa xestión do Prestige e coa política militarista do goberno de Jose Maria Aznar, tratase dun proceso estrutural que vai dándose desde a década dos oitenta en consonancia coa hexemonía planetaria dos neocom e cos gobernos neoliberais de Ronald Reagan e Margaret Thatcher que marcaron a pauta e puxeron en evidencia a crise do modelo socialdemócrata, toda vez que non era capaz de plantexar un modelo global unha vez caída a alternativa soviética.

Sobre as lecturas menores -aínda que moi importantes- haberá que ver como se plantexa o futuro a propia esquerda toda vez que ao PSOE quédalle unha etapa de crise que non resolvera unicamente co cambio do liderazgo senón cunha revisión en profundidade das súas políticas e das súas iniciativas.

No marco da esquerda o ‘grande’ triunfador é IU, pero ollo isto pode tratarse dun espellismo ou dun cambio de tendencia en función de como xestionen o resultado. Non debemos esquecer que unha boa parte do resultado de IU debese ao desplume do PSOE e que nin tan sequera nestas circunstancias os resultados están próximos aos acadados polo PCE na transición ou pola propia IU no descalabro do felipismo (que por outro lado foi menor ao actual).

Ben é certo que a dirección de IU abordou as eleccións cun plantexamento inusitado dentro desa formación dando cabida as demandas do 15-M e abríndose a partidos ou sectores máis avanzados como ICV, Chunta ou IU Abierta (Llamazares) pero haberá que ver se isto é froito dun movemento táctico ou si se afianza esta nova situación no interior e se vencen as resistencias do aparato.

En todo caso será curioso observar por primeira vez un grupo parlamentario plural onde coexisten varios partidos -catro se ao final Compromis se incorpora ao mesmo- e varias correntes internas.

Unha mención especial merece a esquerda verde ou o ecosocialismo. A aposta de Equo non ten tido o resultado esperado ao non ter acadado representante na circunscrición de Madrid pero xogan ao seu favor varios elementos a ter en conta: primeiro o propio espazo político, o ecosocialismo apuntase como a esquerda do século XXI en todo o planeta e as forzas da esquerda nova van gañando espazo en Europa, de feito ata tres partidos desta nova esquerda van a estar no novo congreso xurdido das eleccións -ICV, Chunta, Compromis-. Por outra banda os 370.000 votos obtidos por Equo (deixando ao lado os votos de ICV) son unha corrente de simpatía moi alta tendo en conta ademais que as posibilidades máis aló de Valencia e Madrid eran nulas.

Unha segunda mención especial merecen os resultados en Euskadi onde Amaiur convertese na primeira forza en deputados disputándolle a hexemonía ao PNV. De como xestione Amaiur ese caudal de votos -de aposta pola paz e polo recoñecemento nacional- saberemos se o próximo lendakari chamase Iñigo Urkullo ou Arnaldo Otegui.

En Galicia a hexemonía da dereita faixe máis abafante que no resto do estado, pois tanto PSdG como BNG dan mostras de estar a outra cousa desde hai tempo.

O aumento de votos brancos e nulos -máis de 50.000-, o crecemento de EU –en máis de 40.000 votos-, ou os 10.000 votos dunha formación, máis virtual que real, como Equo amosan un descontento en sectores da esquerda, sobre todo a tendo en conta que sabíase que ese votos en termos prácticos non terían plasmación institucional.

Se os resultados de IU son relativamente bos, os resultados do 20N deixan unha nova caída lenta pero inexorable do BNG. A pesar de esa caída que se conta en miles de votantes o feito de que conserve os seus 2 deputados van a impedir a renovación interna e sitúan a asemblea de xaneiro nas mellores condicións para que a UPG renove a súa hexemonía.

As declaracións de Xosé Manuel Beiras alertando, como xa hai tempo fai, sobre un problema serio de conexión do BNG coa cidadanía, adquiren maior relevancia, toda vez que por vez primeira se albisca que a pesar do frío exterior Encontro Irmandiño esta disposto a iniciar a marcha. Xa veremos si isto se confirma ou non pero é todo un aviso relevante.

Non obstante creo que nos equivocariamos si a construción das novas estruturas plurais so se conformaran cos interfaces xa existentes e non tiveran en conta novas tendencias políticas (ecoloxismo político) e as novas formas de entender a política (radicalidade democrática -15M-).

Nese senso sen ser definitorios os 10.000 votos de Equo contrastan cos pouco máis de 1.000 de Converxencia XXI e apuntan que existe unha corrente de fondo que se sitúa máis próxima ao ecosocialismo que ao liberalismo na solución a encrucillada que ten o nacionalismo.

E ollo que as dúas únicas forzas da esquerda e/ou nacionalistas que retroceden son ERC e o BNG. E ambas teñen en común quedarse sen senadores nunha cámara onde a desafección xeral coa política se dispara cun número de votos nulos e brancos que superan os 2.000.000, case un 10% do total dos votos emitidos.

ERC desmarcouse da Entesa ao senado e queda sen senadores a diferenza do PSC (5) e de ICV (2) que mantiveron a alianza nacional; aquí o BNG desestimou a proposta unitaria feita por BenComún e tamén se queda sen a representación que lle quedaba nesa cámara (por designación autonómica). E ademais grazas á Entesa entre PSC-ICV Catalunya é a única comunidade onde o PP non saca senadores. A ter en conta !

O 20-N non venceu a pluralidade nin se derrotou o bipartidismo, máis ben pasamos dun bipartidismo asimétrico a un monopartidismo imperfecto.

Lamentablemente esta ‘imperfección’ ven promovida pola esquerda española e por Catalunya e Euskadi, namentres Galicia e a esquerda galega están ausentes.

Agora tratase de abrir un proceso de converxencia das correntes da esquerda nacional pero paralelamente a isto un proceso aberto a persoas e colectivos para construír o proxecto galeguista do século XXI: o ecogaleguismo.

Con vellos instrumentos e vellas ideas o único que teremos é hexemonía da dereita durante moito tempo.

7 de novembro de 2011

Solidariedade co pobo sirio



Desde Marrocos a Bahréin a reivindicación é a mesma: un cambio pacífico e radical que instaure unha democracia que ampare os dereitos sociais e económicos da maioría

Hai meses que amplos sectores da sociedade siria uníronse á esperanzadora onda cívica que percorre o Magreb e o Machreq baixo a denominación de “primavera árabe”. Con todo, a primavera siria tornouse nun terrible baño de sangue. Milleiros de manifestantes pacíficos foron asasinados as forzas de seguridade do réxime de Bachar Al-Asad, que non dubidou en recorrer ao bombardeo de cidades e pobos. Un número aínda máis elevado de persoas foron detidas e sistematicamente torturadas. Os dereitos humanos básicos, desde o dereito á vida ao de expresión, están a ser masivamente violados polas autoridades sirias nun país pechado á información independente.

Quen subscribimos esta declaración queremos expresar a nosa condena por estes feitos: non hai xustificación posible para esta guerra aberta que o réxime sirio libra impunemente contra o seu propio pobo.

O réxime sirio mente para xustificar a brutal represión da súa propia poboación. Como tantas outras veces, a ditadura de Bachar Al-Asad volve axitar como un espantallo o perigo da ruptura sectaria ou do terrorismo islamita, ou a falsa disxuntiva entre a soberanía e a dignidade do Estado e os dereitos e as liberdades dos seus cidadáns. Con todo, non hai indicio algún que permita conxeturar sobre unha indución exterior das protestas ou que permita argumentar que as aspiracións dos cidadáns sirios son distintas ás que outros cidadáns árabes manifestan nos seus países. Desde Marrocos a Bahréin a reivindicación é esencialmente a mesma: un cambio pacífico e radical que instaure unha democracia política real e que ampare e promova os dereitos sociais e económicos da maioría. O fío que engarza as contas das novas rebelións árabes de 2011 - tamén a de Siria- é a esperanza colectiva en que as próximas xeracións poidan crecer en liberdade, homes e mulleres amparados polo principio universal de cidadanía, non como súbditos sometidos á pillaxe, ao terror, á humillación e ás arbitrariedades dos seus dirixentes.

Seica non son estas nosas propias aspiracións, as de calquera sociedade? Con todo, sorprendentemente, cando máis solidariedade demandan os homes e as mulleres de Siria e cando parece máis xustificado e necesario facerlla chegar desde Europa e América Latina, sectores da esquerda internacional, defensores nos seus propios países de proxectos emancipatorios cos que nos identificamos e que apoiamos, abonan argumentos xustificativos da ditadura siria, baseándose en teorías conspirativas e estereotipos ideolóxicos que deixaron de ser válidos. Non hai ditaduras ‘progresistas’, e condenar selectivamente os crimes duns gobernos mentres se silencian os doutros nos leva a incorrer no mesmo dobre rapadoira que tan xustamente denunciamos nos nosos dirixentes.

Ante a inoperancia internacional, a sociedade siria parece abandonada á súa sorte. Coñecemos moi ben as regras que rexen o mundo contemporáneo, aquelas que permiten á vez que o Consello de Seguridade de Nacións Unidas vete a creación dun Estado Palestino e a condena da represión do réxime sirio. Os árabes son vítimas do cinismo mercantilista que rexe as relacións internacionais, que valora en cada caso cando é conveniente intervir e cando non o é, sempre en función de intereses alleos aos das poboacións afectadas. A nosa condena non encobre a solicitude de ningunha intervención militar occidental nin a imposición dun asedio medieval contra a poboación siria. Rexeitamos abertamente -como o fan os propios sirios, que loitan pola súa liberdade- calquera forma de presión militar e de tutelaxe colonial. Pero resistímonos a aceptar que nada poida facerse fronte ao que está a ocorrer en Siria, que a pasividade e o silencio amparen os crimes que se están cometendo en Siria.

Primeiras sinaturas

Santiago Alba Rico, Carlos Varea, Piedad Córdoba Ruiz (Colombia), José Luis Sampedro, Sami Naïr, Javier de Lucas, José Camilo López Valls (Cuba), Carlos Taibo, Gilberto López y Rivas (México), Javier Sádaba, Gaspar Llamazares, Atilio Borón (Argentina), Teresa Aranguren, Jaime Pastor, diputada Liliana Olivero (Argentina), Francisco Fernández Buey, Jorge Reichmann, Angélica Lagunas (Argentina), Roberto Montoya, Lobna Dahech (Túnez), Carlos Fernández Liria, Juan Carlos Monedero, Olga Rodríguez, John Brown (Bélgica), Manuel García Fonseca, Juan Luis Ruiz Giménez, Enrique Santiago, Olga Lucas, Yayo Herrero López, Antonio Cuesta Marín, Miguel Lamas (Bolivia), Carlos Alberto Ruiz Socha (Colombia), Carlos Sanchís, Luis González Reyes, Itziar Ruiz Giménez, Joaquín Sempere Carreras, Igor Sádaba, Isabel Alba, Javier Barreda, Patricia Rivas, Luis Alegre Zahonero, Inmaculada Jiménez Morell, Francisco Puche, Alberto Montero, Antonio Crespo, Esther Vivas, Ignacio Gutiérrez de Terán, Alejandro Del Águila Mejía (Guatemala), Ángeles Ramírez, Raúl Maíllo García, Javier Couso Permuy, Salvador López Arnal, Antoni Domènech, Alerce Fernández Sánchez, Ana Ruth Vidal Luengo, Miguel Urbán, Houmad el-Kadiri el-Mahdi, María Jesús Fuentes Rebollo, Gladys Martínez López, Sara Sánchez Moreno, Dolores Nauffal Manzur, Dionisio Vacas Cosmo, Paloma Valverde, Agustín Velloso Santisteban, Susana Merino (Argentina), Ester Sanz Murillo, Juan Antonio Baeza Labat, Julio Rodríguez Bueno, Carlos Varias García, Ernest Garcia, Ricardo García Zaldívar, Carlos Ballesteros García, Francisco Altermir, Hector Grad, Cristina Ruiz-Cortina Sierra, Anne Martin, Fina Alemany Costa, Francisco Ruiz De Pablos, Decio Machado Flores, María Rosa de Madariaga Álvarez-Prida, José Luis Lalueza Sazatornil, Joaquina Ramilo Rouco, Nadia Hindi Mediavilla, Santiago González Vallejo, Jaume Saura Estapà, Antonio Martínez Castro, Cristina García Cecilia, Jesús Zanón Bayón, José Luis Carretero Miramar, Aurora Lago, Lucía Molina Martínez, Maria Josefa Sabriá Pau, Ana Ruth Vidal Luengo, Husein Khzam, Gorka Larrabeiti (Italia), José Díaz Sánchez de la Blanca, Toño Hernández, Sinfo Fernández, Luis Martín-Cabrera (EEUU), Cristina Mas, Josep Lluís del Alcázar, Miquel Blanch, Marga Olalla, Luis Carlos Gómez-Pintado, Muhittin Karkin (Turquía), Franck Gaudichaud (Francia), Soledad Delgado Moracho, Fernando Beltrán Llavador, Evgeny A. Shlevkov, Miguel Brieva Estrada, Mª Pau Vila Pastor, Javier Mestre Marcotegui, Manuela Valadés Feito, Lluís Isern Sitjà, Alerce Fernández Sánchez, María Camacho Castaño, Ana García Romero, Guillermo García del Busto Miralles, Ana Andrea Sánchez López, Francisco García Pérez, Lucía Mazarrasa Alvaer, Joan Tenorio Martínez, Lola Bernal Armengol, Ramón Farres Puntí, Carmen Safont Edo, Carlos Javier Moreno García, Jónatham F. Moriche, Anahí Seri, Javier de Vicente, Manuel Zaguirre, Patricio Suárez, Nelly Benavides (Ecuador)